Outras botas son motivo deste post. Fai un ano eran as botas rosa, e agora as botas vaqueiras! Tíñalles boa gana pero non atopaba as apropiadas. Bonitas e baratas! Comezando por cómodas! Así, sin mais, sen pensalo nen buscalas, alí estaban medio ocultas no estante de abaixo dunha tenda. Probeinas varias veces antes de decidirme a mercalas. Imaxineime bailando estilo cow girl, punta, tacón e xiro! Para bailar en linea! Xa me vía tamén con sombreiro! Pero ese ainda non dín con él. Cántos pares de botas van este ano? Alomenos catro! Pero coido que é unha boa inversión, considerando que apenas as poñerei e poderán herdalas as miñas netas! Algún antoxo debemos permitirnos xa que non facemos longos viaxes en avión! De pequenos praceres está o mundo cheo! O caso é saber dar con eles.
Cambiando de tema, sentía curiosidade por ler Leria de Vicente Riso. Pasei pola biblioteca e tróuxeno porque quería comprobar qué había de coincidencia entre as miñas Lerias e a súa Leria. Non me defraudóu! As suas son moito mais cultas e teñen un toque de erudición que lles falta as miñas, pero, no fondo, hai certa semellanza na forma de narrar, nos temas que trata. Lin unha que trata da observación que fai dun caracol que se colóu onde non debía. Fixo dél un estudo case científico! Eu, teño un post, Caracoleando, que tamén se asemella pois detívenme a observar un reximento de caracois que cubrían o camiño despois dunha tormenta de verán, e que me lembraron un conto que lera cando era pequena.
Nada que ver co tema desta Leria, de botas, pero tamén Vicente Risco, mezcla diversas cousas nas suas e eu non hei ser menos!
Sigo mañá.
Domingo festivo, como tódolos domingos, como tódolos días, cando o son para cada quén! Sempre pode haber algo que celebrar. A min, os santiños e santiñas non me moven nese sentido, tampouco me moven outros motivos como a Constitución pero ahí xa nin me meto! Eu celebro estar viva, estar ben, que a miña xentiña estea ben, que, a poder ser, a xente en xeral estea ben, cousa difícil! Ninguén está permanentemente ben. Poder contalo, poder lembralo... poder compartilo!
Esta noite viñéronme á lembranza as "parties" londinenses. Aquelas celebracións esporádicas na casa de alguén que te convide a ir. Bebida, comida, xente que non coñeces, amizade, música, conversa....
Era case obrigado levar algo para compartir. Lembro aquelas casiñas con xardín traseiro, no este de Londres, todas iguais. Alí era un bo sitio para facer unha party. Lembro algunhas moi siñificativas para min. E buscarei nos meus álbuns as fotos que gardo daquelas festiñas. Unha maneira de divertirse moi doméstica, sen necesidade de pubs, discos.....ainda que tamén!
Eu teño ofrecido algunha naquel pequeno apartamento que compartín con Guilleumet, unha estudante bretona, que coma min, estaba de lectora nos mesmos colexios. Dela aprendín moitas cousas pero a que mais, os creps bretóns dos que gardo unha herencia permanente xa que os fago de cando en cando, ó seu estilo, co trigo sarraceno e todo! Gustaríame saber que foi dela, do seu compañeiro tunecino e da sua filla Fátima, que eu non coñecín porque eso veu despois de separarnos ao final da estadía londinense.
E como nunha leria non pode faltar esa teima de conversar ora dunha cousa, ora doutra, teño que engadir que onte, cando levei o meu coche a ITV, sorprendéume o cambio de plantilla. Totalmente rexuvenecida. Rapazas e rapaces novos eran os encargados da revisión con moita amabilidade, con rapidez e con responsabilidade. Parabéns! A xente nova vainos substituíndo e nós, dende a altura da nosa idade, vemos as cousas dende outra perspectiva, da que da o tempo, o transcurso da vida. Hai que deixarlles o camiño libre para que o enchan cas suas novas maneiras de facer. Agora son eles aos que lles toca facer baza. Nos temos que pasar á sombra e contemplar o seu facer con certa distancia xa que non vai ser o que nos fixemos. Deixar que os novos nos substituan, qué boa alternancia!!!!
Party!!!! |
Bota a bota que desbota
ResponderEliminarE não a deixe desbotar
Depois da bota botar
Benzendo a bendita bota.
A bota que água bota
Para dentro igual a um mar
É bota que para a esgotar
Se vira uma cambalhota.
Bendita a bota botada
Que de água entra nada
Para proteger o pé
Mas quando a bota se tira
Até parece mentira
Ter em mira a bota, até!...
Gostei do texto! Mas me prendi na imagem linda da bota vaqueira! Parabéns! Grande abraço! Laerte.
Gosto das botas. O autor não conheço nunca li nada dele, mas se não a dececionou é porque vale a pena.
ResponderEliminarEstamos sempre a aprender uns com os outros.
Abraço e uma boa semana
Olá, Bea!
ResponderEliminarGracias por tu visita y por teres compreendido mi poema, tal com mi expressão na fotografia. Soy miesmo assi, sem tirar, ni pôr.
Gosto de botas, pero prefiro zapatos. Tus botas vaqueiro son tu estilo e se são cómodas, tanto melhor.
Tus lérias e a desse escritor son semelhantes, y dá prazer ler y isso es lo mas importante.
Essas parties deviam ser muy divertidas, pero el tiempo passa. Gostei da foto, que deve ser dos anos 50/60, no sé.
Trataram bién tu coche. Ainda bién. Há jovens muito capazes, felizmente. Há k dar lugar aos novos.
Besos e buena semana.
¡Hola, Bea!
ResponderEliminar¡Aí que post mais bonito, amiga! As botas este inverno vanche facer xeito porque con tanta choiva que está caendo, seguro que non che sobran, veñen sempre ben para o frío e a choiva, por aquí cae a valdes. Ben amiga, a ver agora se en contras o sombreiro que tamén evita coller catarros e ademais está de moda, e coas
O libro de Vicente Risco tamén quixera lelo foi un bo escritor. Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, formaron un bo equipo. E si que se semella as túas Lerias
¡Cambiando de tema, quero dicirche que e unha gran verdade iso de celebrar a vida! E agradecer abrir os ollos cada mañá e ver a luz entrar por a xanela. Tamén os festivos son aqueles que nos queremos que sean. E tamén e lóxico que aparezan nostalxias da época de xuventude en Londres, a vida en xeral e unha historia.
Gracia por este espléndido texto que foi un pracer lelo.
Unha aperta agarimosa e un abrazo cheo de bendición para este fin de ano e tamén para o que entra. 2020.
Que todos os teus soños se vexan cumpridos.
Bicos de luz e amor.
Unha paerta e bicos de parte da miña filla.
ResponderEliminarBeatriz.
ResponderEliminarA mi me encantan leer tus propias Leíras.
Las botas son muy buenas para bailar.
La fotografía de tu bella juventud es de lo grande.
Se nota que lo pasabas " wai ".
Un abrazo bien grande.