www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 6 de novembro de 2017

NAVIA


Como unha bonequiña,
espida e sonrosada,
sobre o leito de hospital,
a menos de once horas
da tua saída ó mundo,
atopeiche aquela mañá
de domingo, cinco do once.
Parecíchesme tan pequeniña
e indefensa, que sentín
percorrerme o corpo
unha tenrura infinita.
Cando te collín nos brazos
faleiche baixiño e canteiche
cancións que escoitaches
coa atención debida.
Os teus olliños parecían
querer coñecerme e
un sorriso agradecido
esbozaban os teus beizos.
Estivemos así media hora
sentíndonos, recoñecéndonos.
Acomodadas nun mutuo abrazo.
Ti eras Navia e eu "granny".
Esperábanos un mundo por descubrir.
Grazas a ti sei o que se sente
ser duas veces avóa por non
ter sido duas veces nai.
Levas nome de deusa celta
e terás en min a túa súbdita
mais sumisa e entregada.
Benvida á terra prometida!







7 comentarios:

  1. Um nascimento é sempre uma dádiva dos céus, uma graça divina. Parabéns amiga.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  2. Preciosas y tiernas palabras las que le dedicas a Navia. Tiene nombre de diosa y lo será por venerada, amada y respetada. El nombre es precioso y sabes en Asturias hay un lugar que se llama Navia. ¿Será un rastro de la presencia de los celtas? Tendré que buscar información.

    Te felicito con el corazón abierto en brasas y emocionada porque tú has transmitido con tus palabras la hondura de tus sentimientos. Felicidades para toda esa familia y que tengas muchos años para presenciar el desarrollo de esa criatura, a disfrutar se ha dicho. Un abraciño para la chiquitina y para tí todo el afecto de Franziska

    ResponderEliminar
  3. Boas novas!!! Parabéns, Navia, fermoso nome da nosa tradición celta, ledicia e agarimo!! A miña filla tamén ten nome celta.

    Bicos.

    Solín

    ResponderEliminar
  4. Son tan fermosas as palabras que escolliche, expresando sentimentos de avoa e desexos de felicidade, que eu só che digo: parabéns!!!

    ResponderEliminar
  5. ¡Ola Bea, ben vida Navia! E moitas bendicións para ela e toda a familia.
    Felicidades e que sexa en-hora-boa, reiña: por ser aboa de novo. Gústame moito o teu poema adicado a ese ser pequeniño que será grande sen duda e creativa como é a aboa. Que o destino a bendiga e encontre sempre amor moito amor e comprensión no seu camiño, como para os meus desexo.

    Unha aperta moi grande, a miña gratitude e estima sempre.
    Feliz día.

    ResponderEliminar
  6. ¡Hola Bea!!!

    Paso de novo para agradecer a túa pegada no meu mundo virtual, e sempre un pracer verte.

    Unha aperta e sorrisos na semana que comeza.
    E moita saúde para ti e toda a familia.

    ResponderEliminar
  7. Precioso, Bea.
    Es muy emotivo este sentimiento de ser abuela dos veces... algun día te leera Havia y orgullosa se sentira de este precioso verso.
    CARIÑO de ABUELA.

    Un abrazo muy grande

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.