.....TANTO QUEIXO COMO PAN.
Chegada esta época do ano, cando todo florece seguindo unha orde, respetando turnos, como un proceso ben organizado de antemán, as aldeas énchense de viouteiros e tróqueles (estalos) e o aire arrecende, non só a purín, que tamén a veces, pero a ese aroma tan intenso e dulzón que desprenden os viouteiros (sabugueiros) en flor. Polo San Xoán, enramallábanse as casas poñendo nas portas, nas ventás e nas paredes exteriores estas variedades de flores. Dicíase que era para atraer a sorte, tal vez para librarse dos meigallos tamén. Os rapaces e rapazas carretabamos leña para facer o lume novo na víspera de San Xoán. Era un traballo que faciamos en equipe como o das alfombras de Corpus noutros lugares de Galicia. Todo se foi perdendo ao non quedar xente nova no rural e así iren desaparecendo as tradicións e a ilusión por estas cousas. Polas zonas de costa, onde hai mais xente, séguense practicando estas celebracións. Alí, recollen as herbas de San Xoán e déixanas toda a noite en auga para lavarse con ela ao día seguinte. E ainda se fan fogueiras e asan sardiñas e festexan esa noite máxica facendo trasnadas como mudar cousas do sitio onde están e logo ter que ir buscalas lonxe.
Pero falando de natureza e deste planeta no que a vida é posible e onde todo se rexe por un misterioso milagre, sinto que non sabemos aprecialo e que teimamos por destruílo coas nosas accións equivocadas e por falta de amor e de agradecimento hacia o que nos foi dado para que o cuidaramos. Este é o noso Paraíso Terrenal, o que coñecemos, o que depende de nós que dure en boas condicións para servirnos.... Qué insensibles somos! Cómo pode haber tanta "tentación", tanto "demo", tanta "serpe" engañosa ?
E remato coa man chea de flores, apañadas de mañanciña para admiralas de perto e agradecer que ainda volten cada primavera.