
Vale a pena lelo, ainda que ten partes moi duras e malas de levar e soportar. Eu estiven a punto de abandonar a lectura ahí pero, un anaco de esperanza, polo menos de xusticia, parecíame que podia levar a un desenlace menos doroso, ainda que un cerebro lavado, non da para moito. Esa idiotización que o poder necesita na sociedade para poder campar ás súas anchas, non é de todo unha ficción. Un libro ben escrito, que puiden ler en versión orixinal. Está plagado de neoloxismos, que obedecen á idea de reducir o vocabulario ó mínimo, (para qué necesita un ser co cerebro lavado, un vocabulario tan amplio como o inglés, chamado Oldspeak) e aflora so o que sirve a causa do poder, eliminando todas as palabras que se consideran pouco siñificativas e mesmo que van en contra do que rixe, chamándose esa nova forma de vocabulario Newspeak. Coido que paga a pena lelo ainda que non é agradable, dada a crueldade dalgunhas esceas pero `All is well if ends well`
Lino naqueles anos de instituto, é unha novela de culto, para algúns premonitoria dun poder que foi así sempre. Usando en cada época os medios dos que dispón. Liche a Orwell, non ó seu tradutor. Todo un luxo. Sempre me preguntei que pasaría se puidese ler a Truman Capote, a McEwan....ser pasar pola traducción.
ResponderEliminarUn bo post Bea!!!
Hola Bea, para acadar o poder, como ti ben dis, os rexímenes ditatoriais infrixían ou infrixen dor e humillación nas persoas co fin de sometelelas e anularlles a vontade. Nos tempos actuais hai outros zeitos de sometemento mais sofísticados ca intervención doutras estratexias de diversa índole que, anque non o parece resultan tán perigosas coma as outras. Bo Ano. Aperta.
ResponderEliminarDeve ser um livro muito interessante.
ResponderEliminarFELIZ ANO NOVO
Abraço
Hola Bea. Hace tiempo que no me pasaba por aquí.
ResponderEliminarEsta bien leerse un libro antiguo. Yo también lo hago aunque recuerde de que va. Siempre me vuelvo a reencontrar con escenas de una lectura dura que no recordaba.
Un abrazo muy grande
Bea, mi verdadeiro nombre es Emilia, pero pocos comentadores lo sabem, devido às características dos poemas, que escrevo.
ResponderEliminarBesos.