www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 9 de febreiro de 2020

EXCURSIÓN A PANTÓN



Embarcadeiro

Cando unha viaxe ten un motivo para facela, non hai dúbidas! Con catarro ou sen él, con frío ou chuvia e esta vez con paraugas que non se usóu, alá me fun!
Chegamos a Ferreira de Pantón, terras de Monforte de Lemos, e alí agardábanos Rosana, a que faría de guía perante a nosa visita.
Comezamos polo Mosteiro de Ferreira, das Bernardas, que ten unha interesante historia e riqueza arquitectónica. Non vou entrar en detalles xa que toda a visita está chea de datas, de estilos arquitectónicos que se poden atopar noutros medios. Alí mercamos algunhas lambetadas elaboradas polas monxas.
Convento de Ferreira
Seguindo camiño, fixemos unha parada para ver o Castelo de Maside, por fora e no que residiron algún tempo os condes de Lemos. Chama a atención a ventana de estilo plateresco, do que poucos exemplos temos en Galiza, tales como a fachada do Hostal dos Reis Católicos en Compostela ou a porta do Castelo da Ponte en Viveiro.
Castelo Maside
Non podía faltar unha paradiña no balneario de Augas Santas, e moito mellor tería sido poder pasar un par de horas nas súas augas, pero o programa da viaxe non permitíu mais demora.
Balneario Augas Santas
Logo fomos visitar unha igrexa da época sueva, S.XII, en San Estevo de Atán onde a nosa guía fixo unha extensa descripción da sua arte. Está no fondo dunha ladeira de viñedos. Baixar en coche ata ali non é nada doado polo camiño estreito e cheo de curvas pechadas que apenas dan para xirar. Eu pasei medo e baixei andando!
Igrexa de Atán

Agardábanos un xantar exclusivo na casa do barqueiro, xunto ao embarcadeiro e que leva por nome o que parece ser o primeiro topónimo da península Ibérica: MAIORGA.
Casa Maiorga (restaurante)
Un xantar caseiro e acompañado do viño local de Riba do Miño que nos soubo a gloria bendita, despois de tanta visita por vales sagrados, chamados Ribeira Sacra, ainda que a nosa guía non está moito de acordo nesa denominación, que di que é unha marca e que inclue a sitios que, como Ferreira de Pantón, non estaban antes dentro dela.
Para despois de xantar tiñamos a visita ó mosteiro de San Miguel de Eiré, S.XII no que nos detivemos un tempo escoitando todo o que a guía nos ía comentaba sobre o seu interés artístico e que se atopa, como xa dixen antes, en calqueira outra fonte de información.

San Miguel de Eiré
Outra das igrexas visitadas foi a de Fión, con ábside románica e pinturas do S. XVI.
Xa ben caída a tarde, non podiamos partir sen ver antes o Cabo do Mundo. Pois eu que pensaba que aquí en Galiza, era Fisterra a que levaba ese nome, parece ser que hai mais cabos e que non teñen o mar de perto.  Arredor dun montículo no que se atopa o castro de Nogueiral, fai o noso pai Miño un meandro espectacular que é visible dende tódolos ángulos e que con posta de sol ao fondo, sería unha estampa para ficar na nosa memoria. Por sorte, e votei mau desa imaxe, mentalmente, xa que non puiden facer nin unha soa foto. As que incluo aquí non son, pois, da miña autoría.
Non lonxe deste lugar atópase a casa rural mais antiga de Galiza, a Casa Vilariño. Alí puidemos ver case un museo etnográfico dos apeiros antigos que se utilizaban en moitos traballos, aparte de degustar o viño da casa que nos ofreceron de valde e onde mercamos unhas Bicas recén saídas do forno.
Casa Torre Vilariño
Así acabóu a nosa excursión, case ao anoitecer, pero ca satisfación que dá coñecer o que temos perto sen necesidade de ir moi lonxe.
Eiré

Eiré
Atán
Fión (San Lourenzo)

4 comentarios:

  1. Um agradável passeio que partilhei consigo graças à sua generosa partilha.
    Abraço e bom domingo

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola, Beaa!!!

    Que percorrido estupendo, amiga, unha linda reportaxe moi ben contada as mil marabillas con todo luxo de detalle pois da túa man parece que tamén eu estiven por os mesmos lares. Gracias reíña por o teu ben facer. As fotos falan por si soas xunto cas túas letras fan un post extraordinario.

    Alégrome que o pasaras ben, pena de non estar eu cerca que ía contigo, apesares de que non podo estar de pé moito tempo.
    Ben querida Bea, encantoume pasa por esta túa casa onde se respira moita historia bela e antiga, nesta preciosa reportaxe.

    Unha aperta moi grande xunto ca miña gratitude e cariño.

    biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Querida Beatriz.
    Menudo recorrido más histórico te has dado, guapa.
    Todo lo que nos explicas de cada una de las fotografiaras. A ver si me recupero de mi pierna y hago alguna salida, que ya me toca, pero debo recuperarme todavía poco a poco.
    He leído cada detalle que nos das.
    Monforte de Lemos es envidiable para visitar. Vaya sino. La fotografía del caballo blanco, me gusta mucho...
    UN ABRAZO ENORME. BESOS.

    ResponderEliminar
  4. Hola, querida Bea!

    Haces muy bién en viajar y conhecer belos lugares y monumentos. La vida são dos dias, y independentemente da chuva, do frio, do catarro ou no-(sonrisas) tu deves viajar y conviver con nuevas personas y hacer nuevos amigos.

    Tu prima, Mónica, veio a mi blog y yo ya fui ao dela. Ela es muy simpática.

    Amanhã, dia 14, meu blog faz cinco anos. Haverá nuevo post y te espero para la "Fiesta". Gracias! Estás convidada.

    Besitos, aperta como tu dizes, y sê muy feliz.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.