lunes, 16 de noviembre de 2015

A MIÑA ANDADURA COS AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE


O CASTIÑEIRO

Soutomerille de lenda
escasas reliquias deixas
emblemáticas dabondo
de nobreza e fidalguía:
unha igrexa peligrina,
unha pousada derruída,
un cemiterio escondido
e ti, castiñeiro altivo.
O teu souto deuche nome,
a terra, substancia viva;
esculpido na parede
formas parte dunha linde
do Camiño Primitivo
que vai por Soutomerille



Hai uns anos que retornei a miña aldea natal para ocuparme dos meus maiores. Tiven a sorte de poder continuar a miña vida laboral no concello onde nacín. Viña acostumada a facer sendeirismo e votaba en falta algunha actividade así, polo que tratei de enterarme qué grupos había por esta bisbarra que saísen a camiñar. Non sei cómo me falaron de que en Castro Verde había unha asociación deste tipo. Contactei con eles e xa me fixen socia de contado. Parciame que estando tan perto e coñecéndonos a maior parte deles, sería unha boa oportunidade de relacionarme.
Como o seu nome indica, este grupo de xente, ocúpase de cousas interesantes como son a recuperación do patrimonio, dar a coñecer o seu concello, percorrer os seus sendeiros, apreciar as súas árbores, os seus montes, denunciar todo aquelo que vaia en contra da desaparición das moitas reliquias históricas que nel se encontran, de descubrir lugares ocultos, en situación de abandono, limpar os sendeiros, relacionarse con outros Castro Verdes de Portugal e de España, establecer contactos con outros grupos semellantes dos concellos lindeiros cos que se comparten saídas, dar a coñecer acontecimentos de tipo cultural que están ahí para todos, organizar feiras, mostras, celebracións que destacan polo seu carácter local e comarcal.
Trátase dun grupo moi heteroxéneo no que hai artistas, escritores, historiadores, docentes, cregos, músicos.... case todos eles veciños de Castro Verde, aínda que algúns non moren actualmente nesta veciñanza pero que seguen vinculados por moitas razóns e contribúen todos eles co seu facer, coa súa investigación e co seu aprecio polo común e propio que vale a pena conservar e dar a coñecer.
Dende o primeiro día, sentínme ben recibida. Non me resultaron nada alleos, senón, pola contra, moi familiares, coñecidos de coñecidos, amigos de amigos, sabedores de historias que eu tamén coñezo e, sobre todo, galego falantes.
Son nove anos de percorrido, non tan constante como quixera, pero suficiente para sentirme ancorada nesta terra na que nacín, e da que faltei un tempo longo e na que optei por ficar de novo para disfroitar da vida rural e das moitas ventaxas que ofrece a inmersión na plena natureza.
Sentiría ben que este grupo desaparecera algún día por falla de medios ou de persoas que se ocupen do seu funcionamento, traballo que eisixe dedicación, tempo e moitas forza de vontade. Non é doado atopar líderes, persoas dispostas a encargarse de algo desta importancia e transcendencia. Chegado ese caso, votariamos moito de menos este tipo de actividades nas que participamos xente de todas as idades e que nos serve de esparecimento ao mesmo tempo que nos activa a mente e nos cultiva o espíritu.

4 comentarios:

  1. Isso é muito interessante. Aqui no Barreiro que eu saiba não há nada assim, muito embora haja muita gente que faz caminhadas, mas tudo muito individual.´
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. Ha sido un inmenso placer leer tu relato y te aseguro que la primera parte e introductora del texto, me parecía estar leyendo u n poema de Rosalía de Casstro, eran tan intensa la emoción que me transmitía.

    Ese amor por la tierra, por esa tierra maravillosa que es Galicia, se puede comprender porque aún invade el alma de otras personas que, como yo, nos sentimos tan cerca. Es estupendo lo que cuentas porque no es solo un grupo de senderistas sino que es un grupo humano que aporta saberes, amor y respeto por lo que tiene y por lo que significa su cultura. No creo que un grupo así pueda venirse abajo, siempre habrá alguien dispuesto a estar al frente para organizar actividades, yo confío en el amor que sentís por vuestra tierra. Así será.

    Siento no saber gallego y no poder escribirlo pero, de momento, me conformo con entender lo que publicas y, la verdad, lo haces tan bien que a mi me resulta fácil comprenderlo. Estoy muy contenta de haber entrado en contacto contigo.

    He tardado en pasar a leerte porque estoy muy mal de tiempo, perdoname. Aún tengo que ocuparme de otros muchos blogs amigos y de renovar dos de mis blogs que hace muchas semanas están en el abandono. Ultimamente, salgo mucho. Tengo muchas actividades fuera de casa y no se puede estar en todas partes a la vez. Esa es la verdad.

    Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  3. ¡Ola Bea!!!

    Ben, despois do que comenta Franciska, pouco queda que dicir. Ela ten unha soltura para a conversa que eu admiro.
    E coma ela, dicirche que me encantou o poema adicado a Soutomerille, precioso- e todo o que dentro e fora garda para unha mirada detida, de todos os que gusten visitalo; tamén ese camiño milenario e as árbores centenarios, de unha beleza fantástica.
    Todo o texto e bonito, pois sabes expresar divinamente todo a que te rodea, a túa xuntanza con esa asociación, peréceme marabilloso por todo o que comentas, e alégrame que fagas esas camiñadas que axudan a manter o tipo e, é saudable para todo en xeral, relacionarnos con outras persoas que quizás algúns saben máis ca nos, e fannos a nos máis sabios. Máis ben sei con certeza que a ti non che falla sabedoría.

    E todo un pracer pasar a lerte
    Unha aperta agarimosa, amiga Bea.

    Feliz semana.

    ResponderEliminar
  4. Esto es hacer una excursión de verdad rodeada de naturaleza como la vida misma.
    Buen fin de semana.
    Besos

    ResponderEliminar