www.leriasdebea.blogspot.com
Translate
sábado, 29 de outubro de 2011
CATEDRAIS
"Non hai sábado sen sol nin mociña sen amor", eso se rumoreaba cando eu era moza pero co cambio climático.... ainda que hoxe, este sábado do final de outubro, comportouse como un auténtico sábado con amor. Miles de "namorad@s" da natureza, de Galiza, dos seus amores, das rutas turísticas, das pontes, das cámaras, do mar.... apareceron polas Catedrais da nosa Mariña, como pola Gran Vía de Madrid ou polas Ramblas de Cataluña. Aquelo era un bullicio de xente vestida "de calle", sen bañador, con botas de auga ata os xeonllos, armados de cámaras de todo tipo, percorrían a praia, coa marea baixa, deixando ao descuberto as marabillas das pedras labradas, perforadas, con ventanais e portas e laberintos nos que perderse e atoparse, con verdadeiro entusiasmo e mesmo presa, porque a marea subía e aquelo era efímero, tiña o tempo contado, ou andar lixeiros para coleccionar todos os rincóns insólitos e cobizados para unha boa foto que logo se explotará como cada quen queira. Algunhas serán motivo de creación de cadros pintados sobre todo tipo de material. Había postos de venta ambulante con imaxes das catedrais sobre cristal, logrando efectos de transparencia e profundidade, pintados cos dedos....
Semellaba que unha chea de coincidencias reuniran alí a tanta xente, atraída pola bonanza do día, pola marea baixa, polas vacacións....O raro é que souberan de todos estes datos anticipadamente. Secadra, o meu, so foi coincidencia. Un agasallo da Natureza.
Diría que hoxe, descubrín as Catedrais. As outras veces, ou facía frío, ou non se podían ver todas, ou non se ofrecían ao visitante, como o facían hoxe, expoñendo todo o seu engado cheo de luz e trasparencias, ou eu que non me interesaba dabondo, polo que fose, por telas tan perto, por non sentir que fosen catedrais, mesmo santuarios, con altares baldeiros, de santos que emigraron. Parecían un conto daqueles que lía cando nena, de paraxes estranos, cheos de dragóns e pasadizos enfeitizados polos que se perdían os bos e os valientes.
Para ser feliz, dabonda co que nos rodea, se sabemos aprecialo e velo cos ollos que ainda saben admirar o que miran.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
U bello lugar, estuve solamente una vez con mis primos pero me encanto. Veníamos de un viaje de Gijon (Durante unos años vivi allí, y siempre hacíamos el viaje por la costa) parábamos mucho a tomar algo y estirar las piernas por la zona de Ribadeo Y Begadeo(Donde el marido de mi prima tiene familia). No habia visto nunca una playa con estos pedazos de roca y las figuras que forman. Es un paraje impresionante y lo que tu dices es cierto,me refiero a que en las rocas,se forman múltiples y distintos colores y matices, que te encogen el alma.
ResponderEliminarSi todo va bien, tengo intención de pasar, un par de días por el lugar.
Gracias Bea, por el paseo tan bello que nos diste.
Un beso.
Cuidate.
¡Hola Bea!!!
ResponderEliminarUna bela entrada felicidades, e estas tamén van por ti. Que sorte verdade, poder pasar por ese lugar de encanto ¡ou encantado! Porque parece incrible que as rochas poidan ter a figura de catedrais.
O día estaba ideal para facer unha excursión ata ese roncón máxico
Ben pois gracia por compartir con todos nos, o teu día feliz por eses paraxes de ensoño .
Xa entrarei noutro instantiño. Agora vou para cama que xa se cerran as persianas.
Un abrazo grande e se moi feliz.
¡Hola Bea!!!
ResponderEliminarDe novo paso a saudarte e comentar un instante más esta entrada deliciosa.
E verdade que temos na nosa Galicia verdadeiros tesouros que alimenta a mirada -do visitante. Tanto que veña de fora, como de aquí do interior da nosa terra.
estou totalmente de acordo con estas acertadas palabras túas.
Para ser feliz, abunda co que nos rodea, se sabemos aprecialo e velo cos ollos que aínda saben admirar o que miran. perfecto.
Quizá moitos non o saibamos... Eu estiven aí nas catedrais por dúas veces, hasta me parece que algunha referenda fixen sobre o lugar.
Tamén estiven na cascada da toxa, que un xoia para soñar deserta. Non a toxa das Rías as baixa, senón outra que está. En.....
La ruta parte de Silleda en dirección a Bandeira, púelo situado en el centro de Galicia por donde pasa la ruta de la plata hacia Santiago de Compostela, uno de sus atractivos es la fiesta de la empanada durante el mes de agosto.
Esta tamén e unha xoia para soñar.
Un abrazo Bea. Se moi feliz. A ver se mañá che mando a foto inclusive podes facer unha pequena entra. Máis a diante.