www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 16 de febreiro de 2018

LEMBRANZAS NO EO


Esta mañá, antes de que a chuvia me estragara o paseo, percorrín un tramo do Eo, dende a Veiguiña(por onde pasa o rego dos Mosqueiros, que se une ao Eo a altura do seu nacemento)   ata a aceña de Cuenzas. Leváronme os meus pasos por onde non pensaba ir se non fose que están limpando as árbores que caían sobre o río, e queda tan despexado de maleza, ensinando o seu caudal que vai a reverquer, apresurado e revolto, curveando entre prados, formando pequenas fervenzas, entre un leito de parede de chantos e pedras, lixeiro e persistente no seu afán por acadar o mar e descansar de tanta fatiga. Este río foi testigo da miña nenez: acompañando a miña nai cando ía lavar a roupa e tendela a secar á súa veira mentras eu percorría as paredes, escapaba dos lagartos e fantaseaba con mundos imaxinarios que só eu entendía e nos que as rochas facían a vez de casas e refuxios dos meus soños de nena solitaria. Tamén foi testigo de "bullying", como se diría hoxe, cando subida nun carro de vacas, acompañada por homes do lugar, iamos buscar a leña que cortara meu pai no Carballal. Tíñanme adestrada en palabras "pecado" e baixo a amenaza de guindarme ó río cando o atravesabamos, requerían a miña recitación do que a eles lles facía tanta graza. Pero tamén foi testigo de momentos felices, coas miña primas, cando pasabamos pola ponte de tablas separadas na que ela tiña que gatear, do medo que lle daba e eu pasaba sen problema dun lado a outro as veces que fixera falla. Agora, daquela ponte só quedan as paredes laterais. Mentras esto ocurría no río Grande, outra parte da historia tiña lugar na aceña de Cuenzas, outro lugar para lavar a roupa e xogar co que a ladeira do monte ofrecia cas suas penas onde eu fun sempre, andado o tempo, a inspirarme, a ler, a pensar, a escribir....Qué fermoso sería recuperar este río, tal e como parece que empezan a facelo agora, pero con sendeiros e pontes de madeira, para que resulte atractivo camiñar á súa veira e acompañalo neste primeiro tramo do seu nacemento, onde aínda se conserva virxe e libre de lixos que o contaminan e matan as suas  troitas, tan apreciadas noutros tempos. E que este lugar se convirta nunha aldea con atractivo turístico, por ser cuna do Eo, por ter a Marronda ao pé e fervenzas que apenas se coñecen ou aldeas como Cabreira, Castrelo, a Espiña, onde hai un castro ainda sen catalogar, ou fragas como o Carballal e a misteriosa Pena dos Mouros.Conxunto que ollado dende a outra ladeira semella un dragón durmindo dende tempos inmemoriais. (Por certo, unha amiga miña, dí que esta fraga ten moita enerxía, e a Pena dos Mouros, acóllete nun regazo do que non desexas sair....) Gustaríame poder ver todos eses cambios que imaxino neste lugar onde nacín e ao que voltei e no que vou contando as casas que van quedando sen xente e os poucos veciños e veciñas que somos. Pero alá nos meus soños, vexo esta aldea cas casas restauradas, con xente, con visitantes, con algo que ofrecer e ser valorada como un entorno natural de primeira calidade.






4 comentarios:

  1. Um passeio onde as recordações e os sonhos a levaram pela mão.
    Abraço

    ResponderEliminar
  2. Hola Bea.
    Me algro mucho que hayas hecho este paseo, por donde algunas cosas buenas tienen que ser restauradas, para que la gente de los pueblos se sientan más comodos y disfruten del precioso Rio EO, A Marronda... Me parece estupendo que haya gente viviendo en casa nuevas o restauradas. Eso, es bueno para todos.
    Las fotografias son muy bonitas.
    Me trae agradables momentos vividos. Veo que has visitado la casa rural donde tumienen cuadros historicos de todo Cubilledo, Fonteo...
    Una abrazo muy grande.

    ResponderEliminar
  3. Outra vez máis gustoume lerte. E comparto os teus desexos para o futuro de Fonteo. A vida, o río, o paso do tempo, as casas baleiras...os soños vivos. O q paga a pena témolo cerca, e o q temos cerca levaranos lonxe...nos proxectos, na vida...

    ResponderEliminar
  4. Carai Bea, que bonita entrada que ben te expresas e que fermoso sería ver ese teu soño logrado. Seguro que si o veras. Según describes o lugar debe de ser moi atractivo e reconstruído xa o creo que daría moita vida a ese vale con o río leriando. E unha pena que se deixen en abandono as casas antigas pois restauradas quedarían moi bonitas, todo o anexo e súper interesante.

    Foi un pracer pasar por aquí, que se me deras un toque pasaría antes.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.