www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 2 de febreiro de 2018

UN PASEO POR CORUÑA

Despois dun xantar en boa compañía, no sitio menos esperado, e moi perto da Torre de Hércules, o mellor que puiden facer foi ir visitala e camiñar a partir dela, ou pola esquerda ou pola dereita. Eso xa era imprevisible. Escollín ir polo Este. Facía tempo que non pasaba por aquela zona, e resultábame case irrecoñecible.
Onde antigamente había leiras, agora hai prados con camiños de terra para camiñar ou ir na bici. As vistas son impresionantes e cando hai temporal, ainda mais. Aquí naufragaron barcos como o  Mar Egeo e o Urquiola fai unhos cantos anos.



Os monolitos, esculturas mirando ao mar, semellan un grupo de persoas que teñen saudade do mar e fican para sempre ollando para él. (Interpretación miña)
Un pouco mais adiante, aparece este monumento con poemas, un de García Lorca.

Este panel, explica un pouco o que eu deixo sen comentar, pois non me lembro de todo e indo ó paso que ía.....
Cemiterio dos Musulmáns, construído durante a guerra, no 1937.
Praia ou cala das Adurmideiras (Amapolas) Lugar inédito para mín. Gustoume descubrir outras praias de Coruña que non sexa a de Riazor.
Uha praia, que ademais, é bandeira azul! Ten o seu engado. Chamoume a atención!!!!
Praia de San Amaro, pequena península cunha urbanización con vistas ó mar por todas partes. Tampouco sabía desta praia. O cemiterio de San Amaro, ubicado aquí, é o mais antigo.
Praias que son do meu agrado xa que non teñen apenas ondas fortes e están abrigadas do nordés.
Farolas deseñadas con gusto artístico, ao longo do paseo que leva ó náutico e Castelo de San Antón. Motivos marítimos dunha artista, muller, da que non me quedei co nome!!!
Pasei de longo polo xardín de San Carlos, sen entrar nel e virei á direita para pasar xa polas rúas e prazas da cidade vella, atopando esta igrexa, adicada a Santiago, que está nunha praza que eu non tiña visitado antes.
Sabía que me podía estar metendo na boca do lobo e apurei o paso. Rúas pouco transitadas e sempre algo sospeitosas para espíritus solitarios.

E xa, na amplitude da Marina, que agora é peatonal e so poden entrar buses e taxis, sentínme algo mais segura.


Sentíndome algo cansada do paseo, estiven a punto de coller un autobús para dirixirme á casa da miña amiga e anfitriona, en Catro Camiños, pero optei por facer o pequeno tramo a pé, así podía ir descubrindo mais cousas, entre elas, a Fábrica de Tabaco, hoxe convertida en vivendas de protección oficial, ainda aparcadas polas moitas trifulcas que causou no seu día a pugna por elas. Non sabía que estaba alí, perto da Fábrica de Cervexa.
Deixo aquí a reportaxe do meu paseo por se alguén se anima a seguir os meus pasos!!!!!








2 comentarios:

  1. Hola Bea.
    Madre míaaaaaa. Me imagino todo lo que has caminado para ir investigando y discubriendo tu estimada Coruña. Hoy viernes día 2 estaba precisamente nevando. Estas como un roble de fuerte. Me apasiona un monton todas las fotografías que muestras. De la playa Durmideiras un año me meti con María y Alvaro. Nos llevaron a la Coruña con la condición de ir a la playa, pero se nublo el tiempo y aun así nos metimos al agua, por que llevabamos los bañadores puestos y las toallas en las mochilas. Esta fría pero se aguantaba bien.
    Nos llavabos un susto enorne por que me revolvio una fuerte ola y no podia salir, gracias a Alvaro estaba haciendo volteretas dentro del agua, se dio cuenta como me undia y me saco tirandandime del brazo hacia fuera. Maria ni reaccionó solo se limito a mirar por lo que acaba de pasar. Me devolví con la toalla sin poder hablar con claridad, por el agua que había tragado. De esto hace 3 años y hasta hoy no volvi a bañarme. Ha veces por cuatro días de vacaciones nos buscamos el final, nosotros mismos.

    Un abrazo muy grande

    ResponderEliminar
  2. Unha coruña de saudades e poemas mirando ó mar, mirando inda máis lonxe....din que erguido na punta dos pés, subido na Torre de Hércules, un pode ver Buenos Aires....se cadra si, cos ollos pechados e a alma aberta.
    Unha Coruña de pequenas sorpresas en forma de cala ou bocas de lobo que son portas ao pasado, e alí, tan préto, esa cidade de hoxe que gaña espazo aos coches e mira ao futuro non sei se con acerto....

    En fin, un texto moi fermoso e cargado dunha poética e espiritualidade que sempre viaxa ao teu carón, que abraza a terra como unha deusa que é, como matriz de toda vida. Quedo co acougo de quen aprende maneiras de pousar e calmar o ánimo, encontrar paz, nos teus renglóns, nas túas pegadas, nos camiños que me ensinas, tantas veces duros e a contracorrente, nos que quero estar. Parabéns e grazas!. Voume con bicos e apertas, amiga.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.