www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 17 de decembro de 2020

AS MIÑAS RAÍCES

 


Un día para non quedar na casa. O sol xa se deixou sentir de mañanciña. Collín os meus bastóns de marcha nórdica, aclaro, e fun polos mesmos sitios de sempre pero con outros ollos. Esta vez, como tantas outras, reparei con mais interés nas casas das miñas raíces. So distan apenas medio quilómetro unha da outra. Nelas viviron os meus bisavós, pero non xuntos. Meu bisavó, quen namorou miña bisavoa materna, posiblemente no monte, mentras atendían as facendas. Ela de bo ver e con voz moi cantareira, foi engaiolada por aquel mozo, de casa rica, quén xa tiña compromiso noutro sitio, e así, aconteceu que miña avóa fora filla de nai solteira. As familias sempre se mantiveron en boa relación. Netos e netas do bisavó apadriñáronnos a min e mais unha prima. Eran de nai mexicana.

Hoxe, ao pasar por xunto a estas casas, a de meu bisavó, deshabitada dende case medio século, ainda se mantén en pé. A da miña bisavóa está habitada e ben coidada.

Síntome ben entre as miñas raíces. Cando paso polo cemiterio podo ver alí as lápidas cos seus nomes e datas. Todo isto por parte de miña nai. Meu pai foi nado noutra aldea da montaña, un pouco mais alonxada pero non moito. Tamén a casa co hórreo se conservan ainda en pé pero ninguén vive alí. 

Eu  tardei moito tempo en saber estas historias. Daquela non se contaban porque eran como algo deshonroso para a familia, a pesares de ser tan común. Cando me enterei, non lle din apenas importancia pero, hoxe, sinto que me gusta saber quén foi meu bisavó, ainda que se portara algo mal non casándose ca miña bisavóa pero tamén, se ben o penso, igual foi mellor así.  Secadra non eran a parella desexada un do outro. 

É un previlexio vivir onde se nace. Formas parte da paisaxe, da historia e eso da forza. Saber que irás parar o mesmo sitio onde os teus devanceiros están soterrados. É como reunirse a familia outra vez.

Cando camiño por estes vieiros, é como se me acompañasen as almas daqueles seres queridos. Non poden terse ido de todo, sen mais. Pensar eso, é un recurso para non sentirse só, para ir sempre na compaña dos teus. 

Espero que a casa na que eu nacín, non caia en saco roto e saiban conservala con todos os recordos do pasado que nela hai, porque a historia continúa e da sentido ás nosas vidas. Saber de ónde viñemos ainda que non saibamos ben a ónde imos.




16 comentarios:

  1. Sempre pasa, cando podíamos preguntar sobre o noso pasado, non temos interés...e cando nos pica a curiosidades xa case non temos a quen preguntar...

    ResponderEliminar
  2. Antigamente havia muitos casos assim. Minha avó paterna nunca casou com meu avô. Ela foi casada, o marido foi para o Brasil deixou-a com duas crianças pequenas e nunca mais deu noticias. Vivia com muita dificuldade e acabou amante do senhorio da casa. Dessa relação nasceu meu pai. O meu avô já era casado, a minha avó também embora nunca mais tivesse tido noticias do marido. Mas naquela altura não havia divorcio em Portugal.
    Abraço e saúde

    ResponderEliminar
  3. Respostas
    1. Agradezo sua visita. Ja vi seu blog. Imposible deijar comentario.

      Eliminar
  4. Passando, lendo, elogiando e desejando um Natal muito feliz e um Ano Novo muito próspero.

    Saudações amigas.

    ResponderEliminar
  5. ¡Bea,bos días reiña!

    Que rato máis bonito pasei lendo este lindo e interesante post que compartes con todos os teus lectores.

    Si, e importante saber de onde vimos, é a onde vamos, a historia que contas e a realidade de tempos pasados onde todo era deshonra e nada era honesto. Menos mal que as cousas lentas si, pero foron cambiando.

    O amor non ten fronteira, antes, agora, e sempre, e tamén quizais saíron de eses amores próvidos e outros de abusos de poder sexual por parte dos terratenentes... Nasceron boas xentes que foron mellorando algunhas cousas no tempo.

    Aunque cambiaron moitas cousas, hai moitas que seguen vixentes, como o machismo e o poder .

    Un abrazo e bendicións para estas festa e sempre.

    Un luxo lerte.






    ResponderEliminar
  6. Interessante texto, belas imagens! Meu abraço, amiga, e meus votos de um Feliz Natal para ti aqueles a quem amas! Boa semana.

    ResponderEliminar
  7. Sei que este ano não foi fácil para ninguém, apesar disso desejo-lhe que o seu Natal seja festejado com Amor, Saúde e Paz.
    Abraço e saúde

    ResponderEliminar
  8. Agora, só para desejar um Feliz Ano Novo, amiga! Meu abraço.

    ResponderEliminar
  9. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  10. Ir polos sitios de sempre con outros ollos...

    ... Vivir onde se nace dá forza...

    ...saber do pasado...

    Son algunhas das ideas que me gustaron, dun texto do que saen bolboretas que debuxan perfume no ar....como sempre.

    ResponderEliminar
  11. Sublime, encántame moito esta historia e a maneira que tí, Bea tes de trasmitíla, grazas por compartirla con nós, sintome identificada con ela, será que os ancestros tiñan maneiras parecidas de facer, a historia dos meus maiores non é igual pero ten parecido.
    Aperta Bea!

    ResponderEliminar
  12. Hola Bea, siento no haber podido escribir antes. Precioso relato de tus raíces que también son las mías y de las que me siento orgullosa. Un gusto que a pesar de tener diferentes bisabuelas tengamos relación de años, especialmente a través de tu madrina, mi madre, y que compartamos la sensación de pertenencia a un lugar que en mi caso está lejos pero no del corazón. Un beso grande y sigue escribiendo, eres una especie de Rosalia en Fonteo y es un placer leerte!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.