www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 21 de setembro de 2019

III Son Labreg@



Empeza o outono con chuvia miúda, da que case non molla. Non tanto como para privarse de asistir ao terceiro festival labrego que escolleu A Chave das Noces,  Montecubeiro, (Castro Verde), Lugo, para esta súa terceira celebración. Despois de perderme pola miña terra, din co lugar, que ainda que me queda ao outro lado da serra, nunca o visitara e seguro que se o fixera a pé, non tería perda, só pasar o monte xa que ficamos á mesma altura.

Xa case estaba a comenzar o primeiro acto do día, cunha mesa redonda encól do aproveitamento do monte, dos moitos usos que se lle poden dar, e para eso contamos alí con expert@s de toda Galiza, xente nova, emprendedora de proxectos un tanto innovadores ainda que non por eso descoñecidos, xa que o monte tivo eses mesmos usos, tempos atrás. Foi interesante mergullarse neses proxectos que conlevan un uso sostible e rentable dunhas terras que so estan sendo aprobeitadas para madeira. Así, podemos ver cómo pola zona de Manzaneda explotan a castaña e comercialízana en forma de fariñas, doces, ao natural... ou cómo por Carballo fan do monte un pastizal para cabalos, porcos celtas, (parque xurásico de porco celta!) e tamén de cogumelos. Na zona de Negueira de Muñiz, con productos que alí se dan e que intentan comercializar como o zume natural de mazá, mel, entre outros productos. Tamén cómo se adica o monte ao pastoreo, con cabuxas, como as de Cabuxa Natur na zona de Guntín, Lugo,  que alimenta as suas cabras só co que pacen, usando tamén o monte común. En fin, unha chea de ideas que crean lazos de solidariedade entre a veciñanza ao tempo que se fan donos dos seus recursos para beneficio de toda a aldea e o mais importante, minimizan as posibilidades de lumes.
Despois deste debate aberto aos asistentes, e contrastando modos de velo, pros e contras, de como o lobo ou o xabarín dificultan certas actividades pero non impiden, vendo tamén a mentalidade de outras persoas que consideran que o cultivo de eucalipto é unha solución boa, e outras que ainda é mellor solución desfacerse deles, fomos deixando o tema, que da para moito, para irmos co xantar de carpa a base de empanadas, liscos, cervexa artesá e moitas delicias de larpeiradas que por alí había, de orixe caseiro ou artesanal.
Amenizada a festa por un grupo de mulleres que cantan, bailan, tocan e non se cansan de facelo: Trasdalomba!
Un ambiente de mocidade que baila con zocos a muiñeira, que leva consigo as crianzas, que venden productos sans, artesáns e únicos!
Sentados en  alpacas de herva arredor da carpa, as conversas ían de aquí para aló, e voltaban e propiciaban encontros tan inesperados como o que me permitíu dar co paradeiro dunha vella amiga, que xa tiña por perdida e que non anda moi lonxe! Iso e outras cousas, como encontros con libros que non coñecía, con autor@s nov@s que quero ler e con bica de castaña.... fixo que a festa rematara como debe rematar unha festa: con ganas de voltar!








5 comentarios:

  1. Hola, Bea!

    Tu gostas mesmo é de passear e estares em contacto com pessoas.

    Então, a 3ª edição do Festival Labrego, que foi bem animado. Mujeres dançando e muita gente se divertindo, incluindo tu.

    Para o ano, estás de volta, com certeza. Mucha saúde é o k te desejo.

    Besos y diverte-te!

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola Bea!

    Carai que ben se pasa por esa terra festeira e máxica, cousa que me alegra un montón, por esta época do ano, hai festas por moito pobos da nosa Galicia que da envexa san. As festas alegran a alma a vida,

    Aquí por onde vivo xa non se fan festas hai moitos anos; din que en moi caro facelas e ninguén colle as festas, por outra parte, so ían as persoas maiores con as respectivas parellas; hoxe a xuventude marchase as discotecas, prefiren os locais nocturnos non queren saber nada das festas.

    Moi ben Bea, alégrome moito de que pasaras un día precioso con xente que se preocupa por a natureza, pois a ti iso sei que che agrada tamén moito, non perdas a costume. Ha, as empanadas Ummmm que boas estarían e así o aire libre e en boa compañía, todo sabe mellor.

    Sempre e un pracer pasar por esta túa casa, donde se respira amor amizade e ramonía.

    Unha aperta grande e un puñado de bicos que chegan voando.
    Sorte muita sorte.

    ResponderEliminar
  3. ¡Ola Bea!

    Bos días reíña, paso de novo para reler mellor o teu texto, e fíxome na bica de castañas como remate da festa e non me extraña que tiveras ganas de voltar, outro ano será por agora xa veñen os fríos. E de paso agradecer e túa pisada por o meu espazo. Mil gracias Bea.

    Ten un bonito domingo e todos os días da túa vida.
    Unha aperta apretada e biquiños.

    ResponderEliminar
  4. Olá, Bea!

    Espero k estejas bem, com saúde, k é o mais importante.
    Fico aguardando a tua visita.

    Beijos e bom domingo.

    ResponderEliminar
  5. Hola Bea. Buenas noches.
    Que buenas ideas y puntos de vista de sacar una nueva idea de aprovechar la madera de los árboles. Auque soy poco partidaria de que se corten los pinos, castaños...etc por que es el medio ambiente que nos da vida, pero por otro lado si que es cierto la importancia que tiene para hacer madera...

    Me encantaría leer el libro de MANCOMUNIDADE de Joak Evams Pin. Tiene que estar interesante. Saber más sobre las ideas profesionales de la gente joven. UMA TERRA LIVRE SEM ESTADO. Has tenido suerte en estar presente en una presentación de este tipo junto con JOAN EVANS PIN. Me alegro mucho de este evento tan productivo.

    Un abrazo muy grande

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.