www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 15 de abril de 2019

PENSAR COAS MANS






Non todo é inútil! Se pensaran eso quenes mandaron construir catedrais... hoxe non poderiamos admiralas e consideralas patrimonio da humanidade.
A Cidade da Cultura no monte Gaiás en Santiago deu que falar no seu intre. Para úns, un gasto superfluo que puido empregarse noutras cousas mais útiles. Falar de catrocentos millóns de euros, é moito carto para semellante obra arquitectónica a que non se lle viu unha xustificación. Hoxe, pasearse por ela, polos seus edificios, diseñados por innovadores arquitectos estranxeiros, non deixa de ser algo novedoso e incluso digno de admirar en canto arquitectura atrevida que rompe con todo pero que ten a sua razón de ser.
O arquitecto que a diseñóu, pensou no plano da cidade vella de Santiago, como unha man aberta de este a leste. Levou esa man ao monte Gaiás, pero direccionouna  norte sur, e ahí saíu toda a súa nomenclatura de edificios e ruas que adoptan a forma do monte sen romper con él, senón sustituindo a sua paisaxe espida ou natural, por construccións que se pousan suavemente en curvadas lineas ata ser integradas na paisaxe natural que tiña o lugar antes de ser edificado.


Tamén os materiais empregados son símbolos da cidade vella, como a cuncha do peregrín, rugosa e con canles, e da mesma cor. Mesmo a cafetería ven a ser un símil do que son as nosas feiras, ca mesa alongada onde se come o polbo, baixo as carballeiras, que alí se representan  por estructuras de madeira que forman a paisaxe tal como sería neses lugares de reunión e confraternidade.
A imaxinación suple a realidade e pon e crea elementos onde nonos hai, como as tres torres en forma de botella,  que rompen totalmente co resto dos edificios, xa que foron obra doutro arquitecto, e que veñen ser como chemineas para todo o diseño enerxético do complexo. A torre que se imaxina, xurde no medio das duas existentes, unha de pedra, outra de cristal, e ésta, de ar, no meio, invertida, que resulta idéntica ás outras pero so que é un espacio baldeiro.
Debaixo desta cidade, hai vida subterránea por onde se abastecen os edificios a través dunhos túneis polos que caben camións.
Un experimento pioneiro que servíu de ensaio tamén, e que sobre da marcha deu quebradeiros de cabeza porque non todo saíu ben á primeira e houbo que refacer moitas cousas ata conseguir o que se pretendía.


Agora xa case está finalizado outro espacio lúdico, aberto e axardinado  cun anfiteatro e pistas para practicar skateboarding e non facelo nos aleiros das cubertas dos edificios, que son unha tentación para calqueira que lle guste o plano inclinado, e tamén outras zonas para os mais pequenos.
Dende alí, a panorámica de Santiago ofrécese, tendida á ollada dos visitantes de todas as nacionalidades, que ata alí se achegan.
Poidemos participar nos obradoiros de cerámica que alí había, dirixidos por expertos alfareiros de Buño e ver as exposicións  de moitos traballos de artesania popular que, artisticamente, se penduraban nunha gran sala.

Completada a viaxe cultural a Santiago, coa visita á Casa de Rosalía en Padrón, e ao Museo do Pobo Galego en Santiago, acaba un día que tivo a maxia, para min, de poder durmir á miña netiña mais pequena nos meus brazos, ao son dun cantar de berce que eu aprendín de miña nai e co que durmiu á primeira.











9 comentarios:

  1. Estou desexando vela. Espertaches en min a curiosidades. Gracias.

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola Bea!

    Esta e unha entrada de luxo de moita categoría alégrome de esa viaxe que e como viaxar no tempo. Eu tiven a sorte de coñecer todo iso é, saín maravallada, ¡Pareceume máxico! Excepto o espazo aberto que está por acabar que se todo vai ben, ganas non me faltan para voltar o míesmo lugar.
    E moi agradábel lerte e todo un pracer, gracias por compartir letras e vivezas que son moi atractivas.
    Unha aperta agarimas e bicos e tamén a niña gratitude por a túa pisada.

    Feliz domingo de Pascua.

    ResponderEliminar
  3. Ler este texto é un deleite, unha interpretación sinxela e fonda dunha obra criricada que emerxe nestes renglóns como unha interpretación respetuosa e moderna dunha Galicia clásica. Parabéns, Bea!

    ResponderEliminar
  4. Gostei de ler. Não conheço quase nada de Espanha, conheço Santiago onde já fui em Peregrinação.
    Abraço e uma boa semana.

    Se puder passe no Sexta amanhã. É dia de festa.

    ResponderEliminar
  5. Hola, Bea!

    Que é feito de ti? Tus lerias (sonrisas)?

    Siempre passeando y conhecendo nuevos lugares. Fazes muy bién.

    Conheço Santiago, pero há muchos anos, mas de 7, que aí no vou. Tengo k pensar em viajar até esses lugares.

    Es preciso renovar o Património, não desprezando o clássico.

    Tens netinhas? Que bueno! A mas pequenina adormeceu logo ao som da tua canção.

    Besos y te aguardo en mi blog.

    ResponderEliminar
  6. Hola Bea. Buenas noches.
    Me parece un lugar muy bonito y nos encantó asistir a la ciudad de la Cultura ha Sergio y a mi. Fue una salida cultural muy interesante.
    Muchísimas gracias.

    Un abrazo muy grande.

    ResponderEliminar
  7. Yo también escribí en mi Bloc, sobre la Ciudad de la Cultura. Es interesante y como Patrimoniode la Humanidad me parece un acto comprensibles.
    Muy digno de visitar.
    BESOS !!

    ResponderEliminar
  8. Ola Bea, desexo e espero que todo estea ben na túa vida e tamén na dos teus seres queridos, igual que para min quero.
    vin ver se tiñas unha nova entrada e vexo que non e así, pero ben, xa a poderás cando poidas, eu ben sei que sempre se pode.

    Unha aperta grande e biquiños.
    Se moi moi feliz.

    Xa me esquecía, domingo temos que votar ben eh.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.