viernes, 29 de septiembre de 2017

O GALO DE BARCELOS

Galo de Barcelos


Galo louco, canta morto,
Já nao no mundo recente;
Mas quando havia forca
Para salvar um inocente.

Galo preto e sedutor,
pintalgado e florido;
Dá sorte por tradiçao
A quem o tiver consigo

O galo de Barcelos,
De mil tamanhos e cores
É fonte de inspiraçao:
Para ceramistas e pintores.

Com muitos coraçoes,
Eleito por toda a gente.
Por ser base de milagre;
Na vida de quem é crente.

     Poeta Celso Cunha

Conta a lenda, que un galego, en peregrinación a Santiago, ao seu paso por Barcelos, foi acusado dun crime que tivera lugar naquela vila e foi sentenciado a morrer na forca. Quixo ir ante o xuíz para pedir clemencia e éste atopábase celebrando un banquete cos seus achegados e había un galo asado sobre a mesa. O galego díxolles:

"É tão certo eu estar inocente, como certo é esse galo cantar quando me enforcarem."

E cando se dispuñan a levar a cabo o aforcamento, coa corda ao pescozo e o nó apretado, o galo cantóu, para sorpresa dos alí presentes. Tiveron tempo de chegar a tempo de baixalo da forca e así salvóu a súa vida. Dende daquela, o galo é venerado e incluso se lle fixo un monumento e de ahí que Barcelos estea cheo de galos.
Vista do centro de Barcelos
Mercado

Outra vista de Barcelos
Eu fun onte a Barcelos, precisamente a mercar un galo! Nono merquei no mercado, nin nas tendas de souvenirs, senón que, fuxindo do ruído, adentreime por rúas estreitas e pouco concurridas. Detívenme diante dunha tenda de cerámica que tiña galos, santiños e moitas cousas típicas dalí. Ao fondo, unha señora vestida de negro, dispúxose a atenderme e darme información sobre os galos. Habíaos de cerámica, de metal, de madeira.... de diferentes cores e tamaños e usos. Eu non queria un galo moi grande, nin moi pequeno e que servira para algo.
Tenda de cerámica onde merquei o galo
Así é cómo me decidín por ún que servía como servilleteiro para poñer na mesa e ser visto pol@s convidad@s. Falamos de moitas cousas, e díxome que o seu home falecera había tempo e que fora poeta e escritor. Mostroume a biblioteca onde tiña lugar unha tertulia literaria con asiduidade e na que se conservan as paredes forradas de vitrinas cheas de libros ben ordenados e catalogados. Unha sá na que as cadeiras están perfectamente alineadas, con pasillo polo centro e ao fondo, unha longa mesa rectangular e penso que un piano tamén pois contoume que ao remate da tertulia sempre había actuacións musicais e canto. O poeta é o autor do poema ao galo que puxen o comezo deste post. Publicou dous libros de poesía ainda que escribía tamén en prosa.
Biblioteca e sa de tertulias
Este feito encheume de ledicia e fixo o meu día en Barcelos, pois, sen pretendelo, atopeime falando con xente da localidade que me contaba as súas historias e a eso chámolle traballo de campo.
Despois de min, entrou unha parella de xaponeses.
Un pouco mais adiante, déronme os ollos no nome da ferretería que tiña xusto en frente: "CASA MEIRA". Resultoume curioso porque eu estaba de excursión en Barcelos cun grupo de  Mulleres Rurais de Meira (Lugo). Entrei preguntar por qué se chamaba así. Era unha ferretería moi antiga. Dixéronme que viña polo seu apelido.
Ferretería Casa Meira
A viúva de Celso Cunha, púxome ao tanto doutros feitos que tamén me interesaron, tales como o nome de San Antonio de Pádua, nado en Lisboa e de nome de pila Fernándo. Miña nae foi moi devota deste santo e sabía e dicía de memoria os responsos cada día. Mira por onde, a señora da tenda agasalloume cos responsos en portugués e mais tamén me comentóu sobre a Ermida de Nossa Senhora da Franqueira, levantada á virxe das Neves ou do Rosario, por deter unha batalla que estaba prevista nese lugar, a petición dun devoto desta virxe quen atendeu a súas súplicas e éste mandou facer unha fermosa igrexa no seu honor.
Logo dunha mañá moi antropolóxica agardábanos un xantar delicioso nun restaurante da vila. Era comida tradicional portuguesa a base de caldo verde e bacalau pero feito doutro xeito mais moderno, estilo cociña de diseño. O viño verde non deixóu nada atrás e facilitou a dixestión de tan exquisitos manxares.
A feira, que duraba todo o día, perdera a forza que tiña pola mañá, cando tendeiros e tendeiras berraban prezos e gangas ca forza dos galos do lugar. Pero, co día de sol e calor que facía, os ánimos foranse apagando contra a tarde e os prezos tamén tiraban para abaixo. Así foi cómo me fixen cas uvas do viño verde a un prezo reducido.
Todo é ben se ben acaba e esta foi unha viaxe que eu desexaba facer. O que non sabía era que ía resultar tan didáctica.
Detalle do comedor











7 comentarios:

  1. Ya conocía esa historia que nos has contado del gallo que salvó a un inocente de morir ahorcado y es curioso el hecho que ha dado a un desarrollo para el turismo. Tuviste un día especial porque te alejaste
    y en eso, precisamente, estuvo el encuentro, la parte más interesante del viaje: huir del ruido, establecer comunicación, escuchar, interesarte por lo que veías, escuchar, recuperar el placer de la conversación con desconocidos, todo un éxito del que, además, también yo he podido disfrutar. Esas imágenes de la comida, especialmente de los dulces, me llamó la atención -está visto que soy una golosa- el viño verde y esas especiales uvas
    que también las tenéis en Galicia. Lo que sí creía yo era que el viño verde era exclusivamente gallego: estaba equivocada.

    Me alegra saber que tuviste un día especial y espero que disfrutes de mucho más porque la vida se va yendo y no hay que dejar pasar las cosas buenas. Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  2. Que ledicia Bea, tiveche a inquedanza de procurar un establecemento interesante, eu tamén fago o mesmo. A maioria da xente entraria nun de souvenirs, mercaría o galo e pra diante sin mais, enriquece tanto coñecer a cultura e as tradicions dos pobos, o acercamento e conversa cas persoas que pra mostra as imaxes e o relato que nos contas!!! bicos.


    Solín

    ResponderEliminar
  3. Desde menina, que conheço essa lenda.E Barcelos é uma cidade bonita para visitar.
    Um abraço e boa semana

    ResponderEliminar
  4. Que bonito percorrido, acabo de facer da túa man, tamén este e unha ledicia. ¡Canto me gusta!...
    Mira que pouco sei que nin siquera me soa o do galo, está a vella morrendo e prendendo.

    Todo precioso, reiña. Un abrazo grande e boas noites. bicos.

    ResponderEliminar
  5. Bos días Bea, paso de novo a deixarche unha aperta con desexos de que teñas unha bonita semana.

    bicos moitos.

    ResponderEliminar
  6. Magnifica entrada por Barcelos. La verdad que es muy curioso para mi, este tema. Me gusta, gracias por todo lo que explicas nos hacercas algo más a aquello que yo misma desconocia sobre el gallo típico de Portugal. La tienda del gallo Barcelos, la ciudad de Barcelos, esa interesante Biblioteca de tertulias, la ferreteria casa Maria,detalles del comedor. Buenos productos para una buena comida despúes de una hermosa excursión.
    Me alegro muchisimo que hayas disfrutado.
    Un abrazo muy grande y buen fin de semana.

    ResponderEliminar