www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 9 de novembro de 2019

Mañá filloeira


Unha mañá de novembro que ofrece cumes nevados e moito frío. Tempo de estar na casa gardados.
Na radio soa música de baile e nas sarténs cantan as primeiras filloas.
Dun tirón, vou facendo o montón e entre medio, bailo ao son da música para escorrentarlle o frío aos pés.
Pensar no blog xa non é como era. Despois de térenseme borrado as fotos de moitos posts, tamén desapareceron os que estaba reeditando coa fin de facer un libriño con eles e así poder conservalos, afastados desta tecnoloxía que non logro entender e que a mais mínima xógame malas pasadas.
Tambén inflúe non ter lectores. Sabemos que un blog aliméntase de comentarios.
O mundo xa parece un sitio incómodo para vivir. As amizades vanse perdendo e imos ficando sos á medida que os anos nos levan mais perto do noso destino final. Escoitaba na radio, nun programa nocturno da radio galega, que a soedade vai cubrindo o ceo como estes nubarróns que ocultan o soliño que agromaba fai un instante. Son as cataratas da existencia. Escoitaba, non eso que acabo de dicir, senón, que moita xente síntese soa, que precisa de algúen con quen compartir unha conversa, un cafetiño, un paseo. De ahí que xurdise a idea de facer un Banco de Amigos/as para darlle un canle a tanto illamento. Incluso se lles ocurría que poderían vivir xuntos nunha casa, na casa de alguén. Pero eso non é doado. Cada quén, quérelle á súa e ademais, a convivencia non sempre é posible.
O mellor é aceptar o que nos pasa. A vellez sempre foi así. É unha etapa da vida que nos limita e que ademais, non ten futuro. Temos que ir vendo cómo se nos esquece o aprendido noutro momento, porque nono exercitamos. Cómo o noso cerebro se enlentece, se amodorra, se fai perezoso porque nos decatamos que por moito que queiramos reter do que antes sabiamos, xa nono imos precisar, ou sí, pero non é un reto.
Fai poucos días que lia no Facebook, cómo a desinformación vai producindo unha inopia coa que nos conformamos ata parecer que somos lelos. Irse alelando pouco a pouco é renunciar á vida. Xa non somos conversa, xa nada do que digamos pode ter importancia se quenes escoitan nonos consideran sabedores. Xa somos un punto e aparte nas conversas dos demais, dos mais xoves. Para mais, temos demasiados atrancos ca tecnoloxía. Imos facéndonos analfabetos.
Admiro a quen conserva a memoria! Polo menos non quedarán mal diante dos mais hábiles.
Ainda así, penso que algo fica ahí no fondo de todo, chámese experencia, vivencias.....que nos axuda a tomar decisións con sentido común, que pouco abonda.
Por iso, ante unha situación política como a que temos neste intre, compre pensar con certa cordura para non equivocarnos. É pouco o que podemos facer pero pode ser moito cando suma cas corduras dos outros. De todos  modos, todo cambia, e os cambios nótanse cando levas mais de media vida vivida.
E escribir é sempre esa necesidade de comunicarse, de poñer en letras o que sentimos, tando que os demais se enteren ou nos ignoren.

12 comentarios:

  1. Que pintaza as filloas. O texto do blogue bonito e triste á vez. O caso é non perder nunca o sonriso a vitalidade, e deso, polo pouco que puiden observar e coñecer de ti, dame a impresión de que che sobra. Iria.

    ResponderEliminar
  2. Hola Bea.
    Buenos días.
    Con estas mañanas tan frescas, a quien le va ha no llorar estas filloas.
    Es una de mi recetario culinario como esquisito para desayunar, almorzar o merendar.
    Pero cuentro que es importante reunirse con familiares, que no toda la gente está dentro de las redes sociales, por que conversar enriquece de toda la vida. Asistir aunque sea a un simple cumpleaños o salir a la calle y pasear por el pueblo siempre se necesita para hablar de muchas cosas importantes o menos importantes. Es muy bueno conservar la cotidiano al igual que hacían nuestros abuelos y no hace falta ponerse en la falda de todos los cambios o en las nuevas modernidades. Por lo tanto para mi sí que es importante lo que la gente me quiera contar. Creo que lo más bonito es saber escuchar a las personas, pues eso va enlazado con el respeto.

    Me encantó leerte esta entrada tan llena de sentimientos y entrañable.

    Un abrazo muy grande.

    ResponderEliminar
  3. Hola, Bea!

    Verdade! Por aqui, Lisboa, los dias têm estado mucho frios e cinzentos y quase no apetece salir de casa, pero quem trabalha, como yo, como muchos, tem de ser.

    Baila, baila con la música do rádio, ni que seja para aquecer os pés. Mi gusta mucho bailar, tamíén.

    Tu texto me parece triste e desencantado. Tu tienes Facebook y yo no, por opção minha. Tengo, solament o blog y isso me basta.

    Tu adoras passear y yo me gusta estar en casa. Dou aulas de 2ª a 6ª feira y os fins de semana são para poner las cosas em ordem y descansar.

    Os blogs se alimentam de comentários, como dizes y es verdade, pero tu no puedes querer receber sin dar. Quantos blogues já comentaste, hoy? Yo, 10. Se queres receber comentários, tens de fazê-los nos blogs dos teus amigos(as). Ninguém dá nada, sin receber. Yo passo por aqui, pke tu já fazes parte da minha lista de amigas.

    No estejas triste, pke yo soy mas nova que tu y no sé nada de internet ou sé poco. Se perdeste las fotos, paciência, que vais a hacer? Haces otras.

    Los mas velhos tienem su lugar y tu tens passeado mucho y feito amigos y amigas. Es una mulher inteligente y que gosta de conviver.

    La experiência de vida conta mucho y tu sabes bién disso. Los mas velhos tienem mucho conhecimento de muchos factos y até adivinham lo k vai suceder. Los tempos cambiaram y temos k ser nós a nos adaptar a eles, pke a vida está em constante mutação.

    Beijos y dias mas felizes. Te anima, Bea!

    ResponderEliminar
  4. Bea, passa por mi blog cuando te for possível. Tengo nuevo poema y nuevo vídeo. Espero k te guste y k hables do k lês e escutas. Gracias!.

    ResponderEliminar
  5. Hola, Bea!

    Gracias por tus bonitas e sinceras palabras no meu blog.
    Me pareces mas animada. Todos nós tenemos dias mas felices k otros, pero lo important es vivir.
    Foste tb professora? Que interessante! No teu tiempo, os alunos eram mas sossegados y obedientes. Ahora, querem mandar mas que nós.

    Felizmente k recuperaste os posts. Ya es alguna cosa.

    Te aconselho a visitar o blog da Kasioles "Los pucheros de kasioles" e o de Marina Figuera, "Mi Pásion, la poesia". Son blogs muy interessantes y siempre devolvem respuesta aos nuestros comentários. No blog da Kasioles encontras outros comentadores, cujos blogs te pueden interessar.

    Besitos y bon fim de semana.

    ResponderEliminar
  6. Y otros que no, queria eu escrever.

    ResponderEliminar
  7. Hola, querida Bea!

    Que bueno por me visitares de nuevo. Yo te trato por tu, como todos los espanhóis fazem, y tu me tratas por você. Nós somos colegas de profissão, blogueiras y amigas, portanto, trata-me por tu. A idade no importa.

    Tenemos gostos musicais semelhantes, si. Me gusta Barba Streisand, Julio Iglesias, Mireille Mathieu y otros.

    Adoro música francesa, por que mis tios viviam perto de Paris y fui lá algunas veces na juventude y assi aprendi este idioma. Na escola também estudava francês.

    Besitos y buena semana. Aqui, está chovendo, ahora.

    ResponderEliminar
  8. ¡Hola, querida amiga!

    Mostrarnos un texto moi interesante, intenso, profundo e real, tal cal a vida mesma.
    Empezando por esa maña de novembro con as cumbres nevadas, ¡que precioso paísaxe para deter unha mirada! Amiga. Creo que e fantástico e coa cociña encendida e esas filloas quentiñas soando na satén, penso que unha maravilla lástima de non estar eu por haí. Eu só a vexo a neve por a televisión. E falando da soledade, so e bonita buscada, pois aí veces que é necesaria. Pero aí outras que se desexa ter alguén o lado para falar e non perder o rumbo.

    Pero Isto de escribir e publicar, e como se estiveras falando con alguén, e unha forma de comunicación que nos axuda a que o cerebro se alimente e siga traballando ata o último sospiro. ¡De lelos nada he!
    Este precioso texto de para moito mais debate, pero aquí o deixo.
    E falando de perderse fotos e entradas, ¡Aí, señor! Unas por lixeireza e outras non o sei, pero eu xa levei mais de un enfado.

    Ben pois dicirche que vou mellorando, pero os anos contan moito.
    Ben pra xunta min dáme o calor da túa man e pasas oito días con migo e falamos, xa sabes, tes aquí a túa casa.

    Foi un pracer pasar por esta túa casa, gracias por darnos tanto, fermoso.e importante.

    Un abrazo apertado desde o meu carazó.
    Se moi, moi feliz.

    ResponderEliminar
  9. Ola Bea, bos días, por aquí de chuvia miúda que se mete nos osos. De novo doulle un repaso a este texto que merece ser lido e relido.
    Quería dicirche que non deixes de pensar no blog,porque e moi importante todo que escribes e case seguro que len e non deixan comentario, por outro lado, e isto funciona así, si entran e deixan dúas letras, xa debemos corresponder senón non volven.
    En iso consiste este medio de comunicación.
    E bastante escravo, pero, tamén e a forma de relacionarnos e ter lectores que deixen a súa pisada.

    Corrixo un dos fallos de comentario de onte.
    Ven para xunta min, de corazón.

    ResponderEliminar
  10. Gracias por a túa pisada,Bea. Es un tesouro moi valioso, escribindo deixando un xeneroso comentario reina.

    Un abrazo grandísimo, cheo de paz e amor, bo fin de semana.

    ResponderEliminar
  11. Bea, segundo o taoismo
    Estamos sempre sozinhos,
    Com amigos e vizinhos
    Cuja distância é um abismo.

    Porém, segundo eu cismo
    Nós buscamos o caminho
    Do amor a estar em alinho
    Com Deus, não por catecismo,

    Mas por vocação divina.
    O amor não é disciplina
    Ele é intrínseco ao ser.

    Pense que és uma menina
    Que envelheceu com a sina
    De amar para bem viver!

    Grande abraço! Laerte.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.