martes, 12 de septiembre de 2017

RIANXEANDO




Chega setembro con chuvias febles que restauran  a terra e devolven a vida ás plantas. Unha incursión polos arrabaldes rianxeiros, polas praias desertas que ofrecen a quietude e a calma do final de verán. Ainda se poden apreciar na area, restos de castelos que a marea non destruíu, pequenas ensenadas que ofrecen a frescura da mañá, e emparrados de don diegos que sobresaen no verdor da follaxe, salpicando de violeta a ladeira dos cantís. Mais alá, o porto deportivo que agocha as embarcacións, da un aspecto de lugar turístico e ambientado, moderno e á altura das circunstancias. Polo outro lado, o porto mariñeiro de dornas e barcas de pesca, lémbranos que estamos nunha antiga vila mariñeira onde todo xira en torno ao mar. Un alto para un café de media mañá  nun lugar concurrido a esa hora. É día de mercado e a xente afánase en atopar o choio do día. Paso de vagar polos postos, sen intención de mercar nada, (para iso saín con cinco euros contados) e disfruto do percorrido por este lugar no que vivín vinte e tantos anos. Sempre é reconfortante voltar a este sitio e a outros nos que vivín, como Fisterra. Atoparme co coñecido e deixarme sorprender polos pequenos cambios que me poñen ao día no devir destas vilas mariñeiras, das suas xentes, dos seus progresos ou retrocesos. Da man da miña netiña, déixome conducir á barca que o pescador repara e na que ela quere subir. A barca está metade dentro, metade fora e non é lugar seguro para ela. O señor ofrécelle o cadelo que garda no coche e promételle que subirá á barca outro día. Mínia quere ser pirata da fragata! Acometer ventos e mareas. Descubrir illas e ver os arroas xogando ao escondite.
Esta Rianxo celebrando as festas da Guadalupe e vótoas de menos agora que estou lonxe. Cando vivía alí, case me escondía delas para non sentilas, polo ruído ambiental que producían. Ainda que nunca esquecerei a ceremonia orquestral da canción que lle da fama: A Rianxeira, interpretada por tres orquestas ás duas da madrugada, coa praza ateigada de bengalas como única iluminación, e todo o mundo seguindo a canción ondeando como marea viva por toda a praza. Fermoso e emocionante! Nin tampouco o espectáculo de pirotecnia con fogos na auga e bagoas de cores chovendo dende o ceo rianxeiro ata fartar! Algún día voltarei ás festas para bailar ó son da música todo o que non bailei daquela!







5 comentarios:

  1. Bonitas fotos. Por aqui Setembro continua com muito calor e de chuva não se vê sinais.
    Gostei de a ver. Está muito bem.
    Um abraço.

    ResponderEliminar
  2. Naveguei nos teus renglóns como barca pola mar, sentín a quietude das praias, o encanto rianxeiro, da túa man, como Minia, tamén quixen ser pirata!

    ResponderEliminar
  3. Boas fotos!!! Ben guapa Bea.
    Grande ledicia na compaña da tua netiña.
    Bicos.
    Solín

    ResponderEliminar
  4. Ay, Rianxo. ¡Cuántos recuerdos me acaban de llegar a través de tus palabras! Mis hijos pequeños en la playa y mi hija Coral que comía muy mal, cambiaba y era una hermosura ver cómo se zampaba la empenada de mejillones que preparaban en el hostal. Estuvimos dos veranos, con esas vacaciones de casi un mes completo que se hacían entonces y que eran una gozada. Al verano siguiente nos acompañaron unos amigos que, desgraciadamente, han muerto los dos y también mi marido...en fin, que todos se han ido marchando mientras yo resisto a pesar de que llevo mucho tiempo planteandome que mi final puede estar cerca... Bueno, perdona, no era esa mi intención pues venía solo a daludarte y a decir que ya había empezado a refrescar mis blogs.

    Me ha gustado mucho como has presentado tu comentario de hoy, ha sido un acierto. lo he disfrutado mucho. Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  5. Que preciosidade, Bea, estiven en esta túa casa e pasei de largo sen ver esta bonita entrada, non entendo o porque, pero ben, son cousas de estes a aparellos que nos levan e traen por as casas virtuais.

    Estas guapísima, esas fotos falan por si soas de Rianxo e todo o seu belo entorno.
    Ben pois alégrome un montón de volver un pouco a este mundo dos blogs e sobre todo este teu belo recuncho que alegra o corazón con letras e con amor a todo o que pasa por a túa man.

    Gracias por compartir que de ese modo entérome visiblemente das festas famosas de Rianxo..

    Un bico e boas noites reíña, con cariño e estima.

    ResponderEliminar