viernes, 13 de noviembre de 2015

OS MEUS AMORES

Un doce de novembro pola tarde, despois de xantar, ó soliño morno de mediodía, na hamaca, a carón da horta, rematando de ler o libro de Bertha von Suttner, rodeada polos meus queridos compañeiros, sempre dispostos arredor de min, inseparables, entregados ao repouso que a súa ama desexa parasí.
Complacientes e adorables nos seus modais, sentín que estaba nun lugar previlexiado ainda que algúnhas veces non saiba ser considerada con él.
Permanecimos así, eles acomodados no banco onde eu repousaba as miñas pernas, frente a frente, adormecidos todos nós en comunión espiritual co momento. O ollos do gato destacaban da negrura do seu corpo como dous soles nunha noite sen lúa. Noa, atenta sempre a calqueira dos meus movimentos, interpretando o meu estado de ánimo, dándome bicos coa lingua enroscada, tirándomos dende lonxe para non desacomodarnos e seguir coa tarefa de ler e observar.
Estas sobremesas compartidas na horta foron os momentos mais felices do verán e da súa prolongación neste outro de San Martiño. Ogallá durase todo o ano. Así non tería que pensar nas Canarias ou noutro destino mais cálido onde resgardarse dos invernos galegos tan longos e húmidos. Pero eses pensamentos están por demais. Só é un pensar pasaxeiro que se esvae nada mais ollar para eles e ter a certeza de que nunca os deixaría en tanto tempo. Son a miña obrigada permanencia neste lugar. Tamén son a compaña e a ansia de cada día. Levantarme á mañá e saber que me están agardando ao outro lado da porta, infalibles, cos seus lombos levantados, pedindo aloumiños e mais o almorzo, xa é motivo suficiente para non lles fallar, para desafiar o frío da xeada, da neve e toda inclemencia que poida presentarse. Terlles a comida que necesitan, e non só, tamén os dentais, os desparasitadores, os premios... os peiteados e os paseos, por non mencionar os enredos, as camas, os cambios de sabas..... o confort! Eles son os inseparables, amistosos, caladiños, fieis e serviciais alén de coidarme e axudarme nas tarefas da horta.
Xa non imaxino a miña vida sen eles ainda que poidera suceder. Tampouco imaxino a deles sen min. O futuro está por ver e mellor non preocuparse. Non me gustaria velos sufrir, velos envellecer e perder facultades, ao tempo que eu tamén as perda. Entón, non seremos quén de coidarnos mutuamente. Mentras tanto, que veñan moitas sobremesas como esta, en mútua compaña, polo San Martiño e mais polo San Xoán.... qué mais da se temos que contar todo por santos.

5 comentarios:

  1. Um texto muito bonito. Os animais são uma grande companhia, mas tal como nós também adoecem e morrem. E nós sofremos quando isso acontece.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  2. Ola Bea!!!

    Aí miña amiga! Que texto tan fermoso terno e humano nos entregas hoxe, non hoxe so, senón que o fas sempre, e importante todo o que ti escrebes, posto que pos alma e corazón en todo o que plasmas neste recuncho dos teus momentos creativos. Ata eu me sentín relaxada o ver a Noa adormecendo, unha bonita estampa son eses teus compañeiros que son máis legais e cariñosos que algún outro familiar. E verdade que fan unha segura e terna compañía sen maldade ningunha.

    E un pracer pasar por esta túa casa e ler todo o que son contas con sinceridade e gracia.

    Unha aperta grande, toda a miña gratitude e estima.
    Ten unha feliz sema.

    ResponderEliminar
  3. Mil gracias Bea, por a túa xenerosidade.

    Te moita razón cando dis que non imaxinas a vida sen eles, non cabe duda que fan unha grande compañía. Que bo sería que estivésemos máis cerca unha da outra. Estaría encantada da amizade.

    Un brazo miña reíña. Boa noite.

    ResponderEliminar
  4. ¡Hola! Vengo del blog de Franziska y es un placer encontrar una vecina, no te contesto en gallego porque lo hablo pero no lo escribo, pertenezco a esa generación que emigró siendo una niña y el gallego normalizado se me hace cuesta arriba.
    Me gustó mucho tu escrito porque para mi Lúa, mi perrita, ha sido la mejor medicina, a veces pienso que fue ella la que me adoptó a mí...
    Las fotos preciosas y tengo la suerte de haberlas disfrutado en vivo y en directo :)
    Desde Lugo ciudad, un afectuoso saludo

    ResponderEliminar