www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 23 de setembro de 2011

SOA E CANSADA


Cansada e soa, empezo outro treito da miña vida. Aqueles que me trouxeron a ela, xa non están. O seu valdeiro déixame orfa ainda que eu fose a nai nos últimos tempos. Por fin descansan, un xunto ao outro, despois de unha longa existencia que me permitiu disfroitar da sua compaña tanto tempo e de facer que agora, a sua ausencia, deixe un valdeiro tan grande, un silencio absoluto e un desasosego que ainda non me permite o descanso nin a liberdade coa que tantas veces soñei cando nona tiña. As miñas ás están ainda pegadas ao meu corpo, incapaces de levantar voo. Foron moitos anos de sacrificio e obrigas, de ir perdendo de facer tantas cousas, de renunciar a aquelo que conformaba a miña existencia, a miña rutina... que xa non sei se cando intente subirme a bicicleta serei capaz de manter o equilibrio, se é que o intento siquera, por poñer un exemplo. Pero no fondo de todo, hai algo que me libera dun terrible peso, e é a sensación de ter cumprida unha misión, que por nacer, todos levamos potencialmente encomendada. Lei de vida é ser coidados para logo pasar a ser coidadores.
Por esta razón, pasei algún tempo afastada do meu blog e só hoxe aínda atopei forzas para abrilo e ver os comentarios que a xente de ben, foi deixando nél mentras eu estaba ausente. Agradezo esas palabras de alento que me animan a seguir facendo cousas e que sei que serán moitas e variopintas. Cómo, senón, se poden encher estas longas noites que se aveciñan, nun lugar perdido no medio da montaña luguesa, se non se escribe, se lee, se cociña....
Grazas por estar ahí.

6 comentarios:

  1. Bea, te queda todo lo que compartiste con ellos,penas alegrías y un montón inmenso de recuerdos de tiempos felices a su lado. Ademas, ellos estarán siempre a tu lado, pues nadie muere del todo mientras perviva su recuerdo en los corazones de quienes los amaron. Y ese recuerdo estará siempre contigo, lo llevas en todo tu ser y llena tu corazón. Te quedan muchas cosas que hacer y tienes que hacerlas. Ellos tienen que ser y serán tu norte y tu guía, por ellos tienes que seguir adelante. Seguir haciendo todo lo que hacías y de lo cual ellos se sentirían(sin duda alguna) muy orgullosos.
    Cocina , lee y realiza todas esas cosas que te gustan en tus montañas luguesas, pero sobre todo escribe, no dejes de hacerlo, me encanta leerte.
    Amiga mía un abrazo muy sincero..

    ResponderEliminar
  2. Se me olvidaba, una persona que tiene amigos , nunca esta sola..
    Cuídate

    ResponderEliminar
  3. Ola Bea. Síntoo, e sei o que estas a pasar, porque os pais anque sexan moi maiores séntense moito cando se van. Por iso te sentes orfa, pero as de saber saír de este momento, so deixa pasar un tempo para acostumarte a nova situación. Sabes que e lei de vida, todo o que nace acaba.
    Uns antes e outros despois pero todos collemos ese outro camiño que non ten regreso.

    Agora tócache de aproveitala vida a ti. Xa fixeches moito por eles, e estou segura que eles aí donde estean quererán que ti vivas alegre a túa vida.

    Ben amiguiña, haber se nos vemos O Domingo día 9 en Lugo, para darche un abrazo persoalmente.
    Non sabía que tiñas esta entrada non me dixeches nada no correo, senón houbera entrado antes.

    Boas noites Bea. Déixoche moitos bikosssss e a miña gratitude. ¡Vémonos

    ResponderEliminar
  4. Ahh!! Non estás soa estou segura que hay un montón de amigos/as que te queremos. Adiante sempre.

    ResponderEliminar
  5. cheguei aqui pela Marina Fligueira...

    sinto muito pelo momento que estás passando, mas tudo a seu tempo e você ficará bem... entendo bem o que estás passando.

    um beijinho e adorei as postagens antigas com suas poesias e as imgagens dos cachorrinhos, tão lindos!

    Su.

    ResponderEliminar
  6. Sinto moito a falta dos teus pais, moitas veces na nosa vida sintimos cansados, costanos seguir pa diante, pero tes que buscar o xeito de poder, eso seguramente era o querian eles. Mitos biquiñoss

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.