www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 16 de novembro de 2015

A MIÑA ANDADURA COS AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE


O CASTIÑEIRO

Soutomerille de lenda
escasas reliquias deixas
emblemáticas dabondo
de nobreza e fidalguía:
unha igrexa peligrina,
unha pousada derruída,
un cemiterio escondido
e ti, castiñeiro altivo.
O teu souto deuche nome,
a terra, substancia viva;
esculpido na parede
formas parte dunha linde
do Camiño Primitivo
que vai por Soutomerille



Hai uns anos que retornei a miña aldea natal para ocuparme dos meus maiores. Tiven a sorte de poder continuar a miña vida laboral no concello onde nacín. Viña acostumada a facer sendeirismo e votaba en falta algunha actividade así, polo que tratei de enterarme qué grupos había por esta bisbarra que saísen a camiñar. Non sei cómo me falaron de que en Castro Verde había unha asociación deste tipo. Contactei con eles e xa me fixen socia de contado. Parciame que estando tan perto e coñecéndonos a maior parte deles, sería unha boa oportunidade de relacionarme.
Como o seu nome indica, este grupo de xente, ocúpase de cousas interesantes como son a recuperación do patrimonio, dar a coñecer o seu concello, percorrer os seus sendeiros, apreciar as súas árbores, os seus montes, denunciar todo aquelo que vaia en contra da desaparición das moitas reliquias históricas que nel se encontran, de descubrir lugares ocultos, en situación de abandono, limpar os sendeiros, relacionarse con outros Castro Verdes de Portugal e de España, establecer contactos con outros grupos semellantes dos concellos lindeiros cos que se comparten saídas, dar a coñecer acontecimentos de tipo cultural que están ahí para todos, organizar feiras, mostras, celebracións que destacan polo seu carácter local e comarcal.
Trátase dun grupo moi heteroxéneo no que hai artistas, escritores, historiadores, docentes, cregos, músicos.... case todos eles veciños de Castro Verde, aínda que algúns non moren actualmente nesta veciñanza pero que seguen vinculados por moitas razóns e contribúen todos eles co seu facer, coa súa investigación e co seu aprecio polo común e propio que vale a pena conservar e dar a coñecer.
Dende o primeiro día, sentínme ben recibida. Non me resultaron nada alleos, senón, pola contra, moi familiares, coñecidos de coñecidos, amigos de amigos, sabedores de historias que eu tamén coñezo e, sobre todo, galego falantes.
Son nove anos de percorrido, non tan constante como quixera, pero suficiente para sentirme ancorada nesta terra na que nacín, e da que faltei un tempo longo e na que optei por ficar de novo para disfroitar da vida rural e das moitas ventaxas que ofrece a inmersión na plena natureza.
Sentiría ben que este grupo desaparecera algún día por falla de medios ou de persoas que se ocupen do seu funcionamento, traballo que eisixe dedicación, tempo e moitas forza de vontade. Non é doado atopar líderes, persoas dispostas a encargarse de algo desta importancia e transcendencia. Chegado ese caso, votariamos moito de menos este tipo de actividades nas que participamos xente de todas as idades e que nos serve de esparecimento ao mesmo tempo que nos activa a mente e nos cultiva o espíritu.

sábado, 14 de novembro de 2015

Os meus amores





Un doce de novembro pola tarde, despois de xantar, ó soliño morno de mediodía, na hamaca, a carón da horta, rematando de ler o libro de Bertha von Suttner, rodeada polos meus queridos compañeiros, sempre dispostos arredor de min, inseparables, entregados ao repouso que a súa ama desexa para sí, complacientes e adorables nos seus modais, sentín que estaba nun lugar previlexiado ainda que algúnhas veces non saiba ser considerada con él.
Permanecimos así, eles acomodados no banco onde eu repousaba as miñas pernas, frente a frente, adormecidos todos nós en comunión espiritual co momento. O ollos do gato destacaban da negrura do seu corpo como dous soles nunha noite sen lúa. Noa, atenta sempre a calqueira dos meus movimentos, interpretando o meu estado de ánimo, dándome bicos coa lingua enroscada, tirándomos dende lonxe para non desacomodarnos e seguir na tarefa de ler e observar.
Estas sobremesas compartidas na horta foron os momentos mais felices do verán e da súa prolongación neste outro de San Martiño. Ogallá durase todo o ano. Así non tería que pensar nas Canarias ou noutro destino mais cálido onde resgardarse dos invernos galegos tan longos e húmidos. Pero eses pensamentos están por demais. Só é un pensar pasaxeiro que se esvae nada mais ollar para eles e ter a certeza de que nunca os deixaría en por eles tanto tempo. Son a miña obrigada permanencia neste lugar. Tamén son a compaña e a ansia de cada día. Levantarme á mañá e saber que me están agardando ao outro lado da porta, infalibles, cos seus lombos levantados, pedindo aloumiños e mais o almorzo, xa é motivo suficiente para non lles fallar, para desafiar o frío da xeada, da neve e toda inclemencia que poida presentarse. Terlles a comida que necesitan, e non só, tamén os dentais, os desparasitadores, os premios... os peiteados e os paseos, por non mencionar os enredos, as camas, os cambios de sabas..... o confort! Eles son os inseparables, amistosos, caladiños, fieis e serviciais alén de coidarme e axudarme nas tarefas da horta.
Xa non imaxino a miña vida sen eles ainda que poidera suceder. Tampouco imaxino a deles sen min. O futuro está por ver e mellor non preocuparse. Non me gustaria velos sufrir, velos envellecer e perder facultades, ao tempo que eu tamén as perda. Entón, non seremos quén de coidarnos mutuamente. Mentras tanto, que veñan moitas sobremesas como esta, en mútua compaña, polo San Martiño e mais polo San Xoán.... qué mais da se temos que contar todo por santos.

venres, 13 de novembro de 2015

OS MEUS AMORES

Un doce de novembro pola tarde, despois de xantar, ó soliño morno de mediodía, na hamaca, a carón da horta, rematando de ler o libro de Bertha von Suttner, rodeada polos meus queridos compañeiros, sempre dispostos arredor de min, inseparables, entregados ao repouso que a súa ama desexa parasí.
Complacientes e adorables nos seus modais, sentín que estaba nun lugar previlexiado ainda que algúnhas veces non saiba ser considerada con él.
Permanecimos así, eles acomodados no banco onde eu repousaba as miñas pernas, frente a frente, adormecidos todos nós en comunión espiritual co momento. O ollos do gato destacaban da negrura do seu corpo como dous soles nunha noite sen lúa. Noa, atenta sempre a calqueira dos meus movimentos, interpretando o meu estado de ánimo, dándome bicos coa lingua enroscada, tirándomos dende lonxe para non desacomodarnos e seguir coa tarefa de ler e observar.
Estas sobremesas compartidas na horta foron os momentos mais felices do verán e da súa prolongación neste outro de San Martiño. Ogallá durase todo o ano. Así non tería que pensar nas Canarias ou noutro destino mais cálido onde resgardarse dos invernos galegos tan longos e húmidos. Pero eses pensamentos están por demais. Só é un pensar pasaxeiro que se esvae nada mais ollar para eles e ter a certeza de que nunca os deixaría en tanto tempo. Son a miña obrigada permanencia neste lugar. Tamén son a compaña e a ansia de cada día. Levantarme á mañá e saber que me están agardando ao outro lado da porta, infalibles, cos seus lombos levantados, pedindo aloumiños e mais o almorzo, xa é motivo suficiente para non lles fallar, para desafiar o frío da xeada, da neve e toda inclemencia que poida presentarse. Terlles a comida que necesitan, e non só, tamén os dentais, os desparasitadores, os premios... os peiteados e os paseos, por non mencionar os enredos, as camas, os cambios de sabas..... o confort! Eles son os inseparables, amistosos, caladiños, fieis e serviciais alén de coidarme e axudarme nas tarefas da horta.
Xa non imaxino a miña vida sen eles ainda que poidera suceder. Tampouco imaxino a deles sen min. O futuro está por ver e mellor non preocuparse. Non me gustaria velos sufrir, velos envellecer e perder facultades, ao tempo que eu tamén as perda. Entón, non seremos quén de coidarnos mutuamente. Mentras tanto, que veñan moitas sobremesas como esta, en mútua compaña, polo San Martiño e mais polo San Xoán.... qué mais da se temos que contar todo por santos.

luns, 5 de outubro de 2015

FROITA MADURA....TODO DOZURA!

Prestoume cambiar de planes culinarios. O menú do día foi improvisado, como a veces acontece. Saín con vento do sul nunha esteñada por ver se atopaba cogumelos. Metémonos polo prado cando xa empezaba a chover forte. Ali, agochadiños, cal paraugas das fadas, había xa bolas de neve, champiñón xigante e fermoso. Algúns abertos de todo e outros mais pechadiños. Apañei estes últimos e funme contenta, seguida sempre de perto pola Noa, que ía empapada de chuvia o mesmo que eu. Xa tiñamos o xantar resolto. Habería que darlle xeito... pensar qué preparar con eles. Xa sei, tomates recheos de champiñóns!!!Así aprobeitarei as cebolas, pementos, tomates..... Non, non, non vou mesturar todo iso. Prefiro a simpleza. Os champiñóns van ben co alliño e tal vez unhos pequenos taquiños de xamón, cayena.... E así, os tomates, unha vez valeirados da súa pulpa, cociñaríaos simplemente nun pouco aceite, engadindo sal e albahaca e logo mesturarlle os champiñóns xa cociñados. Así rechearía as carcasas dos tomates e con un topping de queixo e por riba a súa tapa e ao forno. Foi todo un acerto!
Da gusto ver cánto nos ofrece o outono. As froitas de todas clases con abundante dozura acabarán en marmeladas, compotas, marmelo e pasteis elaborados con elas. Tempo de alquimia e maxia na cociña! Despois, terémolas presentes na mesa o resto do ano e poderemos agasallar cos escedentes a amizades, familia....ou comedores sociais para xente que non ten fogar.
Mágoa ver canta froita se perde nos camiños. Agora veñen as castañas, as noces, as mazáns... todo á xunta. Non dou feito! Os tomates, as cabazas, pementos......É difícil acomodar todo iso de xeito que se conserven e poidamos disfroitalos pouco a pouco o resto do ano.  As frambuesas e moras tiven que ilas conxelando segundo as ía recollendo para logo facer a marmelada toda xunta. Deu bo resultado e así non se me xunta o traballo e podo ir espaciando as conservas que xa ocupan un bo anaco de despensa.... e cando me paro a velas..... penso cómo poderei ir utilizándoas sen darme un atracón!
Molleime con gusto. Non levaba paraugas. Todo é chegar e cambiarse rapidamente. A Noa tiven que secala co secador de pelo e xa lle sirve de ducha. Agora está relaxada no seu refuxio, durmitando esta tarde outonal que nos fai estar agusto dentro da casa ou do neal.
Deixo fotos que fun tomando estes últimos dias e que conforman o engado da miña horta ou da miña aldea.
Mentras non veña mais frío, o outono é mais que levable, case diría que é un pracer voltar a ver a chuvia.
E sobre todo, saborear as primeiras castañas asadas! Mágoa non poder compartir tanto manxar.
Figos cortados para marmelada
Bombón de figo paso
Que o outono das cousas e da nosa vida sexa unha experencia gratificante!!!!!


Bola de neve apañada hoxe
Marmelos do meu marmeleiro
Muller de campo e de romaría

Marmelo elaborado
Mazáns da miña horta
Noa, compañeira de aventuras


Un dos tomates mais grandes

domingo, 13 de setembro de 2015

I LOVE FISTERRA!



 Sempre se volta a Fisterra. Malia a atopala tan cambiada, aínda é recoñecible. O primeiro que salta á vista antes de entrar na Anchóa é a súa forma de muller deitada no mar, cos seus peitos ao aire que amamantan e amainan temporais. Pódese dicir que medróu descomunalmente e saíuse do corsé que a cinguía nos anos setenta. Agora xa se poden ver hoteis que te reciben nada mais poñer pé na recta que dende a serra te conduce ata o lugar mais estreito do Cabo. Sería Marbella ou Torremolinos se non fora polo nordés que sopla frío e pega na pel a fina area dunar. Un longo paseo pola praia da Anchóa, por onde tantos pelegríns transitan a diario, recreándose na fermosura da súa bahía en forma de media lúa e sempre coa insuperable vista das formas montañosas que a fan inconfundible.





Un xantar nun dos seus moitos restaurantes que hai polo porto, acompañada de amizades fisterráns que sobreviviron mais de trinta anos e coas que empecei compartindo unha fanequiña para agora degustar por vez primeira unhos percebes que me souberon a mar fresco.
Un brindis por Fisterra e pola amizade, polos bos momentos, polas lembranzas doutros tempos, por compartir e disfroitar as pequenas cousas....
Logo non podía faltar un paseo pola praia do Rostro. Ainda me enterei agora que se lle chama así pola semellanza que un cantíl ten cun rostro humán. Eu non so vin un rostro alí, senón un corpo enteiro deitado ao longo e coa cabeza ao mar. O vento nordés non deixaba disfroitar de tan esquisito paraxe así que percorremos en coche ata a outra punta onde facía algo mais abrigado.
Pola tardiña, fomos ata a praia de Lires dende onde se ven unhas fermosas postas de sol. Sentadas nun bar que é unha balconada sobre a praia, agardamos ata que se puxese mentras conversabamos con outras amigas que por alí viñeron tamén a disfroitar do momento.
Atrás quedóu esta visita, con moitos mais detalles que aquí non conto pero que fixeron da miña estancia, unha inolvidable incursión no que un día foi algo mais que un destino turístico senón os dous primeiros anos da miña vida profesional.


Presa estou do teu engado,

atrevido e fero mar, Costa da Morte,

que entregas vida a raudales,

que traballas sen descanso

as areas da túa fermosa praia,

duna viva, remanso de paz

que distrae a mente e afasta

os pensamentos inmundos.

Tí, que purificas canto tocas,

que bañas de escuma a ollada

posta en tí, querido mar

daquelas tardes miñas

percurando atardeceres de intensa cor,

encendidas cal lume dos teus templos,

santuarios de adoración ao sol.

Fisterra, destiño meu primeiro,

de xuventude entusiasta e emprendedora,

hoxe volto a ti, tras longo percorrido,

mar, océano do meu sosego,

añorando, deposito en tí a miña confianza

e soños de futuro sagrado.