www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 21 de setembro de 2017

POR TERRAS DE MEIRA

Non fai falla ir moi lonxe. A sorpresa éstá en calquer lugar. Aínda naquel
polo que pasamos centos de veces e non vimos. So pasamos. Tiña una obriga pendente co nacemento do Miño. Todo mais que coñecía era Fomiñá pero ahí non nace o río. Así que, onte, día solleiro e de portas afora, voteime a explorar Meira. Despois de facer varias xestións, sobroume día para darme o percorrido que antes non fixera. Fun a Turismo e informeime. Collín folletos. Fixen fotos e puxen pés ó camiño. O primeiro de todo foi a igrexa que é unha xoia do s. XII e que formaba parte do convento cisterciense do que so se conserva o que hoxe é o Concello e parte do claustro procesional. Fora Colexio Maior de Filosofía da Congregación da Reforma de Castela dende 1590 ata 1835 que é cando remata a vida monástica. Declarado Monumento Nacional. É un dos mellores exemplos do arte cisterciense en Galiza e en España. Destaca o seu rosetón da fachada e as ferraxes orixinais da porta datados do s. XIII. Ten un claustro renacentista. Albergóu a portería, hospedaría, colexio de Filosofía, etc
Logo de ver a igrexa e o seu claustro, achegueime en coche ata a casa rural "O Cazoleiro", para ver cómo se fora ampliando dende a última vez que a visitei. Moitas dependencias novas para cabalos, para carts e unha piscina climatizada. Entrei nela, e aquel calorciño que me envolveu, convidoume a probala. So había unha persoa nela. A través da cristaleira que a rodea podíanse ver as árbores frutais que lle daban un ambiente moi acolledor. Estábase ben! Foi unha experiencia no roteiro que me marquei. Dende alí, achegueime, no coche tamén, ata o Pedregal de Irimia, lugar onde nace de verdade o río Miño. Apenas un regatiño baixaba por entre as pedras. Nada que ver co nacemento do Eo, onde nace abundante auga e xa é río grande na mesma fonte, pero eso proba cómo de unha cousa pequena pode emerxer algo grande como o noso principal río ainda que din que o Miño leva a fama e o Sil a auga!!!! Sen axuda non hai nada!!! Alí demorei a tomar o meu cafetiño de media mañá e un tente en pé que sempre levo á man. Xa, dende alí, e como o día prometía, decidín sobre da marcha, dirixirme á costa da Mariña para pasar unhas horas na praia. Ainda había algo de xente pero era unha praia de setembro, ca auga quentiña, o sol quentando, os cans aproveitando e deixando as pegadas "de todo tipo" pola area e eu tomei o meu baño antes do xantar, que por certo, consistíu nunha empanada de mazá feita artesanalmente en Meira. Estaba admirada do ben que saía o meu día improvisado e de canto benestar me aportaba a miña terra sen ter que irme a grandes distancias. So hai que ver con ollos novos o mesmo que ves cada día e sacarlle o máximo! Ainda parei en Lourenzá a coller tres ou catro mazáns que había á veira da estrada.
O poeta meirego Avelino Díaz escribíu:

¿Quen dixo, craro río Miño
que naces en Fumiñá
se xunt-a Monterredondo,
xa pasas, feito un rapaz?
...
E sei, tamén, que tés
o teu bercio máis atrás,
aló na Serra de Meira,
d-Irima no Pedregal.

14-11-1870 / 29-11-1961

Por certo, o día 23 de setembro celébrase no Pedregal de Irimia, a Festa de Afirmación e Dignidade. (Ver programa no Facebook).Haberá actuacións de varios grupos folclóricos e cantautores na praza de Meira.
Valorar o que temos antes de que outros nos ensinen a valoralo é un xesto intelixente por parte nosa.



7 comentarios:

  1. Excelente post, con varios temas interesantes, que me sorprenderon, sobre todo o da igrexa, cunha fermosa e "filosófica" historia. E culminando coa festa da Afirmación e a dignidade, pasando polo nacemento do pai Miño e uns fermosos versos que veñen ó caso. Parabéns e grazas, Bea!!!!!.....

    ResponderEliminar
  2. Muito interessante. Gosto das igrejas que ostentam a rosácea. Muito bonito o monumento. festa da dignidade, é uma boa ideia numa época em que cada vez o mundo se mostra mais carente dela.
    um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  3. Me quedo con tu afirmación inteligente: aprendamos a valorar lo que tenemos antes de que otros vengan a enseñarnos el valor de lo que tenemos. Creo que es aplicable a todos los aspectos de la vida.

    He disfrutado mucho con el relato que nos presentas en esta ocasión, descriptivo, sencillo y exacto. Espña es, toda ella, un lugar de lugares hermosos donde palpita la historia, las costumbres y los modos de construcción propios de las zonas, están las gentes que tienen también su caracter peculiar, la diversidad del paisaje, en fin, que siempre hay mucho que descubrir cuando le prestamos atención. Estoy en total acuerdo, tienes toda la razón.

    Mira, sucede lo mismo con Madrid. La gran ciudad se traga todo el interés sin embargo, esto nos hace olvidar que la Comunidad de Madrid, está llena de lugares del mayor interés desde todos los puntos de vista y los tenemos apocos kilómetros de distancias, en viajes de poco más de una hora.

    Ha sido un placer volver a leerte en ese tu idioma y en el que se expresas con esa soltura y fluidez que a mi me hace olcvidar que estoy leyendo gallego, una delicia. Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  4. Hola, querida Bea!

    Espero k estejas bién, feliz y con saúde.

    Haces tu mucho bién en conocer, en passear y mirares, observares monumentos, "cosas", k ainda no conocias. Me gusta estar em casa. Evidente, que trabalho, pero gosta de silêncio e estar en mi cantito. Entonces, desta vez, foste e passeaste em Meira, que tiéne um património cultural invejável.

    A 21 de setembro ainda foste à paria? Estavam mais personas, yo se, pke tu escreveste no texto, entonces, deduzo que a água no estaria nada fria.
    Aqui, o tempo tem estado satisfatório, embora de manhã e à tarde, ya esteja fresco.

    Bonito poema dedicado ao rio Minho e escrito por um natural de Meira.

    No tengo Facebook, por opção, mas a festa de 23 de setembro deve ser mucho interessante, basta olharmos su título.

    Es verdad. Tenemos de preservar nuesrtro património, si non, un dia desses, nos obrigam a preserva-lo ou o retiram de nós.

    Besos y una buena semana. Diverte-te!

    ResponderEliminar
  5. Precioso, Bea. Asomo aquí un instante e acabo de ler esta linda entrada, pero teño que a deixar para untro momento comentar bobre ésta.

    Un abrazo, grande.

    ResponderEliminar
  6. Ben Bea, acabei de ler este post marabilla que me mostra causas que non sabía, a Igrexa en fermosa a rabiar, non estou segura... Pero penso que estiven hai en ese lugar unha vez fai moitos anos, estivemos a meu compañeiro de fatigas e mais eu, no balneario de as augas romanas, e leváronnos de excursión, fomos a onde nace o Miño a ese monte de pedras que ti falas, iso recórdoo ben e logo laváronnos a outros sitios,que me costa mais recordar pero paréceme que fomos a esa igrexa, máis non estou segura. Ben, de todos as maneiras de túa man que ademais explicalo con pelos e sinales tan ben que, xa fixen o percorrido ben bonito por certo.

    Gracias mil veces por ensearnos os lugares belos que ten a nosa terra galega.

    Unha aperta agarimosa e se moi feliz.

    Estiven moi ocupada, entre visitas a Montecelo e unhas bo-das de ouro,dous sobriños pasóuseme o tempo pitando, e eu que xa vou con calma para todo, aínda peor.

    ResponderEliminar
  7. Muy bonito y recordable lugar precioso de Meira. En mi me memoria la llevo con gran nostalgia. De pequeña me encanta ir con mis padres. Su Iglesia es enorme y preciosa. Esta tan lleno de paz que me encantaria vivir en Meira, sí por mi fuese.
    Me gusta su ambiente tranquilo y sereno. Muchas gracias por acordarte de un lugar tan entrañable.
    Un abrazo y buenas noches.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.