domingo, 7 de septiembre de 2014

PLUM CAKE

Añadir leyenda
Despois de chegar á casa coas claudias que me regalaron os veciños, pensei qué podería facer con elas. Marmelada???? Non, xa teño dabonda do ano pasado. Comelas tal cal? Un puñadiño, pero todas....!!!
Pensei en inglés e veume a idea do PLUM CAKE, tan común en Inglaterra. Pastel de cirolas. Pois alá me fun a internet á percura dunha receita.
Por se interesa:
EASY PLUM CAKE
150 gramos de azucre
115 de manteiga ou margarina a temperatura ambiente
140 de fariña
1 culleradiña de royal
2 ovos
1 pelizco de sal
Unhas cantas cirolas
1 culleradiña de canela
1 ou 2 culleradas de azucre para esparcir por enriba.
Preparación
Prequentar forno 180 ou gas 4
Bater azucre e manteiga ata que fique mol (coa axuda da batidora)
Mesturar fariña con royal e engadir.
Bater os ovos e un pelizco de sal. Engadir ao anterior.
Engrasar molde de 26 cm ou poñerlle papel forno.
Encher coa mestura e engadir por enriba as cirolas sen pibida e cortadas á metade, coa pel para abaixo. Ir colocando por enriba ata cubrir todo.
Espolvorear co azucre mesturado coa canela por enriba das cirolas e meter ao forno de 40-50 min. ata que salia limpa unha agulla ou coitelo.
Servir temperado.

Probeina para saber se estaba boa e gustóume moito. Nono pensei duas veces, partina en cuartos e leveille a cada veciño que o día de antes me dera algo da súa horta, un cuarto da tartiña. Coido que foi un bo detalle e que estas cousas deberiamos polas en práctica mais a miudo.
Unha maneira de dinamizar a aldea sería, no caso da miña, organizar partida de cartas unha ou duas veces por semana, levar un pastel caseiro ou algo qué degustar, poñer música de baile e mover o esquelete un pouco. Estou segura de que eso serviría para manternos mais unidos e felices.
Outra experencia que me gustóu moito foi o de axudarlle a unha xoven de 91 anos a facer cabelo de anxo na súa casa. Compartir os coñecementos  é unha maneira de sentirnos úteis. A solidariedade da que falaba Malinowsky, tan habitual nas culturas primitivas, debería voltar a formar parte da nosa cotidianeidade.

3 comentarios:

  1. Se ve riquisimo!!!!!!!

    Cariños y buena semana te envio.

    Frase de la semana...........
    "Uno es dueño de lo que calla y esclavo de lo que habla"
    Sigmund Freud

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola, Bea!!!

    ¡Aí que pinta ten esa torta amiguiña!
    Se che entrara eu por aporta... xa non tiñas que repartir cos veciños, non!. Con o que me gustan as larpeirada, non ía sobrar moito para repartir. Seguro seguro que está boísima.


    Sobre ou que comentas dá xuntanza de veciños, paréceme boa unha idea, así sempre se está uns máis preto de outros, que ben pode servir para rir e tamén ás veces lamentar, pois todo compartido e menos doloroso.
    E un pracer lerte, Bea.

    Déixoche unha aperta agarimoso e un bico dúas veces en voo.
    Se moi moi feliz.

    ResponderEliminar
  3. Hola Bea.
    Buenas noches, guapa.
    Solo con la vista, a una se le hace la boca agua. Se ve clarísimo que ha tenido que estar riquísimo este Plum Cake. Seguro que me hubiese chupado los dedos. Tomaré nota de los ingredientes...
    Un abrazo

    ResponderEliminar