www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 9 de agosto de 2019

FISTERRA MÍSTICA


Dende Rianxo, escollín o itinerario mais curto para chegar a Fisterra. Xa o percorrera noutras ocasións. Unha estrada chea de curvas e con arboredo e moita vexetación aos dous lados fixo o camiño mais curto. Na Picota,  un alto  para coñecer a María del Carmen Rey, autora de Escapados e mais de Mulleres. Foi un encontro moi agardado xa que nos coñeciamos polo Facebook e porque lin o seu primeiro libro fai pouco pero tamén por tantas cousas que compartimos. Mulleres, estábame a agardar alí, con ela, e sería o meu amarre perante a miña estadía en Fisterra, cun temporal como no inverno que me mantivo a pé de libro case todo o tempo.
Fisterra, nova, peregrina, turística.... xa non é a Fisterra que eu coñecín e na que votei dous anos. Era o meu primeiro destino como mestra. Esta Fisterra é moito mais cosmopolita que daquela, ainda que sempre o foi, porque a chamada do bo peixe e marisco atrouxo a estranxeiros que viñan nas suas embarcacións para ancorar alí a catar os apetecibles manxares do mar. Tamén, porque os seus mariñeiros eran xente de mundo e aberta como o seu mar. 
A brétema mariña envolvía todo. Apenas se podía ver  nada. Fixen a pé a subida ao Faro, ese que brua cando hai névoa para avisar aos barcos do perigo  costeiro, para que busquen refuxo seguro. 
Había moita xente arriba, excursións, peregríns, visitantes de todo tipo e nacionalidade. Toméi un cafetiño nun acolledor hotel e mentras lia o xornal, entereime que xusto o día  no que eu pasara por Serra de Outes, houbera un accidente e morreran duas persoas da miña idade. 
De volta, parei a coller auga naquela fonte que eu sabía que estaba alí porque sempre que íamos ó Faro, parabamos para collela. 
Baixei pola ladeira do cabo no que vin un indicador que poñía Cemiterio, e ainda que xa sabía de qué se trataba, quería ver se había alguén enterrado alí. Os nichos, en forma de flotadores de batéa, eran todos iguais e en cada compartimento o mesmo debuxo: unha cucaracha negra que tal vez nos anunciaba, por se non o sabiamos, que os bechos serían os nosos comensais após de mortos. 
Alí, nun deses cubos de formigón, vivíu un home alemán, pero non fora Man de Camelle. Secadra desa esperencia, saíu a idea de facer cos cubos un cemiterio para quen queira pasar a eternidade con vistas ao mar.
Xa, de camiño a Fisterra, tiven ocasión de practicar o meu italiano cunha peregrina napolitana, que coma min, vive no rural. 
Uunha grande oferta de restaurantes e locais de bares e cafés, fai difícil a elección á hora de buscar un sitio para comer. Estudando os menús que se oferecen á vista xunto as terrazas e entradas, hai que ter bo ollo para atinar. Eu non me queixo da nada do que comín e bebín. Todo estaba tan bó! Ainda que so fose por non aturar o tempo, calqueira menú podía satisfacerme.
Visitei as miñas amizades coas que pasei algunhas horas de animada conversa e coas que rin un pouco, para salvarme da teimosa chuvia que non arreciaba por nada do mundo e que nin camiñar permitía a pesares de que a temperatura era mais de verán que de inverno. 
Adiantei un día a miña volta. Esta vez sería por outra estrada diferente que me foi lembrando os sitios polos que pasaba eu cando viña de fin de semana para comenzar os luns ca tarefa na escola fisterrán. 
E así, deixei atrás a néboa envolvente  que lle daba a Fisterra un ar místico alén de mítico.


3 comentarios:

  1. ¡Ola Bea, non sabía que tiñas esta bonita publicación! Que bo-e ter coche que da liberdade para saír a onde che apetece e tamén cando.

    Alégrome que o pasaras ben e tamén que coñeceras esa amiga escritora persoalmente, e moi emocionante coñecer a unha persoa que se coñece por as letras, eu teño algunha experiencia en iso. O que sinto e que estivese mal tempo.

    Por eses lares estiven aí moitos anos de maciña con o amor da miña vida, entón estaba todo de sol con unhas vistas para soñar esperto...Da quela todo estaba enxebre.
    Ben bea, ata outro momento, gustáronme moito as túas letras, sempre e un pracer pasar por esta túa casa. E por a outra xa logo.

    Unha aperta ben grande con a miña gratitude e estima.
    Se moi moi feliz.


    ResponderEliminar
  2. Hola Bea.
    Buenas noches.
    Estos días me estaba acordando de tu bloc y entré a mirar para saber sí tenías algún nuevo viaje.
    La verdad que es magnífico toda la información que compartes en esta entrada de Rianxo. Me parece un viaje bien aprovechado y pleno de curiosidades.
    No te olvides.
    Enamórate de tus ideas. Por que todas son buenas y te llevan por un camino rico, de lugares tranquilos.
    Hasta Vigo, me hubiese gustado ir, la verdad. Conocer algo más de Galicia.
    Yo estos días no puedo escribir pero la próxima vez no pararé.
    Por que voy en busca de mi gran dueño y sin ponerme limites a una tarea que es muy especial para mi.

    Cuidate mucho.
    Un abrazo muy grande

    ResponderEliminar
  3. Quer falar comigo?
    s.34real@yahoo.com
    Não tem BR. É só ponto com.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.