Coñecín a Iria nas excursións e roteiros por algúns dos lugares mais emblemáticos de Galiza. Ela era a guía da viaxe ainda que logo sempre había unha guía local para explicar os sitios con mais coñecimento de causa.
Iria é unha rapaza da Mariña de Lugo, da nosa costa, e ademáis de ser unha apaixoada da natureza, das viaxes e roteiros e de facer unhas fotos que merecen ir a concurso, díxome que quería vir pasar un día por aquí, na neve, e que lle dixera cómo estaba a situación.
Eu, ainda non pasara polo punto no que a neve se queda mais tempo, pero prometín, que de camiño a Lugo, ao día seguinte, cotexaría cómo se atopaba o lugar de A Baqueriza, entre o Cádavo e Castroverde.
Cando cheguéi ao alto da Baqueriza, aparquei, como puiden nun camiño cuberto de xeo, e tomei unhas fotos da xélidez da paisaxe que alí se vía. Estaba alucinada! Semellaba estar noutra galaxia! Tiña que chamala, sen demora, e dicirlle que se votara pés para aquí.
Leveime un pouco de desilusión cando me dixo que xa tiña outros plans para o día.
_ Pero, Iria, esto está divino! Nono podes perder!
Seguín a miña viaxe, sen problema algún na estrada e pasei toda a mañá por Lugo.
Cando cheguéi á casa, sobre as tres do serán, recibín unha mensaxe de Iria.
" Ao final, viñemos!"
E seguidamente empezaron a chegar vídeos, fotos..... Quedei entusiasmada cas fotos. Nun dos videos, víaselle cun traxe de neve, vermello, baixando no trineo dende a cima dun prado con neve xa pisada polos que viñeran na fin de semana. Estaba feliz como unha rapariga! E eu tamén me sentín ben leda de que se decidira trocar os outros plans para vir aquí.
Como as suas fotos falan por sí soas, aquí deixo unhas cantas, co seu permiso. Aclaroume que non todas son de A Baqueriza, que fixeron algunha andaina pola Fontaneira, polo nacemento do Návia, e agardo que non se esquecera de ver tamén o Eo!
Remato dicindo que temos un paraíso de lugar no que habitamos os poucos que quedamos por estas aldeas. Que todos eses sitios que menciono son de Baleira. Que estamos orgullosos de ser daquí, de ter estas paisaxes e respirar este aire limpo e frío que alonxa tódolos males.
Son Iria, a rapaza das fotos desta entrada. Como ben di Bea, vive nunha terra ben fermosa que hai que coidar, onde aínda se pode ver o monte galego auténtico. Gracias por esa chamada Bea, porque de non ser por ela os meus ollos perderianse ese paisaxe xeada e nevada tan espectacular, e da que gocei como unha nena (ou pícara, como decimos na miña terra). Voltarei, eso seguro, e nunha desas non pode faltar unha visita. Apertas.
ResponderEliminarA neve a dar origem a fotos fascinantes.
ResponderEliminar.
Cumprimentos poéticos
As imagens são muito belas, mas eu sofro bastante com o frio.
ResponderEliminarAbraço, saúde e bom fim de semana
A foto é belíssima e a moça
ResponderEliminardando graça à natureza a torna
muito mais bonita.
Um beijo e bom dia. (adorei)
Aquele texto, que eu falei
Eliminarcom você, entra amanhã no
meu blog. Não deixe de
comentar, tudo bem?
Um beijo.
A beleza está cerca de nosoutros, hai que saber mirar, cualidade que atesouras, Bea, e que anega este fermoso texto.
ResponderEliminarFalou tudo, Manuel.
EliminarUm abraço para o senhor
e bom ano novo.
Hola Bea. Cuanto tiempo no me conecto por bloc. La verdad es que me encantan las imágenes de esta gran nevada de enero 2021.
ResponderEliminarA pesar de los inconvenientes tan dificultosas, los accidentes en carretera y la gente inmóvil dentro de los coches sin poder conducir por los impedimentos. En muchos sitios tienen aproximadamente un metro y pico de nieve. Así que salimos de un año muy malo, pero ahora nos viene otro con más problemáticas añadidas.
Un abrazo y buen fin de semana disfrutando de la calor de casa.
Grazas a ambas por facernos partícipes, das fermosas fotos de Iria e do fermoso escrito de Bea! Apertas.
ResponderEliminarBoa tarde Beatriz as imagens SÃO MARAVILHOSAS, mais acho que eu morreria de frio, com 15 graus a gente sofre aqui no Rio de Janeiro.
ResponderEliminarSensacionais as fotos, Beatriz! É bem como dizes: parece que estamos em outra galáxia! Meu abraço, amiga; boa semana.
ResponderEliminar¡Qué belleza de paisajes amiga! y qué bueno que Iria decidiera ir a ese lugar y no perderse ese paraíso de nieve y color a la vez. Es lindo tu blog, así que me quedo por acá y te sigo. Un saludo desde Lima Perú.
ResponderEliminarFabulous blog
ResponderEliminarPlease read my post
ResponderEliminarHola Bea. Aquí estoy de nuevo. Todas estas fotografías me he dado cuenta que tienen una gran historia, son preciosas y lo mejor de todo, es que te veo como si fueras una joven de 20 años. Se te ve con alegría... Que divertido, jajajajajajaja.
ResponderEliminarAbrazos y buen fin de semana.
Por que você não está seguindo
ResponderEliminaro meu blog, hein, meu anjo?
Tô triste, sabia?
Um beijo e uma flor pra você.
Hola, Bea!
ResponderEliminarQue feliz tu estás! Y como te gusta passear miesmo con tanto frio y nieve.
Iria foi una joia para ti e te enviou fotos e vídeos.
Yo detesto frio y nieve y no me gusta mucho passear, pero tu não tienes medo do vírus? Cuidado k ya no tienes 20 anos.
Estoy dando aulas, pero julgo que para a semana, as escolas encerrarão. Trabalharemos à distância.
Besos y salud!
Vi alguns posts e gostei do que li. Pelo conteúdo e pela língua usada, que me pareceu galego.
ResponderEliminarJá sou teu seguidor.
Continuação de boa semana, Beatriz.
Beijo.
adoro fotos de neve e estas sao lindas gostei muito bjs saude
ResponderEliminarMagníficas imágenes, un gustazo verlas, con la vitalidad que manifiestas. No sé dónde seguir tu página de blog, pero si lo averiguo, te seguiré :-)
ResponderEliminarUn abrazo, y feliz noche, calla, que ahora lo veo :-)