lunes, 5 de octubre de 2015

FROITA MADURA....TODO DOZURA!

Prestoume cambiar de planes culinarios. O menú do día foi improvisado, como a veces acontece. Saín con vento do sul nunha esteñada por ver se atopaba cogumelos. Metémonos polo prado cando xa empezaba a chover forte. Ali, agochadiños, cal paraugas das fadas, había xa bolas de neve, champiñón xigante e fermoso. Algúns abertos de todo e outros mais pechadiños. Apañei estes últimos e funme contenta, seguida sempre de perto pola Noa, que ía empapada de chuvia o mesmo que eu. Xa tiñamos o xantar resolto. Habería que darlle xeito... pensar qué preparar con eles. Xa sei, tomates recheos de champiñóns!!!Así aprobeitarei as cebolas, pementos, tomates..... Non, non, non vou mesturar todo iso. Prefiro a simpleza. Os champiñóns van ben co alliño e tal vez unhos pequenos taquiños de xamón, cayena.... E así, os tomates, unha vez valeirados da súa pulpa, cociñaríaos simplemente nun pouco aceite, engadindo sal e albahaca e logo mesturarlle os champiñóns xa cociñados. Así rechearía as carcasas dos tomates e con un topping de queixo e por riba a súa tapa e ao forno. Foi todo un acerto!
Da gusto ver cánto nos ofrece o outono. As froitas de todas clases con abundante dozura acabarán en marmeladas, compotas, marmelo e pasteis elaborados con elas. Tempo de alquimia e maxia na cociña! Despois, terémolas presentes na mesa o resto do ano e poderemos agasallar cos escedentes a amizades, familia....ou comedores sociais para xente que non ten fogar.
Mágoa ver canta froita se perde nos camiños. Agora veñen as castañas, as noces, as mazáns... todo á xunta. Non dou feito! Os tomates, as cabazas, pementos......É difícil acomodar todo iso de xeito que se conserven e poidamos disfroitalos pouco a pouco o resto do ano.  As frambuesas e moras tiven que ilas conxelando segundo as ía recollendo para logo facer a marmelada toda xunta. Deu bo resultado e así non se me xunta o traballo e podo ir espaciando as conservas que xa ocupan un bo anaco de despensa.... e cando me paro a velas..... penso cómo poderei ir utilizándoas sen darme un atracón!
Molleime con gusto. Non levaba paraugas. Todo é chegar e cambiarse rapidamente. A Noa tiven que secala co secador de pelo e xa lle sirve de ducha. Agora está relaxada no seu refuxio, durmitando esta tarde outonal que nos fai estar agusto dentro da casa ou do neal.
Deixo fotos que fun tomando estes últimos dias e que conforman o engado da miña horta ou da miña aldea.
Mentras non veña mais frío, o outono é mais que levable, case diría que é un pracer voltar a ver a chuvia.
E sobre todo, saborear as primeiras castañas asadas! Mágoa non poder compartir tanto manxar.
Figos cortados para marmelada
Bombón de figo paso
Que o outono das cousas e da nosa vida sexa unha experencia gratificante!!!!!


Bola de neve apañada hoxe
Marmelos do meu marmeleiro
Muller de campo e de romaría

Marmelo elaborado
Mazáns da miña horta
Noa, compañeira de aventuras


Un dos tomates mais grandes

12 comentarios:

  1. Hola, querida Bea!

    Como estás? Eu, satisfatoriamente.

    Li tu texto, de un único fôlego, pke queria saber lo k tu irias hacer con tantas preciosidades comestíveis, k, solamente no outono las encontramos.
    No tiveste receo de la chuva e te puseste a caminho y sin paraguas. Valente, mujer!

    Pelas imagens, observei que conseguiste um saboroso jantar y k com pena no lo pudeste oferecer aos teus amigos comentadores, nos quais já me incluo. Aquele tomate, o da imagem, o mais grande, Bea,! Rime, rime, sin parar.

    Adoro castanhas assadas. Hoy, en Lisboa, já choveu, pero, ahora o sol está surgindo, graças a Dios.

    Tua Noa es guapíssima. Qtos anos tiene ela? Creo k es una "nina".

    Na fotografia estás muy natural, com un sorriso y un olhar k me encantam.

    Gracias por vistarme y deixares tão gentil (xentil, será asi k se escreve en tu idioma) comentário.

    Um restito de dia luminoso e feliz.

    Besos, con todo mi carino.

    ResponderEliminar
  2. Boa tarde, passar por aqui e lembrar-me dos figos e dos marmelos que adoro, vivo ao sul de portugal, zona doas figos e dos marmelos, as fotos são perfeitas, a gostei mais foi a da Noa, boa semana.
    AG

    ResponderEliminar
  3. Outono... estação mágica. E quantas delícias nos ofereces ao olhar, Bea! Bom outono, boa semana.

    ResponderEliminar
  4. O Outono é tempo dos doces e marmelada. è para os fotógrafos a estação mais bonita do ano. Infelizmente para mim, a minha saúde costuma ausentar-se no Outono, e fazer-me passar maus bocados.
    A Noa é muito bonita.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  5. He leido con mucho placer esta completa y encantadora descripción sobre lo que la vida nos regala en el otoño y trasciende una belleza en las palabras con las que se va relatando lo más sencillo pero también lo que es verdad y está ante nosotros de un modo indiscutible. Ha sido muy gratificante para mí entender el 99% o más solo se me ha escapado una palabra "marmelos" no me parecen membrillos, no sé. Lo buscaré.

    Gracias por el amable comentario que dejaste en mi blog y la verdad es que ante la vista de tantos alimentos apetitosos y sobre todo cultivados de un modo sano y de forma tradicional, es un privilegio poder disponer de ellos.

    Precioso post y hermoso trabajo literario al mismo tiempo. Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  6. Olá Bea,obrigada pela visita e comentário em meu blog.
    Bjs-Carmen Lúcia.

    ResponderEliminar
  7. ¡Aí filliña! ¡Por deus, que apetito me éntraa!!!!!! Que pinta teñen todos eses froitos, querida Bea. Un pos de luxo este, precioso precioso.
    Déixoo así e maña paso de novo. cérranseme as persianas teño que durmir.

    Boas noites. Bicos.


    ResponderEliminar
  8. Bos días reíña, de novo paso a deleitarme con eses bocados moi saborosos todos eles. E verdade que o outono nos da belo colorido e ricos froitos que non temos noutras estacións de ano, e que ti aproveitas e preparas con esmero con cariño, cousa que non todos sabemos facer: e ademais quédanche presentados as mil maravillas en esas fotos, uns nos pratos outros nas árbores .

    Si, valeuche a pena levar unha molladura, de seguro a min non me sentaría ben. Xa sabes... os anos non perdoan ningún deslizo.
    Ben, amiga Bea, sempre e un pracer ler as túas entradas pois aprendemos e descubrimos moitas cousas importantes de ti.
    Gracias por darnos tanto e tan belo, por o teu ben facer sempre.
    Un abrazo e toda a miña gratitude e estima, sempre tamén.

    Se moi moi feliz.



    ResponderEliminar
  9. Ola, miña querida amiga:

    paso por a túa casa para agradecer as túas pegadas por o meu cantiño. ¡Pensei que terías unha entrada nova, non e así pero non importa, xa sairá algo fermoso cando teña que saír! Ben, pois ata outro momento eu xa me vou a durmir, teño unha soneira estes días que non vexo.
    pois xa... Boas noites e felices soños.
    Un abrazo y biquiños.

    ResponderEliminar
  10. Ola Bea,frutas de dar água na boca.
    Adorei todas as imagens.
    Um ótimo final de semana.
    Bjs-Carmen Lúcia.

    ResponderEliminar
  11. Hola, qurerida Bea!

    Que é feito de ti, guapa?
    Estás bién, mi querida amiga?

    Já sei: andas tratando das frutas maduras y doces, de tus cozinhados, da Noa y o blog fica no esquecimento. Vamos lá a hacer una nueva entrada, repleta de vida y graciosidade, pke tu lo sabes hacer mucho bién.

    Te aguardo, Bea! Tengo saudades de tus escritos.

    Besitos y un abrazo muy sincero.

    ResponderEliminar
  12. Boa semana, Bea. Aguardo o próximo post.

    ResponderEliminar