www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 12 de outubro de 2017

ROTEIRO AVELINO DÍAZ


Fai poucos días, deixaba eu aquí un poema de Avelino Díaz, poeta que descubrín o día que fixen turismo por terras de Meira. Un poema adicado ó río Miño, que alí nace e que foi seu compañeiro de nenez, xa que moi axiña deixaría esta terra para nunca mais voltar a ela.
Avelino Díaz (1897-1971) nace nunha aldeíña chamada A Travesa que pertence á Órrea (Riotorto), nunha casa humilde. Fillo de solteira, a nai tería unha gran influencia na súa vida e poesía, xa que aos dezaseis anos, deixaríaa para emigrar a Bos Aires e xa non voltaría a vela. Pasóu en Meira, con ela, algúns anos da súa infancia, e por eso, o río Miño deixóu pegada na súa imaxinación de rapaz, e levaríao no corazón como fiel compañeiro dos seus primeiros xogos. Poeta, xornalista, dramaturgo....e catro volumes publicados e pendentes outros moitos escritos, fíxose a sí mesmo no eido literario e, como tantos outros, dende a emigración, colleitou méritos para Galiza. Os seus conveciños mirandeses souberon darlle aprecio e acollelo no seu lugar natal honrándoo cun roteiro que leva o seu nome e que tiven a sorte de percorrer fai dous días cun grupiño de amigos aficcionados á literatura, a natureza e a camiñar. Comezamos o roteiro xunto a casa de Avelino e fomos subindo polo monte, seguindo o camiño que antes facían os feirantes que ían a Meira cada quince días, como se facía noutros lugares perto dos que vivo para ir tamén a outra feira que se alternaba con esta, e que era a de Castro Verde. Fomos pasando por camiños forestais que se abriron para repovoar os montes con eucaliptais, e que van en paralelo a camiño de carro polo que seguramente se ía á feira en cabalos ou a pé. Tamén se atopan sitios onde a natureza autóctona brinda ese sosego e equilibrio que fai sentirnos ben na súa presencia. No alto fixemos unha parada para repoñer forzas e compartir un pequeno refrixerio e logo iniciar o descenso que nos levaría, por pequenas aldeas, ata chegar a Meira onde nos agardaba un xantar nunha casa rural e logo continuamos o ascenso ó Pedregal de Irimia, para escoitar a música do Miño baixo as pedras que o agochan e acunan, como un cantar de berce, que eu gravei para poder escoitalo cando queira relaxarme e sentir a paz que trasmite.
A partir de ahí, empecei a buscar mais información na web sobre Avelino a través da Asociación que se formóu na Órrea para que non caia sobre él o esquecimento e poida ser protagonista dunhas Letras Galegas, cousa que estaba prevista para este ano e non puido ser. Desexo que o consigan e que todos aqueles e aquelas que souberon interpretar o mundo con poesía sexan os nosos exemplos para lograr unha vida mais pacificadora co entorno, cos demais e con nos mesmos.






9 comentarios:

  1. Essas caminhadas culturais são muito interessantes.
    O ano passado também fizemos uma boa caminhada. Seguimos o trajeto que Almeida Garrett fez no seu livro, Viagens na minha terra.
    Amiga tenho andado com problemas com a Internet, daí a ausência.
    Abraço

    ResponderEliminar
  2. Outras lerias, sinxelas por ser así quen as escribe, tinguidas co sentir da poetisa que leva dentro, o arrecendo dese facer labrego, de labourar e andar, por camiños dos vales e outros das abas do monte, si, preguntando que foi da terra que nos pariu, aquel fermoso proxecto de mundo que nos reducimos o que hoxe hai. Por iso, por poeta, das ben con Avelino, rimades, como rima o pasado cun soño de futuro que non foi. Fermoso, coma sempre, hoxe fíxome pensar "en negativo", pero que somos nós?. Un instante de alento no infinito, nada, iso somos.
    Grazas polo paseo, pola divulgación dese poeta, polas reflexións entre liñas...polas lerias!.

    ResponderEliminar
  3. Querida amiga, gracias por tu crónica de tus andanzas de senderismo por tu tierra. Es lo primero que tendríamos que hacer todos, conocer lo más próximo a nosotros. Estamos dispuestos a hacer largos viajes y muchas veces ignoramos lo que está más próximo a nosotros y que está lleno de interés.

    Me ha encantado la crónica que nos has relatado que, como siempre, he podido leer con la mayor facilidad por lo bien que escribes y la soltura con la que te expresas. Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  4. Moi interesante!!! Se cabe aínda mais ca sempre. Gustoume, disfrutei e aprendin!!! Non coñecia a Avelino Díaz, vaia sorpresa, un gran poeta da nosa terra! Escoitando a Xesus Alonso Montero, a Neira Vilas e velo o carón de Castelao, non teño dubida de que é un dos bos e xenerosos e así se vai recoñecer no Día das Letras Galegas dun destes anos.
    Con soio ler os seus datos biográficos, sentese a grandeza dun home que se superou a si mesmo, superou os atrancos da probeza,da familia naquel tempo, cun elevado sentemento e dinidade recoñecendo que non se foi pola sua vontade senon que erafeliz e non lle faltaba de nada.
    En Bos Aires gozou cos seus amigos e inteletuales galegos, coma él. Soñou agasalllou a terra galega, aloumiñou as verbas cos ollos e miolos do poeta que foi e seguera a ser pra sempre!!! Queda a espiña de non voltar nunca, mais sempre hai frores que agochan as espiñas.
    Grazas Bea. Unha aperta.

    Solín

    ResponderEliminar
  5. ¡Ola Bea!!!

    Vaia bonita entrega miña amiga, letras preñadas de prosa realmente poética que me gustan moitísimo con esa loanza a este tal Avelino Diaz que descoñezo e sinto pena por non saber de el, hei de preguntar en algunha librería e ver se encontro algún libro del.

    Fixeche un percorrido que por certo despois de ser bonito e ben san por entre a natureza da nosa Galiza, o ver as imaxes de por onde andivestes namórame gústanme mito e sinto envexa san, vexo esas camiñadas por os camiños e outeiros... e da túa man, sinto que vou eu tamén, grazas por ese deleite. Agora cada vez podo menos das miñas rodillas pes e cadeiras, están desgastadas por o tempo que pasou por encima, mais a vida e así e teño que conformarme e dou grazas a o destino que non se portou tan mal, ata gora.

    Ben pois foi un pracer pasar e ler as túas belas letras que enganchan a quen lee.

    Moitos bicos e unha aperta ben grande e a miña gratitude e estima sempre.
    se moi feliz

    ResponderEliminar
  6. Hola, querida Bea!

    Espero k estejas bién de saúde y feliz.

    As caminhadas culturais fazem bién ao corpo y à alma. Conheces nuevos lugares y personas y diverteste.

    No conheço este poeta de k hablas, pero pelo que aqui nos dizes, foi, decerto, un hombre muito importante y culto. Es preciso preservar todo lo k es bueno y k ajuda a engrandecer a nossa pátria y o nosso património.

    Las fotos estão muito buenas y nos mostram os caminhos por onde andaste com tus amigos y amigas.

    Besos y bons passeios.

    ResponderEliminar
  7. Hola. En respuesta a tu pregunta sobre los "Bocaditos de castaña y chocolate"
    Beatriz, el chocolate con leche con el blanco se derriten y se mezclan para hacer la parte más clara de la castaña y así darle más realismo.
    Gracias por tu visita.
    Un beso.

    ResponderEliminar
  8. Ola Bea, paso a deixarche unha aperta agarimosa a miña gratitude e grande estima.

    Se moi -moi feliz. Quedo a espera de un novo post.







    ResponderEliminar
  9. Hola Bea.
    Estos paseos rurales son tan saludables y necesario para la circulación sanguinia como el aire que respiramos y el agua fresca que necesitamos para hidratarnos.
    Un abrazo muy grande.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.