Dia de Nadal!
Un día normal. Nada no ambiente indica aquelo que eu vivía de nena: levantarse e felicitarnos o Nadal, ir a misa e ollar aquel nacemento, aquel Xesús que nacía cada ano, bicar o recen nado, sentirnos moi felices, relacionarnos cos viciños, falar, compartir unha copa na taberna, (que era na miña casa) e logo un xantar diferente, coa familia. Podía haber tamén unha nevada ambientando a paisaxe e notar que realmente era Nadal.
Agora, con unha persona en cada casa, maiores e con poucas ganas de sair ao frío, todo eso quedouse en nada.
Eu, levántome pensando nos meus compañeiriños: Noa, a gata e os cinco cachorriños da Noa. Todos me agardan para que lles de comida, mimos e coidados. Están preciosos. Sobre todo os cachorriños que xa empezan a comer as papillas que lles preparo. Hoxe fareilles outra foto para poñer aquí.
Decido facer un doce, unha rosca. Alomenos teréi algo qué faga o día diferente.
Ocúrrenseme ideas para relacionarme mais coa xente da parroquia: ir tomar un café ó Centro de Interpretación, ou sexa, o bar, pois non chegóu a ser completamente o que se pretendía, por mor da crise? Ainda que non me gusta moito o café deses sitios.
Así podería enterarme de cousas que pasan e das que apenas me entero, como son defuncións, casamentos e nacementos (éstes últimos son raros), ler a prensa, saber da saúde dos parroquianos, enterarme de algunha actividade cultural ou lúdica, e mesmo facer punto, ou xogar ás cartas...... Son bos propósitos, non cabe dúbida, pero sei como acaban cando non hai constancia, tenacidade, hábito....
Entón, opto por abrir internet e ler os correos, entrar no cotilleo do Facebook, consultar algunha receita ou remedio ou cómo criar cachorros saúdables.
A música na radio, na mesma emisora. Escoito e a veces tamén bailo. Cando bailo, o corpo entra en estado de euforia e desexo ir a bailes porque bailar soa está ben pero é mellor relacionarse cos demais.
A punto de parar de chover, planeo un paseo coa Noa. Aproveitaremos esta escampadiña e daremos unha volta pola aldea. Así verei alguén e saberei cómo de frío está o día.
Síntome encerrada, sen posibilidades de escapar, de percorrer mundo, mundo, mundo, como se esto non fose mundo xa. Pero sei o que me digo: quero emocións!
Acabo de prepararme malta con café, como facía miña avóa. Eso con un pouco de turrón duro de améndoas fai unha delicia deste momento no que esto escribo.
Mesmo me estou animando. Eso é un efecto inmediato do café/malta/turrón. Na vida, necesitamos de momentos máxicos!
Polo demais, non entendo o Nadal xa. Todo semella que foi cousa dun tempo pasado. Nen embargantes, resulta curioso e case contraditorio, que onte me dera por rescatar a árbore branca do Nadal nevado e poñerlle luces de cores na ventana da galería e outra mais pequena na entrada da casa con boliñas feitas na República Checa, agasallo dunha amiga de alí. Necesitaba poñer algún destello que me resucitase deste letargo no que vou caendo sen remedio, a menos que eu llo poña.
E se me paro a reflexionar, direi que tamén, dalgunha maneira, celebrei a Noite Boa, cenando algo que me pareceu de alta cociña. Algo moi simple pero que me atraía nesa cea: filloas brancas, torradas de unha en unha, con mel fundida e canela por enriba. Estaban deliciosas. Tamén convidei a Noa e a gata a unha filloíña daquelas. Degustárona con verdadeiro pracer. A gata dáballe pequerrechos mordisquiños que facían un ruidiño moi tenro e propio da sua suavidade. Noa, comía sen mastigar, a grandes bocados que engulía con presa e ansia sen apreciar ruidiños nen texturas, só engulir!
De todos modos, nono pasei nada mal. Mesmo escoitei o discurso da súa Maxestade. Non por devoción, pero sí por curiosidade. Chamóume a atención a súa garabata bermella que lle daba un toque desenfadado, facéndoo mais xoven e por ende, un pouco dado a "vello verde". Polo demais, non me parece que dixese ningunha impropiedade. Él xa sabe cómo quedar ben e non gastar nada. Tamén me gustóu que tivera, por primeira vez, intérprete de linguaxe de sinos. Qué menos!
E ahí quedan as miñas impresións navideñas para quén goste de lelas.
Eu, vou dar unha volta. Cando teña a foto dos pequerrechos xa a poño.
De momento, deixo unha que siñificóu o meu Nadal de este 2013.
MOITA FELICIDADE SEMPRE A TOD@S