lunes, 18 de agosto de 2014

FEIRA DE ARTESANÍA EN CASTRO VERDE

"VIVA CASTRO VERDE" foron as tres derradeiras palabras coas que puxo fin Ricardo G. Polín a un elaborado pregón de gran percorrido histórico e que nos deixóu, polo menos a min,  o sentir de que somos pobo e facemos historia alí onde habitamos.
Dende nena, eu sempre acompañaba a miña nai á feira de Castroverde. Gustábanme aquelas pendellas de pedra e tellado de pizarra, tan acolledoras, que se estendían formando rúas ao longo da carballeira e onde se podían mercar dende telas, lá, cestos, zocas, plantas, pan, queixos e outros productos traíados das casas. O noso meio de transporte era un autobús que tiña primeira, segunda e terceira clase. Pagabas asegún o que escolleras.
Onte, foi un día de lembranza de todo o que o mercado siñificóu dende tempos pasados. Alí había agora unha imitación do que foi. Os postos estaban ateigados dos mais variopintos productos e mostras de artesanía popular, mesmo había de canteiría, de elaboración de tellas, de cesteiría, de traballos en madeira, elaboración de doces, xabóns.... e tamén moda. Cando vin a alfombra vermella pensei se virían os de Hollywood a recoller algún óscar, pero non, tratábase dun pase de traxes e xoias ben levados por unhas modelos que nada tiñan que envexarlles ás profesionais famosas. E seguindo coa moda, chamóume a atención un tipo de mini saia imitando o traxe típico galego e asturiano, coas cores e os adornos apropiados e que xa lle vira a Balbina no concerto do Cádavo. Dinlle os meus parabéns á moza que os confecciona porque me parece unha boa idea. Por qué non seguir vestíndose co traxe tradicional pero adaptado aos tempos?
A feira estaba animada polos  grupos Zuncurrundullo e Cantigas e Frores e mais tarde por outro de estilo jazss do que tomei unha foto.
Impresionóume o discurso do pregoeiro e aprendín un montón de cousas que sabía a medias, que me soaban pero que non tiña ordeadas nen vencelladas á historia deste concello veciño que tanta importancia histórica ten, pois tamén hai un castelo, e unhas covas....e moitas casas grandes.
O xantar, nada mellor nun día caluroso de agosto (tal vez o único que veu así) baixo a sombra dos carballos, arrimada a un deles, no chán, cos pes na terra e apoiada na árbore, era como mellor me sentía, a carón doutra xente que comían nas mesas de pedra.
Non faltaron doces de distintas clases e licor de herbas, café, e,  cómo non, cantigas e mesmo nos puxemos a discurrir algúnhas novas para este Castro Verde de duas palabras.
Rematei o día bailando na praza do Cádavo, onde se celebraba unha xantar amenizado con música.
Foi un día completo que ben poidera ser de outra maneira se non decidira ir alí. Por eso é tan importante tomar a decisión mais axeitada cada día.



6 comentarios:

  1. Boa tarde, inicialmente pensei que fosse a localidade de Castro Verde fosse em Portugal, em todas as festas e não só a aprendizagem é continua, é importante manter as festas tradicionais que fazem parte da cultura do povo.
    AG
    http://momentosagomes-ag.blogspot.pt/

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por deixar o seu comentario. Esta vila está en irmanamento coa vila portuguesa que voçe pensou. Concordo que hai que custodiar a cultura herdada como un tesouro que nos significa, xustifica e dignifica.

      Eliminar
  2. Bea

    El blog de la Abu cumpliendo 7 años en el espacio virtual.

    Gracias por haber sido participe en estos años, acompañando al mismo y muchas de sus 1534 entradas

    Mis deseos para quienes se acercaron, en distintos momentos y sentires, es que vuestro camino se vea iluminado por logros y proyectos realizados, que la Luz los acompañe en el diario transitar.

    Gracias por siempre estar !!!!!!!!

    Cariños

    Abu

    ResponderEliminar
  3. Ben Bea, un día para non esquecer xa máis. Encántame ese lugar verde de campiña con os árbores. Imaxínome a ledicia túa e a de todos que, con agradábel compañía, todo e mais doado.

    Preciosa entrada, amiga.
    Unha aperta moi agarimosa. E a seguir pasándoo ben que a vida pasase nun suspiro.

    ResponderEliminar
  4. Bom dia, agradecido pela sua visita e comentário deixado no meu blog.
    AG
    http://momentosagomes-ag.blogspot.pt/

    ResponderEliminar
  5. Bea...
    En las ferias de Castro Verde yo me pierdo. Me vuelve loca. lo artesanal me apasiona. Me siento encantada cuando paseo por una feria de artesanía.
    Besos

    ResponderEliminar