Galo de Barcelos
Galo louco, canta morto,
Já nao no mundo recente;
Mas quando havia forca
Para salvar um inocente.
Galo preto e sedutor,
pintalgado e florido;
Dá sorte por tradiçao
A quem o tiver consigo
O galo de Barcelos,
De mil tamanhos e cores
É fonte de inspiraçao:
Para ceramistas e pintores.
Com muitos coraçoes,
Eleito por toda a gente.
Por ser base de milagre;
Na vida de quem é crente.
Poeta Celso Cunha
Conta a lenda, que un galego, en peregrinación a Santiago, ao seu paso por Barcelos, foi acusado dun crime que tivera lugar naquela vila e foi sentenciado a morrer na forca. Quixo ir ante o xuíz para pedir clemencia e éste atopábase celebrando un banquete cos seus achegados e había un galo asado sobre a mesa. O galego díxolles:
"
É tão certo eu estar inocente, como certo é esse galo cantar quando me enforcarem."
E cando se dispuñan a levar a cabo o aforcamento, coa corda ao pescozo e o nó apretado, o galo cantóu, para sorpresa dos alí presentes. Tiveron tempo de chegar a tempo de baixalo da forca e así salvóu a súa vida. Dende daquela, o galo é venerado e incluso se lle fixo un monumento e de ahí que Barcelos estea cheo de galos.
 |
Vista do centro de Barcelos |
 |
Mercado |
 |
Outra vista de Barcelos |
Eu fun onte a Barcelos, precisamente a mercar un galo! Nono merquei no mercado, nin nas tendas de souvenirs, senón que, fuxindo do ruído, adentreime por rúas estreitas e pouco concurridas. Detívenme diante dunha tenda de cerámica que tiña galos, santiños e moitas cousas típicas dalí. Ao fondo, unha señora vestida de negro, dispúxose a atenderme e darme información sobre os galos. Habíaos de cerámica, de metal, de madeira.... de diferentes cores e tamaños e usos. Eu non queria un galo moi grande, nin moi pequeno e que servira para algo.
 |
Tenda de cerámica onde merquei o galo |
Así é cómo me decidín por ún que servía como servilleteiro para poñer na mesa e ser visto pol@s convidad@s. Falamos de moitas cousas, e díxome que o seu home falecera había tempo e que fora poeta e escritor. Mostroume a biblioteca onde tiña lugar unha tertulia literaria con asiduidade e na que se conservan as paredes forradas de vitrinas cheas de libros ben ordenados e catalogados. Unha sá na que as cadeiras están perfectamente alineadas, con pasillo polo centro e ao fondo, unha longa mesa rectangular e penso que un piano tamén pois contoume que ao remate da tertulia sempre había actuacións musicais e canto. O poeta é o autor do poema ao galo que puxen o comezo deste post. Publicou dous libros de poesía ainda que escribía tamén en prosa.
 |
Biblioteca e sa de tertulias |
Este feito encheume de ledicia e fixo o meu día en Barcelos, pois, sen pretendelo, atopeime falando con xente da localidade que me contaba as súas historias e a eso chámolle traballo de campo.
Despois de min, entrou unha parella de xaponeses.
Un pouco mais adiante, déronme os ollos no nome da ferretería que tiña xusto en frente: "CASA MEIRA". Resultoume curioso porque eu estaba de excursión en Barcelos cun grupo de Mulleres Rurais de Meira (Lugo). Entrei preguntar por qué se chamaba así. Era unha ferretería moi antiga. Dixéronme que viña polo seu apelido.
 |
Ferretería Casa Meira |
A viúva de Celso Cunha, púxome ao tanto doutros feitos que tamén me interesaron, tales como o nome de San Antonio de Pádua, nado en Lisboa e de nome de pila Fernándo. Miña nae foi moi devota deste santo e sabía e dicía de memoria os responsos cada día. Mira por onde, a señora da tenda agasalloume cos responsos en portugués e mais tamén me comentóu sobre a Ermida de Nossa Senhora da Franqueira, levantada á virxe das Neves ou do Rosario, por deter unha batalla que estaba prevista nese lugar, a petición dun devoto desta virxe quen atendeu a súas súplicas e éste mandou facer unha fermosa igrexa no seu honor.
Logo dunha mañá moi antropolóxica agardábanos un xantar delicioso nun restaurante da vila. Era comida tradicional portuguesa a base de caldo verde e bacalau pero feito doutro xeito mais moderno, estilo cociña de diseño. O viño verde non deixóu nada atrás e facilitou a dixestión de tan exquisitos manxares.
A feira, que duraba todo o día, perdera a forza que tiña pola mañá, cando tendeiros e tendeiras berraban prezos e gangas ca forza dos galos do lugar. Pero, co día de sol e calor que facía, os ánimos foranse apagando contra a tarde e os prezos tamén tiraban para abaixo. Así foi cómo me fixen cas uvas do viño verde a un prezo reducido.
Todo é ben se ben acaba e esta foi unha viaxe que eu desexaba facer. O que non sabía era que ía resultar tan didáctica.
 |
Detalle do comedor |