viernes, 5 de septiembre de 2014

UN PASEO

Levanteime cansada, como cada mañá. A chegada tardia do verán  fai que as noites sexan bochornosas e o durmir un tanto desacougado entre a calor, as cabilacións e sobre todo, as tarefas que se me votan enriba sen eu poder con elas. Así que decidín empezar co ginseng ao almorzo para ver se me viña a enerxía que preciso.
Despois dun almorzo enerxético e saudábel emprendín a miña aventura coa desbrozadora nova que acabo de mercar nunha tenda de bricolaxe. Xa me daba algo de perguiza abrir o paquete pero por algún lado hai que empezar. Vin que viña moi desarmada. Primeiro lería ás instruccións, libro gordo, pois viñan ata en dinamarqués. Alí atoparía todo o que precisaba para armala correctamente. Pouco a pouco funlle dando xeito ás partes mais doadas como o manillar, a aleta protectora da base.... pero cando intentei axustar a peza onde vai o fio, alí si que demorei e demorei. Non había maneira de configurar esa parte. Por mais que lle daba voltas e mais voltas a tornillos, arandelas e chaves, ningunha traza de que encaixaran. Pasei tempo, era xa media mañán e eu alí, sen darlle no quiz.  Voltei a gardar todo nas bolsiñas e mentras o facía, empezaron a caerme  bágoas imparables que rodaban meixela abaixo e deixei que se desencadese unha boa tormenta emocional para descargar toda a tensión que me producía a impotencia de non saber facer algo nin con manual de instruccións. Sentíame incapaz! Perder unha mañá enteira sen logro algún, con todo o que tiña por facer noutras partes da casa-horta....! Por non falar das lecturas, da calceta, do xantar, das leccións esquecidas xa do xaponés....do paseo matutino coa cadeliña.... En fin, choraba como facía tempo que non o facía. Decidín que o mellor de todo sería dar o paseo con Noa. Ainda coa cara de ter chorado dabondo, atopei a primeira persona ao pe da casa á que saudéi moi de pasada, pois non quería que se notase que estivera chorando. Un pouco mais adiante, paráronme os veciños para comunicarme que onte tivera visita e que non estaba. Mágoa. E eu estivera intentando conectar con esa persona os días anteriores á visita. A telepatía!. Despois andivemos e andivemos e o sol  empezóu a quentar. Abríu o día!. Unha mazá ben feitiña e madura saíu ao paso e agradecín comela. Mais adiante estaban as moras para Noa, que ía morta de sede e eu esquecera a auga, coas presas de sair.. Non faltaron outras mazáns recén caídas con aspecto de podelas comer. Así, fomos chegando ata o outro lado da aldea onde paramos a sentarnos cunhos veciños para falar un pouco. Ofrecéronme leitugas e saín dalí carregada cunha bolsa chea. Seguimos a nosa marcha, entrando xa no corazón do lugar, tamén parei a falar con outro veciño sobre o tema das uvas. Acabóu por ensinarme a súa horta, que eu non vira dende séculos. Todo un verxel escondido e cálido con toda clase de froitas, entre elas, as claudias que caían e cubrían o chán e das que me deu unha boa proba para levar.
E xa, un pouco mais abaixo, entrei saudar a outra veciña e admirarlle as flores. Convidóume a entrar e ofrecíame amorodos da súa horta que estaban na sazón.
Cando cheguéi de volta á casa, non me lembraba para nada da desbrozadora, nen da mañá perdida, nen había rastro de bágoas na miña cara.... Era feliz!




1 comentario:

  1. Ola, Bea!!! Bos días fixeches ben moi ben. Nesas circunstancias non hai mellor cousa que saír de casa e se é en compañía da túa mascota, moito mellor, é o amigo mais fiel. Como te ía dicindo, é bo e saudable saír ata creo que as ideas se aclaran para logo ,hacer as cousas e que saian como un desexa.

    Cada vez que che leo as estas letras, imaxínome esa paraxe paisaxe preciosa onde se respira aire puro; e é un privilexio vivir nun lugar así.
    Está moi ben -encántame esa familiaridade entre veciños.

    É un pracer lerte, encántame este texto e... ben, todo o que pasa pola túa man ten un gran mérito.
    Déixoche a miña gratitude e a miña estima sempre.
    Un abrazo grande e se moi moi feliz.

    ResponderEliminar