Entre os praceres esquecidos, conseguín subir de novo a miña antiga BH e dar unhas voltas no carril de bici habilitado na miña aldea, que non é outro que unha pista chá, lonxe do perigo da estrada principal, non fose que xa me fallase o equilibrio, despois de tanto tempo sen montarme nela. Era a media mañá, facía un sol morniño e un ambiente tan outonal deste longo verán de san Martiño, que era luxo sentir o vento envolvéndome e convidándome a embriagarme dos arrecendos dos prados, maceiras e todo o que quedaba ao meu paso.
Detrás, seguíame, incansable, a cadeliña Noa, que por non desairarme, acompañábame a tódalas voltas que daba, carreira vai, carreira ven, un tanto dubidosa do meu sano xuizo, posto que nunca me viu subida na bici dende que estamos xuntas, e eso vai facer dous anos.
Despois do entreamento, xa me animo a rutas mais duras e sempre coa colaboración de Noa.
Hoxe, tamén despois de un ano longo, voltei de novo a facer sendeirismo. O de hoxe, pode decirse que foi escalar rochas a pé de do río Ulla, todo pola súa mesma veira, un treito dunhos cinco kilómetros sen tregua de pedras e mais pedras.
Non esperaba encontrar madroños en plena producción. Subíamos polas súas ramas para alcanzar os coloradiños froitos, que a decir verdade, quedaban mellor na árbore, pois nonas atopei dun sabor tan agradable como para debecer por eles. Maduriños sí que estaban e había para dar e tomar. Ditosos os esquios que por alí moran!
Apenas pisamos un metro de asfalto. Despois das pedras, ainda subimos por un carreiro de monte, onde os cazadores facían a súa presencia a xuzgar polos tiros que sentíamos a carón e ata lles berramos para avisar de que pasabamos por alí un fato de bosquímanos, que non corzos!
Chegamos ao castelo de Pambre. Alí agardábanos unha guía que nos foi comentando e ensinando o castelo tanto por fora coma por dentro.
A comida, ben merecida, tivo lugar nun restaurante todo de madeira, onde xa comeramos outra vez cando faciamos o Camiño. Penso que o menú foi o mesmo e ainda que fose, sabía a groria!
Así remataba un día, de traxecto curto pero intenso; doce quilómetros en total pero con dificultade tirando a alta. Non estaba para calquera! Valeu a pena aventurarse e coñecer de cerca, os recobecos do río, as formas diversas das pedras por onde discorre, formando pequenas fervenzas, pozos, lagoas onde se pode nadar, remansos e rápidos, sempre acompañados do seu armonioso soar, de rio atarefado, que non se durme nos laureis, senón que traballa noite e día para levar as súas augas a lugares mais sosegados onde rendirse ao mar.
Sinto que o noso ritmo fose tan apresurado como o do río, pois era lugar para ir devagariño, entreténdose coa paisaxe que ofrecían as pedras de diversos tamaños e formas e mesmo darse un baño nas súas augas.
Ruta para facer en tempo seco pois os resbalóns que podía haber nas pedras molladas podían ser
motivo de mais de un disgusto. Non pasou nada a pesar da dificultade do terreo ou a destreza dos seus sendeiristas!!!
Caramba bea, ya me gustaría hacer ese recorrido que nos describes,,,ademas ese riachuelo me tienta. En el debe de haber unas magnificas truchas a las cuales pescar (desde luego, para soltarlas de nuevo). También vives en un bello entorno, lleno de paz y sosiego y eso me alegra,,,
ResponderEliminarDoce km es una gran distancia para recorrerla por las orillas de un rió. yo camino mucho cuando ando de pesca y se la dificultad que entrañan estas caminatas.
Un abrazo Bea. Cuídate muchisimo.
Querida amiga
ResponderEliminarHá lugares
que o coração
chega antes de nós...
Que os sonhos te habitem
o coração, sempre...
¡Hola Bea!!!
ResponderEliminarCarambiña que marabilla de paisaxe e o río... fermosas as pedras e peñascos, e o sendeiro a par do río tamén. Un día de ledicia outonal con as arbores de variadas cores, respirando aire puro.
Alégrome mito que comeces a disfrutar de toda esa beleza, de todo que te rodea e algo máis tamén, telo ben merecido.
Oes Bea, ¿é que son os eses froito que lles chamas mándollos? ¡Haber se teñen outro nome!
Ben, xa volverei noutro momento, agora teño que preparar algo de comer.
Alégrame saberte ben. Un abrazo moi agarimoso. Se moi feliz
Hola Bea, encantada de conocerte.
ResponderEliminarVengo del blog de mi amiga Marina Filgueira.
Me han encantado tus fotografías y post.
Biquiños, Montserrat
¡Ai Bea! Que gusto andar en bicicleta por aí sen perigo de coches. Tal como o explicas, estou- te vendo envolta en ese airiño morniño e mimoso pedaleando e gardado o equilibrio. Iso e un disfrute de luxo. E con Noa de carabina, facéndoche garda por si as moscas... Alégrame que fagas ese deporte que e moi bo para que os osos non se oxiden. E tamén favorece a musculatura.
ResponderEliminarBen pois xa me vou para a cama que mañá teño que madrugar para ir tamén a facer ximnasia. Un abrazo grande e boas noites. Se feliz.
Ola Bea, Entro outra vez para dicirche ou mellor preguntarche, ¿Porque entras con anónimo? Un abrazo moi agarimoso. Ata logo.......
ResponderEliminarEntro con anónimo porque algúns blogs non me permiten entrar coa miña conta de google, como no caso de Montserrat, que é imposible respostarlle.
ResponderEliminarApertas
Bea
Ben Bea, pois logo o final do comentario, pos o teu nome! Bea Vidal. Vale -Wuapa.
ResponderEliminarBiquiños e ata logo.