viernes, 19 de septiembre de 2014

VIAXE CULTURAL




De vez en cando, os que vivimos no rural, votamos en falta o poder darnos un paseíño cultural polas cidades. Alí está todo. Si, está todo pero a un alto prezo, e nono digo polo custo da entrada, senón por ter que aturar a vida de cidade. É, non cabe dúbida, un  cambio un tanto brusco pasar dun meio tranquilo, a outro axitado e cheo de ruído, xente, coches....Pero paga a pena cando se pode disfroitar de algo tan singular como a mostra de refugallos que ofrece SKELETON SEA  nun dos museos de A Coruña. Trátase de esculturas de distintos animais do mar feitos a base de lixo que se atopa nas praias, procedente de cemiterios de lixo espallado e remuiñado nos océanos  e que acada as  ribeiras sen que ninguén o limpe e supoñendo un perigo para animais que se alimentan nas praias como o albatrós. Esta especie está en perigo de desaparecer xa que o alimento que vai parar ás súas crias son restos de basura marítima que é confundida con alimento.


Outra interesante mostra no MAC de A Coruña é a do xaponés Takeshi Shikama, LOS MURMULLOS DEL BOSQUE, e que son fotos que él mesmo revela cunha técnica moi propia e singular, que crea o efecto de seren feitas a carboncillo e que son dunha cor tirando a sepia, como gastadas polo tempo e algo borrosas. Esta mostra é de fragas de distintos sitios do mundo, entre eles, a nosa terra, Galiza.
Hai fragas de Castroverde, de Baleira, de Pol, da Fonsagrada ....
Tiven a oportunidade de coñecelo personalmente na miña casa e sentíame devota a ir ver a súa mostra e rendirlle unha merecida homaxe por ter vido dende o Xapón, a estas aldeas galegas a coñecer a nosa realidade paisaxística e que nós tan pouco aprezamos, mesmo desprezamos, ao querer semiar os nosos montes con árbores como o eucalipto.
Para aprobeitar ben o tempo tamén vin unha obra de teatro de temática actual, e de toda a vida, coido eu, das relacións de parellas casadas, dos conflictos da vida en común e que nalgúns casos levan á violencia doméstica, por desgraza, tan frecuente nos tempos que nos toca vivir.
Deixo algunhas fotos de todo esto e fago balance da miña inmersión urbana con saldo positivo, pois non gastei os cartos todos que levaba xa que unha xaqueca acaboume coas ganas de ir de tapeo.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/05/08/japones-shikama-lleva-mac-murmullos-bosque/0003_2

2 comentarios:

  1. ¡Ola, Bea!!!

    Amiga, fixeches unha viaxe ben bonito pelo mundo da cultura; sempre un museo nos ensina mostras fermosas tanto do antigo, como do contemporáneo.
    Chámame a atención e quedo admirada das figuras que se fan do lixo que recollen das praias.
    ¿O ser humano, non se dará conta do dano que fai tirando o lixo onde non debe? Sendo gratis reciclar... Debe ser a comodidade ou moita falta sentido común.
    Ben amiga, so sinto a xaqueca que nos che deixaría pasa-lo todo o ben que quixeras. Tes razón cando falas de aturar as cidades, os ruídos engrósoos que nos pobos pequenos non hai. So se senten o canto do galo e dos paxaros.

    Ben pois gústome dar un paseo por este espazo cultural e agarimoso.
    Un abrazo e toda a miña estima. Feliz fin de sema.

    Á, creo que vou ir o san Froilán. xa falaremos. Biquiños.

    ResponderEliminar
  2. Jajaja!!... Aquí me has hecho una cierta gracia cuando, por que realmente los extremos, de una ciudad, a un zona rural se nota, nos abruma, nos agobia... Pero se ha de seguir visitando museos, por que es cultura que nos enriquece a nosotros mismos. Me encantaría visitar museos culturales en zona rural...
    Besos

    ResponderEliminar