www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 19 de novembro de 2011

ILLA PANCHA




Quen pasa un día bo, nonos pasa todos malos. Descubrir novos lugares onde pensabas que xa os viras todos, é unha sorpresa que nos depara o destino, o noso percorrer sen rumbo, seguindo os trazados que nos guian ata eses rincóns escondidos.
Hoxe, fuches tí, Illa Pancha, que descansas tan pancha como se as olas de dimensións xigantescas, non foran contigo. Manteste ahí,dende tempos inmemorables, co teu faro, coa ponte indiana que te une a terra firme. Déixaste bañar por montañas de auga branca, onde se perden, diminutos, os surfistas atrevidos, e non che importa a intemperie, nin os ventos do nordés, peinando as ondas do mar sobre a tua face.
Eres abrigo seguro no inverno para quen gosta de praias escondidas e protexidas onde tomar o sol sen sentir a friaxe do mar aberto.
Como exploradora que pon pé por vez primeira en terra descoñecida, sentín que atopaba o lugar ideal, a illa deserta, o lugar ao que desexo voltar unha e outra vez.
Quen pensa que xa nada queda que descubrir....equivócase. Cada quén descubre para sí, aquelo que para outros xa non é un segredo.
Grazas por estar ahí, por deixarte descubrir para min.

3 comentarios:

  1. Hola Bea,,,
    Es un sitio bellísimo.. pequeñito pero matón. Tiene un encanto especial, para mi ..ES esa isla en la que siempre soñé vivir siendo un farero..(seguro que son reminiscencias de leer a Verne)pero es cierto, siempre tuve ese sueño..que nunca pude cumplir,, quizás por nacer demasiado tarde.Es en Galicia ..? Supongo que las visitas diarias estén sometidas a un determinado numero de personas..? Seria lo conveniente, puesto que la educación"ambiental" de muchas personas deja mucho que desear,,
    De veras Bea, una linda entrada, y unas bonitas fotos.
    Un beso ..

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola Bea!

    Felicidades por esta entrada tan bonita, ¡Que a min me parece que ten moito de prosa! E todo un pracer léela. Encántame.
    Vaia illa fermosa, como para quedarse na paz das brancas olas e esquecerse do resto do mundo, contemplando a inmensidade do verde mar.
    Gracia amiga, por compartir tanta beleza connosco.
    Un abrazo inmenso. E se moi feliz.

    ResponderEliminar
  3. Querida amiga

    Há lugares
    que o coração chega
    muito antes do olhar,
    e engravida com tanta beleza...


    Que a alegria
    faça folia
    em teu coração.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.