www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 8 de setembro de 2019

VISITA AGARDADA

Na Casa da Fonte (Fonteo)
Logo de moitas tentativas, por fin, chegan á miña casa, os/as inspiradores/as do meu blog. A estas personas, debo que eu veña escribindo dende fai anos as miñas Lerias. Os seus comentarios foron acompañando cada un dos meus posts ata o día de hoxe. Non só me deron motivación senón que tamén me proporcionaron seguidores que secadra nunca houbera tido oportunidade de coñecer.

Por fin, Marina e unha parte da súa familia, puideron acompañarme fisicamente na miña casa esta fin de semana e foi un pracer disfrutar da sua presencia e compartirmos momentos xuntos que non esqueceremos.

O tempo chegóu a pouco para os plans que tiñamos pensado. So puidemos cumplir algúns deles, pero foron ben aprobeitados. Dende un xantar de festa na aldea, ata un paseo relaxante a carón do río Eo, percorrendo o meandro que fai na Cortevella, fotografando e mesmo deixándonos sobrevoar por un dron que ía escaneando o lugar como unha rá voadora saída dun filme de cencia ficción.

Logo de ceas na cociña, a carón do lume,  degustando pratos típicos de mar e de montaña, regados con tintos de marca e boa conversa chegamos a un domingo de feira, con visita previa ao nacimento do río Miño no Pedregal de Irimia na Serra de Meira, onde a auga cantareira adormece os sentidos e fai que todo se deteña e se volte lenda.

Non podía faltar unha paradiña na feira para catar o polbo que arrecendía de lonxe e creaba ambiente. Alí, nunhas mesas ao aire libre, demos conta do tan loubado manxar que xunto co pan e viño fixeron a nosa mañá domingueira en Meira.


Empanada feita por Marina




Nécoras de Pontevedra







Logo virían as empanadas que farían do noso picnic en Fonmiñá, un lugar de confidencias e historias de vida que contar. Unha sobremesa de sorpresas e de coñecimento mútuo que ainda nos achegóu mais nesta nosa amizade que ven de vello e que perdura no tempo. Despedímonos coa satisfacción de telo pasado ben xuntos e ca intención de voltar a vernos.


Picnic en Fonmiñá (Meira)



4 comentarios:

  1. ¡Aí Bea amiga miña, amiga nosa! Que Posta tan fermoso nos dedicas e que ben o pasamos na túa encantadora compañía sempre atenta dando o mellor de ti e guiándonos por eses rin cons máxicos onde a natureza acaricia, abraza, bica, respirando a pleno pulmón aire puro. E tamén ese murmurar de río Éo que aínda me parece o sinto na distancia.
    Non teño palabras para expresar o que sinto. So dicirche que estou enclenque do meu brazo, en non podo seguir escribindo,estouno facendo coa man-esquerda, pero non quedo sen volver porque esta entrada da para mais que dicir. Gracias mil gracias.

    Unha aperta e ata outro momento.

    ResponderEliminar
  2. Hola Bea.

    Buenas noches.

    Que reunión de vecinos más allegados y conocidos. Me alegro mucho.

    La verdad que ver el centoyo con esa pinta me recuerda cuando estaba paseando por la orilla del mar de Abrela y de pronto me veo de frente un enorme bicharraco. Pegue un salto mortal al ver sus tenazas de su delantera. Esa rica empanada y un ambiente de festejo. Que buenos recuerdos tienes de todas tus visitas.
    Se siento agradecida de tu explicación.
    Es un acontecimiento muy emotivo. Deseo que tu amiga Marina se mejore pronto de la mano. La espero con mucho entusiasmo de vuelta a mi bloc, verdad que sí. Y a ti Bea también te espero con mucha alegría. Siempre son grandes sorpresas. Es como un gran regalo cuando os veo en mi bloc.

    Un abrazo muy grande.😘😘



    ResponderEliminar
  3. Preciso y exacto relato de los manjares degustados y de los placeres personales que la compañía de Marina Filgueira y su familia disfrutó en la visita. Me quedo con la impresión de que fue una de esas experiencias que dejan ganas de repetirla otras veces. Ha sido, como siempre, un placer de disfrutar de esta lectura en tu lengua gallega en la que se expresas con tanto acierto como claridad.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  4. !Ola, querida Bea!

    Por fin chegou o momento de volver a poñerche unhas letras como prometín.
    Teño que dicirche que non teño palabras para expresar o ben que nos sentimos na túa casa que mais ben pareceume un maravilloso palacete! Acolléndonos con cariño e calor e na túa doce compañía, disfrutamos un montón de todo iso que ti es-plicas moito mellor que eu, Gracias Bea, volveremos a vernos.
    Non esquecerei xa mais, aquel paseo apar do río Éo, e iso que non me encontra nas mellores condicións para camiñar, pero volvería a facelo con moito agrado.
    Aínda non estou recuperada de todo, pero vou mellorando e xa podo escribir algo.

    A saúde logo se perde e recuperala non e tan doado.


    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.