Pagou a pena erguerse ás cinco da madrugada para facer un roteiro pola península do Morrazo en Pontevedra, concretamente polo Monte Facho e Cabo de Home.
Deixamos Lugo ás sete da mañá para dirixirnos a este lugar da Galiza máxica da que tan pouco coñezo pero da que estou en vias de ir coñecendo pouco a pouco.
Chegamos ao Mirador da Caracola, que é o punto base para acceder a ese roteiro que nos levaría primeiro ao Monte Facho e logo a coñecer os distintos faros de Cabo Home.
A subida, empedrada e adornada de petroglifos con distintas simboloxías que se alternaban cunha cruz, tal vez debido a que estes lugares paganos, foron posteriormente cristianizados, levounos ata o castro e santuario que foi noutros tempos e ao que se facían perigrinacións e rituais ao deus Berobreo e está considerado un dos mais importantes da península Ibérica. Trátase dun castro galaico-romano que ainda está en recuperación. Alí ofrécense unhas excelentes vistas das Illas Atlánticas, Cíes e Ons, así como de moitas praias e poboacións costeiras das distintas rías Arousa, Pontevedra, Vigo... e a costa que bordea este Cabo chámase Costa da Vela, por tratarse dun lugar de vixia costeira tanto para guiar embarcacións, para o que se encendían fogueiras, de ahí o nome Facho, e tamén, mais tarde, para controlar as incursións dos berberiscos e protexer a poboación dos constantes saqueos aos que se vían sometidos.
Logo de desandar o camiño, voltando de novo ao Mirador da Caracola, emprendemos o sendeiro ata Cabo Home, seguindo o fío da costa, vendo o romper constante das ondas contra os cantís, escoitando o seu son, e deixando voar a mente, mentras camiñamos en fila india entre piñeirais que facían unha cortina entre nós e o mar.
En Cabo de Home atópanse algúns faros. O primeiro, na parte mais occidental do cabo, din que ten un son igual que o de Fisterra, imitando o "muuu" dunha vaca.
Outro faro que me gustóu pola sua forma e cor vermello, é o de Punta Robaleira, de construción mais robusta e achatada.
Seguindo o sendeiro, bordeado de frores dunares, margaridas e outras de cor amarelo, fomos achegándonos á praia de Melide, na que fixemos unha parada e tivemos a oportunidade de probar a auga e dar un paseo por ela, ca súa area branca e fina e augas de cor turquesa contrastando con outros azuis mais fortes.
Logo seguimos por unhas pistas de terra ata chegar a outro faro, o de Punta Sobrido, de cores ibicencos, branco con ribetes azuis. Dende alí podíanse divisar os enclaves das praias de Barres, a praia nudista mais grande de Galiza.
Terminado o roteiro xusto á hora de xantar, dirixímonos en autobús ata O Hio, que pódese pronunciar como o americano Ohio, para darlle un toque exótico!!!!
Ademais dun xantar exquisito e en boa compaña, puidemos ver o cruceiro mais completo de Galiza e a igrexa adicada a Santo Andrés, nunha praciña deste lugar que se estende a ámbolos lados da estreita estrada.
Rematamos a visita no Pazo de Lourizán, percorrendo os seus amplios territorios poboados de árbores senlleiras, onde se atopan as camelias mais antigas de Galiza, de cento trinta anos ou mais, e árbores de distintas procedencias. Hoxe é un lugar de experimentación forestal. Ahí foron onde se seleccionaron as sementes de piñeiros e eucaliptos, na época da postguerra, para plantar toda a zona atlántica e onde se seguen a facer estudos de outras variedades que se adapten ben ao clima galego.
Foi un pracer percorrer esta finca tan extensa pola que se encontran lugares con engado como a cova dos espellos, de estilo gaudiano, xa que este lugar estivo rexentado por cataláns, e fixeron réplicas do que podía ser o parque Guell en Barcelona, con fervenzas artificiais que discurren entre muros dese estilo, e lugares como o merendeiro que ten unha mesa de seis metros en granito dunha soa peza, hórreo onde se gardaban as sementes do eucalipto, invernadoiros, lugares de reunións de representantes das Comunidades, de políticos.... Hoxe o edificio por dentro está moi deteriorado e non se pode visitar. Ten unha curiosa escaleira de caracol, en ferro que chama a atención e ainda se conserva.
O día acompañóu, e a compañía non faltóu!
Um excelente passeio.
ResponderEliminarAbraço e uma boa semana
¡Ola Bea!
ResponderEliminar¡Que excursión tan bonita fixeches por eses lares! Esa parte do Morrazo e máxica como ti ben explicas, temos verdadeiros paraísos na nosa Galiza, tanto monte, coma costa
é una ledicia, ten marabillas que ver e, admirar. Alégrome moito que fixeras esa viaxe , ese percorrido máxico que é todo unha xoia para os sentidos.
Por outra parte, as fotos que falan por si soas, reflexa unha paisaxe preciosa e ti estás guapísima. Gracias Bea por esta lectura bonita en importante.
Eu tamén xa fai uns anos que tiven a sorte de pasar en Cangas un verán e fixemos camiñadas por eses lugares respirando profundo aire puro, recordo que en algún punto dábame vertíao as alturas… Agora xa non me atrevería a esa adaina.
Ben pois ata outro momento, foi un pracer pasar por esta túa casa.
Unha aperta grande, a niña gratitude é o meu cariño sempre, Bea.
Se moi, moi feliz.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarPrecioso, me encanta como escribes. Bicos ;)
ResponderEliminarHola, Bea!
ResponderEliminarContinuas fazendo tus passeios y descobrindo cosas maravilhosas y históricas.
O castro es muy interessante, tal com os faros.
Estas muy bién na foto. Es una mujer alta y elegante e que adorar conhecer nuevos lugares en Galiza y não só.
Las fotos estão preciosas y muy nítidas. Diverte-te!
Besos y buena semana.
Hola Bea.
ResponderEliminarLa verdad que me gusta mucho la selección de fotografías de este pos. Me encanta esta salida cultural. Me parece muy interesante por todo lo que cuentas.
Algunas de ellas se hacen algo conocidas, pero ahora mismo no lo recuerdo bien.
La esfera de la fotografía tiene mucho afán con los espirales. Lo que no se ciertamente si fue obra arquitectónica de Gaudí.
Me alegra ver que te acuerdas con cariño de Barcelona.
Yo me acuerdo también con un cariño especial de Galicia.
Un abrazo muy grande y buen fin de semana.