www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 19 de xaneiro de 2018

DEUS APRETA PERO NON AFOGA

Despois da tempestá ven a calma! Quen poucas veces está  enferm@, leva mal a enfermidade, por benigna que ésta sexa, tal foi o meu caso: unha simple gripe sen mais complicacións que as que conleva e o periodo de convalecencia que se alonga mais do debido e a desgana por todo invade a nosa vida, facéndonos débiles, dependentes e todo iso sumado á pouca pacencia ante a inclemencia, fai que sintamos que algo mermóu en nós, mesmo as ganas de escribir, de facer cousas que antes eran a rutina de cada día. Pero hai que vencer, hai que seguir, hai que fotalecerse e verse xa na normalidade, empezando por tirar para adiante, insistir en voltar a todo o que deixamos aparcado. O café non sabe, os doces non saben a doce, nada sabe.... pero tes que comer e beber o mesmo para recuperar a enerxía perdida, e ves como o corpo o agradece e paga con xenerosidade, permitindo que cada día poidas acometer algo que tiñas en stand by. A lectura foi algo que me mantivo entretida e alonxada de pensamentos negativos, a música, o baile, a xinasia, a natación....sachar e facer limpeza na casa.....e sobre todo, durmir! Pero as amizades foron decisivas nese intre! Sentir que a xente se preocupa por ti, que te chama, que se ofrece.....que che aconsella.....Eso non ten prezo!!!!! Polo que deixo aquí as miñas GRAZAS,  con maiúscula!
Hoxe é un día no que o sol agroma, os paxaros pían na miña horta. Tamén tiven un amigo paxaro, un papo roibo que viña frente á fiestra da cociña, á tódalas horas do día, sosiño....non sei se non tiña parella ainda, andaría buscando, ou se turnaría no neal para levar comida ós seus filliños, ainda que me parece cedo para que teña xa familia. Era fermoso poder observalo sen que se decatase. Un paxaro da miña infancia, tal vez o primeiro que souben identificar, polo seu papo roibo tan chamativo.
Os meus animaliños facíanme deixar o leito ao ter que coidalos, darlles a comida, estar algo con eles. Tiraron de min! Noa sabía que algo raro me pasaba pero soubo acomodarse a non ter paseo. Eu compenseina con outros mimos que as dúas nos facían ben. O gato deulle pola comida. Púxose tan obeso que tiven que telo a dieta, e ainda segue porque mesmo parecía un globo negro con patas e ollos de faro de coche entre tanta negrura. So facía pedir comida cando, en realidade, quería mimos. Hai que ver cómo nos parecemos os seres vivos!
Ainda que non teña nada importante que contar, gústame estar de novo no blog, que tiña aparcado nun post que xa me resultaba incómodo, pois é sobre un libro moi duro que lin e que me deixóu un pouso pesimista, que é xusto o que non me convén.
Estou lista para saborear a miña nova modalidade de café descafeinado con tila e melisa! (Polo de non durmir). Con todo, xa me sabe a café de meia mañá que acompaño con torta imperial de améndoa de Alicante. Sabores case esquecidos e aparcados, xa que nono tomei no Nadal, cándo se supón que se debe de tomar. Pero a mín gústame todo o ano.
Hoxe paso a mañá cociñando e mentras se fai o xantar, aproveito para pasar polo blog e deixar algo, ainda que sexa pouco e gastado, pero, cando menos, dou sinais de vida e de ter intencións de continuar cas miñas lerias, que son eso, lerias, cousas reais, a pé de rutina, de vida sen demasiado interés literario, pero chego a conclusións un tanto estranas, as veces, non sei, a literatura por sí soa non acaba de tirar de min! Aprecio o bon escribir de moita xente, a súa imaxinación, a sua arte de saber comunicar..... pero aquelo que se comunica.... non sempre me seduce. Por eso, é moi difícil atopar un libro, un escrito que tire de min!!!! Tamén me pasa co arte visual! Eu busco algo siñificativo, que me diga algo!
Remato, porque un cheiriño a queimado, avísame de que estou descuidando os guisos....Ademais, agárdame un paseo con Noa, por esta mañá sen chuvia, na que xa sinto ganas de comerme o mundo!!!!

7 comentarios:

  1. Lamento que tenha estado doente, e espero que recupere totalmente. Eu também estive bastante atrapalhada. Primeiro com infeção do ciático e depois o tratamento para ele provocou-me uma intoxicação no fígado. Foram muitos dias com vómitos e diarreia, e depois dez dias de dieta rigorosa, só à base de liquidos. Graças a Deus estou bem agora.
    É bem verdade que nem sempre a literatura nos deixa entusiasmadas.
    Um abraço e bom fim-de-semana

    ResponderEliminar
  2. Hola, querida Bea!

    Entonces, estiveste com gripe y perdeste o apetite? Es natural. Nos sentimos sin vontade para hacer nada, pero o mal no dura para siempre.

    Ahora, ya estás mejor y começas a fazer tu vida normal com tu querida Noa y com los passeios, que adoras hacer.

    Besitos y dias bien felizes.

    FELIZ ANO NUEVO!

    ResponderEliminar
  3. Un papo roibo, un gato obeso, café, amigos que se interesan, temáticas que non te seducen, o libro de Orwell, o das terras do Eo, sachar, dár mecos ó gato, escribir un post, a gripe, quedar sen ánimo....a pesar de todo, da desgana, son moitas as cousas do teu quefacer cotián, encheron ben este post, que amais de ter calidade literaria, ten contido filosófico....a vida debe ter algún sentido....eu non sei cal é, pero ten que ser algo que esté presente continuamente, como pasa co ar, nunca falta. Ese algo permanece, inda cando enfermamos....eu penso, perdón polo atrevemento, que o sentido da vida é sentir. O teu post está cheo diso, de sentimento, do sentido da vida.....
    Grazas por compartilo.....
    Hai persoas, que obcecadas coa acumulación de bens materiais, perden a capacidade de sentir, de apreciar a beleza, non sintonizan esa frecuencia. Lerte sempre me resintoniza, coloca o meu dial onde debera estar, no punto en que a vida colle sentido.
    Sinto que o pasaras mal, mais pronto estarás ben, entre un papo roibo e un gato obeso, contando cegoñas ou sachando, baleirando contidos neste blog.
    Biquiños, apertas!

    ResponderEliminar
  4. ¡Ola, querida Bea!

    Penso que non hai mellor literatura que estas túas letras sinxelas e reais dun camiñar por a vida diara pois a simplicidade e que ten máis mérito máis belo, ti que es intelixente e tes uns estudios como para saber estas letras que nos deixas, ¡Teñen suma importancia literaria! Punto e a parte...
    Estou pasando un momento encantador lendo esta túa entrada na que nos falas de todo un pouco, e verdade que despois da tempestade chega a calma, mais esta calma vai sen presa... Sobre todo nas persoas con máis anos como eu,despois de todo vou saíndo.
    Unha gripe deixa o corpo molido, mais este non foi o meu caso, pero xa a tiven outras veces, e non lles damos tanta importancia e, sen embargo si que a ten, e hai que curala ben, porque pode carrexar outras cousas.
    Ben pois alégrome de que alguén se preocupara por que estiveras ben iso e porque o mereces sen duda.

    Ben pois vou comer algo e déixote por hoxe. aí che vai unha aperta grande en moitos biquiño, desexo que todo estea ben na túa vida.
    Con o meu cariño, gratitude e a miña grande estima.

    Feliz fin de sema.

    ResponderEliminar
  5. Mentras ti estabas maliña eu cabilaba, Bea foise o quente fuxindo do frio inverno. O que importa e que vaias saindo rixosa coma a sávea que axina vai emerxer enchendo de cor e vida as arbres durmidas.
    Un post cheo de reflexions moi interesantes, iso e dafeito o que ti fas, tirando de nós pra abalar os miolos remexendo o que de verdade conforma o noso ser: as pequenas grandes cousas, a vida cos seus milleiros de sentementos, inquedanzas, soños, ilusions e tantas mais facetas que levaria unha tempada reseñar.A literatura participa de todo isto e mais, pois non so fai falla unha boa narrativa senon que que o autor sinta fondo e engaiole de xeito que que o letor se sinta prendido dun barazo do que non se pode arredar.
    Desexo que todo vaia moi ben. Bicos.

    Solín

    ResponderEliminar
  6. Hola, querida Bea!

    Gracias por tu visita y comentário tão simpático.

    Ausente de tu casa, por exemplo, significa en Português que no estas en tu casa, que saliste. Ausente do céu, nombre de mi blog, quer dizer k no estoy no céu, pke, provavelmente soy una pecadora, pero nada pecadora como descrevo en mis poemas.
    Mi verdadeiro nombre no es Céu. Nasci perto de Espanha, a 60 Km mas ou menos, y tengo un nombre k es muy vulgar en tu pais.

    As tuas melhoras.

    Besitos

    ResponderEliminar
  7. Hola Bea.
    Buenos días, guapa. Me alegro mucho de tu buena recuperación. Despúes de toda el trance por que pasaste con esta gripe.
    Yo estuve ausente de mi blog durante meses.

    Es un placer volver a tenerte por aquí.
    No te falta detalle alguno. Llevar todo bajo control. Las infusiones, la huerta,el canto del pájaro que te recuerdo a uno que tenias de pequeña.
    Tus animales te han recibido con gran angunia en busca de tu cariño, las llamadas de teléfono que atender.
    De nuevo con tus LEIRAS donde todo es real. Cómo la vida misma. Pendiente de tu rica y sana cocina.
    Por fin paseando junto a Lara.
    Así es, despúes de la lluvia vuelve la calma y sin dejar de comer aunque no haya ganas, el cuerpo necesita de por vida nutrirse para obtener energias y seguir siempre hacia adelante.
    Enhorabuena por tu nuevo post


    Un abrazo muy grande.


    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.