www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 13 de xaneiro de 2020

Por terras de Mondaríz




Empezar o ano 2020 cunha viaxe é unha boa decisión! Esta vez o madrugón foi algo mais grande debido a distancia que hai dende o meu lugar ata Mondaríz, en Pontevedra, pero pagóu a pena. Eran mais das once cando voltei á casa. Lua chea acompañando!
O primeiro que fixemos ao apearnos do autobús foi evitar que unha vaca, que campeaba polo medio da estrada, causara un accidente. Debe ser unha vaca algo orientalista,ou desorientada!
Alí comezamos a camiñada seguindo o río Tea, afluente do Miño que descorre pola comarca do Condado en Pontevedra. Un río de ampla cama e pouca fondura, que case pode ser atravesado sen que a auga chegue aos xeonllos, ainda que ten lugares nos que nos poderíamos incluso bañar. De feito, conta con varias praias ao longo do seu percorrido, algunhas das cales nada teñen que envexarlle as praias de auga salgada. Atopamos varias pontes, unha delas romana, a ponte de Cernadela, na que rematamos o cortiño percorrido e aproveitamos para facer fotos e pasear por ela, cos seus cantos irregulares no chán que a fai ainda mais interesante.
Algunhas personas do grupo, ían tan encantadas ca andaina que se pasaron moito da ponte na que acordaramos rematar. A verdade que co día solleiro que facía, despois dunha fría mañá de xélida paisaxe, apetecía camiñar pola veira do río, escoitar o seu pulso apurado, a veces, e vagariño outras.
Tivemos ocasión de ver fervenzas espectaculares no lugar da praia, con merendeiros, con area abundante e sombras que no verán fan do sitio un lugar de lecer con chiringuito e todo!
Dende alí, dirixímonos ao castelo de Sobroso,, que está nun lugar moi elevado. Chámase así porque alí había moitas sobreiras. É un castelo medieval, ben macizo e asegurado, ainda que tivo épocas de abandono e mesmo destrucción. Alí a raíña Dona Urraca foi cercada polos partidarios do seu fillo e tivo que buscar refuxio en Compostela. Di a lenda que foi polo pasadizo que comunicaba o castelo co río Tea.
Fomos benvidos con chocolate que elaboran artesalmente para este castelo, no que hoxe hai mostras de vestimenta de roupa interior de época e unha pequena tenda na que se poden mercar produtos da bisbarra.
Sentindo xa algo de fame, ainda que ben mitigada polo chocolate que acababamos de engulir, dirixímonos ao restaurante onde xantamos, perto a Mondariz.
Logo de ben xantados, con viño do Ribeiro e Mencía e café con gotas, xa só nos quedaba a visita estrela: unha inmersión de duas horas nas augas do Balneario, que foi dos primeiros de Galiza, pioneiro no termalismo, hoxe o mais grande da nosa terra e por onde pasaron persoeiros como Emilia Pardo Bazán, Castelao e  mesmo a raíña Isabel de Portugal. Algúns dos edificios que compoñen  este complexo foron, no seu día, hospital. Forma o concello de Mondaríz-Balneario e tivo moeda propia.
Dos poucos balnearios que coñezo, éste é un dos que mais me gustóu polas suas características de  saber combinar a antigüedade coa modernidade.


 Nunca estiven en Karlovi Bari pero , despois de ler a Milan Kundera, imaxineime un lugar así, como éste de Mondaríz.
Duas horas que combinei co disfrute das piscinas, dos jacuzzis, das correntes que te arrastran, das fervenzas e chorros, das pozas de auga quente e fría, das saunas turcas e das secas, e do relax das hamacas para darlle repouso ao corpo antes de sair do lugar.
Non podía faltar un chocolate quentiño acompañado de tarta de Santiago, na cafeteiría do hotel, cun camareiro ben atento, que ata non cobrou a tarta.
Haberá que voltar alí para unha estancia algo mais longa e deixarse levar polas correntes que nos levan arredor como a peixiños nun acuario!

8 comentarios:

  1. Non lle faltou nada á túa viaxe, Bea!. Natureza, con vaca e todo, a beleza do río e o seu entorno, o castelo, con historia e bo chocolate, o balneario e o concello de Mondariz balneario, que atraiu a xentes como a Pardo Bazán ou Castelao, todo narrado con moitos recursos literarios e fiando con Kundera. Un fermoso relato, que, como todos os do teu blog, amais de entretidos e interesantes, ten un fondo espiritual, un humanismo que asolaga o texto enteiro. Parabéns pola viaxe, alégrome que o pasaras ben, e grazas por contala.

    ResponderEliminar
  2. Bonito passeio, amiga. Obrigada pela partilha.
    Abraço

    ResponderEliminar
  3. ¡Ola, niña miga, que boa maneira de comezar este 2020! Alégrame que goces todo o que podas, pois o tempo pasa moi de presa.
    Lin e relín o texto e paréceme precioso cheo de encanto, unha xoia literaria, unha prosa linda e social. E todo un pracer.
    Un percorrido precioso por variados lugares onde recolles o máis belo que visto cos teus ollos, sabes transmitir con perfección cada lugar e cada detalle. Felicidades.

    Mondariz e moi lindo, eu tiven a sorte de visitalo algunhas veces con excursións de Darío Viaxes, témolo pasado tan ben, que non hai palabras para expresalo.

    ben, pois ata outra momento, gracias por o teu ben facer que deleito os sentidos.
    unha aperta moi grande, e bicos moitos.

    ResponderEliminar
  4. Mil gracias amiga, boas noites e feliz descanso.

    ResponderEliminar
  5. Hola, Bea!

    E começar 2020 a passear, nada melhor! Tus passeios son maravilhosos y as tuas descrições também. Ficamos a saber tudo.

    Que lindo lugar esse, que não conheço, mas tem uma ponte romana e um balneário, mistura do antigo com o moderno e muitas mas cosas.

    Duas horas de piscina, massagens y tudo a que tens direito é muito bom e um chocolatito quente e uma tarta de Santiago, gratis, ainda é mejor.

    Besos e buena semana.

    ResponderEliminar
  6. Querida Beatriz.
    Gracias por tus palabras.
    Me gusta mucha con que gran energía has empezado el año.
    No hay nada mejor que visitar un balneario de Pontevedra. Me alegro que lo hayas pasado bien y disfrutado.
    BESAZOS!!

    ResponderEliminar
  7. Pena de non ter coincidido, pero xa será.
    A verdade, que é pra estar orgullosos por todo o que nos rodea, todo o que temos que é de valde, so temos que coñecer e disfrutar. Espero que cando veñas a próxima vez poidamos disfrutalo xuntas, iso e máis que temos.
    Grazas por partillar a túa vivencia na miña terra.
    A ponte de Cernadela tamén é un ben común que temos. Apertas queridiña.

    ResponderEliminar
  8. Mulleriña aventureira e boa reporteira. Xa case Non preciso facer a camiñata; co que ti me contas, é coma se estivese aí. 🙂😘

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.