www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 24 de maio de 2017

POLA MARRONDA

Quedara con Jesús e seus amigos ás dez xunto a fonte do Eo. Alí estaban puntuales e coa mesa posta: unha relucente empanada que falaba por si mesma, unha bota de viño e planos ou carteis que configuraban o escenario para un día de roteiro pola Marronda en plan light (coche/a pé) porque o día apresentábase caluroso e non era plan facer a ruta a pé e sen ter quen nos recollera ó final.
Entón, puxen en marcha o meu plan, de guía nata, e sabía que sairía ben.
Fomos no coche ata unhos douscentos metros da fonte e xusto ó cruzar o río aparcamos para achegarnos ata a aceña que fora da casa de Cuenzas, a mais rica da aldea, casa de médicos, con biblioteca e xardín inglés e zona de servidume e de señorío e hoxe desaparecida quedando só unha palleira e a casa do forno ó outro lado da estrada. A aceña consérvase ben pero está rodeada de maleza que cubre o sendeiro que noutrora fora un dos meus favoritos para ir soutar ou escoitar o río, ou, cando nena, acompañar a miña nai a lavar a roupa e eu subirme ás paredes e penas que por alí había. Un amieiro caído, fai de ponte sobre o río e unha pequena fervenza. Alí está ainda a presa e comporta de antano. Mágoa que esa zona non se limpe e poida ser visitada.
De alí, en coche ata Sampaio, onde vimos outra aceña, a de Serra, que ten unha seimeira bastante alta e con auga case sempre que forma unha cortina ao ancho do río.
Seguimos ruta en coche pasando pola aldea, vendo a antiga escoliña onde eu din aulas sustituíndo unha mestra. Logo de pasar Sampaio e nunha curva sinaleilles o carreiro para ir a unha fervenza moito mais grande onde se xunta o Eo co río de Cubilledo, pero non fomos porque había que atravesar prados que podían ter auga e había que levar o calzado apropiado.
Pasamos Esgrade, onde so quedan dous veciños. Unha con gando.
Dende alí a vista é amplia e pódense ver todos os montes a redonda, deixando a Villauriz alá na cima e vendo parte de Cabreira no fondo.Despois de Castrelo, aldea de bastantes casas onde so queda unha persoa, chegamos á Espiña, onde naceu meu pai. Alí hai duas casas. Unha delas habitada en vacacións. A de meus avós, semiabandonada, cun hórreo ben conservado, que fixera meu pai.
Deixamos a Espiña e xa nos adentramos pola Marronda cara a Martín. Alí deixamos o coche e fomos andando ata a área recreativa da Cortevella, (tres quilómetros). O río Eo fai alí un meandro perfecto con sendeiro para percorrelo todo. É unha zona moi visitada sobre todo no verán. A xente leva merendas e fai barbacóas, incluso se bañan. Ten un muíño ao lado, un hórreo que levaron para alí, e poden verse unhas construccións circulares onde se gardaban as castañas.
Os meus compañeiros fixeron unha boa reportaxe fotográfica que vou empregar aquí para ilustrar o texto.
Voltamos a pé ata Martín e logo subimos en coche ata a Muíña. Pensabamos subir ata un mirador con antenas ao que se vai dende A Braña, pero xa se nos facía tarde para xantar. Insistín en que foramos ao Portugués, que está ao baixar a Baqueriza indo para Castro Verde. Alí dan xantares na mesma cociña e é un sitio moi concurrido que ata hai que esperar para sentarse á mesa como se chegue despois das dúas.
A comida foi boa e con bo viño de colleita caseira, e pan e todo caseiro.
Despedímonos coa satisfacción de ter pasado unha boa mañá percorrendo a Marronda en plan rápido e fácil como primeira incursión para, logo, mais adiante, facer un roteiro completo a pé.
Coñecín xente nova e paseino ben facendo de guía, que é o meu!

luns, 22 de maio de 2017

O CAFÉ DAS ONCE

Unha mañá de pouco madrugue, co sol xa filtrándose polas xanelas ata facerme sentir culpable por estar tanto tempo na cama. Desperdiciar a mañá que convida a votarse fora con Noa e camiñar antes de que a calor lle saque a lingua de fora.... Dicía un refrán: quen se levanta tarde, nen oe misa nen come carne! Todo parece ir mais lento ou nos afanamos por recuperar ese tempo perdido, que non é tal, pero que semella. Os deberes do día: colar o purín de ortiga, facer unha empanada de polbo....Chego con certo retraso ó café das once, que muda para as doce pasadas. Cada vez utilizo cousas mais pequenas: do arcón conxelador, paso os caixóns do combo; da cafetera grande, paso a esta mínima que estaba aparcada e non sabía qué uso darlle. Agora é a miña favorita e ademais tomo o café mais quente. Tanto é así, que estou cavilando en habitar só unha estancia da casa na que teña todo á man! Será que nos imos preparando para cada vez menos espacio ata quedarnos só con nós? Así imaxino que é a vida ermitaña, como a de Man, que nin siquera utilizaba a roupa porque lle era suficiente con un mínimo taparabos! Non sentía frío!
Mentras se cociña a empanada probo a entrar no meu blog. Imposible. Dende hai unhois días teño que buscalo con lupa por internet adiante e a maior parte das veces sen resultados. Xa non é o que era! Acabouse o doado. Agora hai que entrar nos entremados da rede esta que me tolea, ás veces e que me fai traballar as neuronas, (algo debe ter de positivo) ata deixarme exhausta! Agora toca por en funcionamento a nova fumigadora para votar o purín de estrugas ás plantas. Pero antes, xa repasei tódalas patacas que tiñan escarabellos e xa puxeran os oviños laranxa que destruín con minuciosidade ata que non quedara folla sen repasar. Esto é o cultivo ecolóxico? Pois imaxino unha leira de ferrados con esta técnica de destruir plagas sen contaminar o meio ambiente! Traballo de xente que non ten mais qué facer! E por se fora pouco, o ataque das xeadas que as deixóu secas e agora recuperándose e co escarabello enriba..... e patacas francesas de selección, supostamente estupendas e caras!!!! Para mais, tamén as cebolas sairon "rana" guirilan antes de se criar! E eu, vendo qué se pode facer con eses xermolos tan lozanos que rematan en cofia! Non será ano de cebolas para mín! Case é para desanimarse de ter unha horta! Demasiadas plagas! As alcachofas con pulgón negro que parece que aniñou a noite nelas! As cenorias non saen por mais que insisto! Algo haberá que vaia ben!


Cando menos, a empanada ten boa pinta e ainda non acabou de facerse. E xa vai sendo hora do xantar pero antes haberá que sair a camiñar para que a mente se distraiga de tantos atrancos que me saen ó paso. Só cando estou na natureza, logro que as cousas encaixen  e se libere a mente para deixar espazo a novas ideas que son mais acertadas. Un bo solucionario de problemas! O pensamento zen, digo eu! Igual que librar espazos nas casas, que están ocupando inutilmente e qué difícil resulta desprenderse de todo ese lixo! Algo hai, que xa forma parte da nosa existencia e que desprenderse é como quitarnos un trozo de nós mesmos! Pero hai que facelo, deixar sitio para que se renove ese andamiaxe que nos sostén a base de lembranzas. Demasiado pasado pesándonos enriba!

mércores, 10 de maio de 2017

TURISTA EN MALLORCA

Covas de Drach





Foto de cortesía na casa da Gran
Necesitaba facer un último intento de inmersión nun resorte turístico para darme de baixa destas viaxes. Mallorca foi quedando para o final. Eu sempre fun de illas. Sobre todo da miña illa, que xa case atopei! Se quedóu para o final, por algo foi! Nada que obxectar da viaxe. Un hotel noviño, do trinque, a estrear, despois dunha reforma profunda. Ben ubicado, perto praia de Palmanova, cunhas vistas sobre o mar e montaña e sobre a piscina do mesmo hotel que non deixan que desexar, pero aínda así, non deixaba de ser un lugar turístico cos seus prós e contras e a min estes lugares xa se me fan difíciles de soportar, por moi ben que se estea neles.
Apunteime a case todas as excursións organizadas para poder coñecer outros lugares interesantes desta fermosa illa. Todos eles masificados xa a comezos de temporada para canto mais no meio do verán. Deixo unha reportaxe fotográfica con comentarios porque sería longo narrar cada percorrido.
O tempo foinos favorable e permitiu unhos cantos baños rápidos e paseos polas praias.














 

Covas de Hams

Situadas en Porto Cristo son coñecidas polas suas estalactitas e estalagmitas en forma de anzuelo que dan nome a cova. Descubertas por D. Pedro Caldentey no 1905 foron as primeiras abertas ó público en España no 1910. A sua artística iluminación en tonos verdes, blancos, vermellos e azuis foi realizada polo fillo do seu descubridor. Ten un lago subterráneo "Mar de Venecia" onde se ofrece un espectáculo musical "Magical Mozart".






No mirador do norte da illa. Ó fondo, o Palomar




Casa invertida en Magalluf

Port de Sollér onde collemos tranvía a Sollér.



Pollensa, vila amurallada, onde me perdín!!!!



Inca, vila de peles e calvario.


Visitamos Valldemossa, vila que tivo que ver con Chopín e George Sand, xa que alí se hospedaron en varias ocacións nun mosteiro dos templarios. Nesa zona tamén hai un pazo que pertenceu a un archiduque e o que foi Sisi emperatriz de visita. Percorremos o val dos amendoeiros en tranvía ata Soller dende onde voltamos en tren ata perto de Palma. Este val é moi fértil e danse moi ben laranxeiros, limoeiros e oliveiras. Vai pola falda do cordal Tramuntana que se estende unhos 90 quilómetros ao longo da costa oeste. En Manacor podemos ver as casas de Rafa Nadal e o seu iate mais azul ca branco. Na Granxa podemos ver unha casa antiga que fai de museo etnográfico e onde elaboran buñuelos de pataca que están para comelos!
O destino era Palmanova, zona turística hoteleira no suroeste de Palma.




                                                                         Praia de Palmanova, xunto hotel. 

                                                                             




Fachada catedral de Palma