www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 1 de abril de 2019

Á LUZ DAS CAMELIAS






" Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol"

(Federico García Lorca)






Xa dicía Álvaro Cunqueiro  que as camelias eran luces no inverno galego. 
Un domingo de cambio de horario nos reloxios interiores. Unha madruga prematura para chegar a tempo ó autobús que nos levaría de excursión polos pazos mais siñificativos no cultivo das camelias. 
Pequenos incidentes co lugar de saída e por fin, comenzando unha viaxe que, entre outras cousas, tiña por obxectivo principal adentrarnos no coñecimento desta planta, da que sae o té que tomamos, o aceite de camelia que tantos séculos no sur da China servíu de aceite para cociñar e que se volta á sua elaboración aquí mesmo, en Galicia, onde a camelia veu para quedarse. 
O primeiro pazo que visitamos foi o Pazo de Oca que se atopa na Estrada, do que se di que é o Xeneralife do norte ou o pequeno Versalles. Alí puidemos ver o seu xardín de estilo francés, pura escultura vexetal, decorado con estanques como o da Paz, con cisnes brancos, e o da guerra, con cisnes negros, fontes con distintos nomes e decorados, labirintos de entretexidos arbustos de buxo formando figuras e diseños diversos, pontes, pasadizos, rincóns para o lecer dos seus donos e donas e moitas, moitas camelias diferentes, con flores de variadas cores e feituras, podendo así comenzar o noso estudo, sabendo que hai diferentes especies como a japónica, reticulata, sasanqua, por mencionar só as que alí mais abundan. 
Ata onte, eu, gran consumidora de té, non sabía que a miña bebida preferida viña desa planta, concretamente da Camellia Sinensis, dos seus brotes e follas, mentras que da semente sae o prestixioso aceite de elevado coste e que se comercializa en Galiza e é un excelente aceite de cociña, de cosmética, alén de curativo.
Ademais das camelias, abunda alí o buxo, teixos, kiwis, viñedo, árbores senlleiras de cinco centos anos de antigüidade, árbores orixinarias doutros países como Xapón, sequoyas, rododendros de gran altitude, magnolios etc.
O que mais chama a atención é a meticulosidade dos diseños vexetais ornamentais que van dende un xardín que imita o chan dunha catedral francesa, ata a elaboración de figuras de animais e persoeiros populares, que foron esculpidos nunhas estructuras de ferro e que poden tardar mais de cincuenta anos en tomar a forma desexada ata que o buxo, de lento crecimento, poida acomodarse aos corsés que o delimitan.
Alí traballaron expertos xardiñeiros, algúns vidos de outros países, e foron dando continuidade a estas obras de arte vexetal que tan lentamente pasan dunha xeración ás seguintes. 
Malia o rechazo que se poda sentir polos que foron detentadores de poder e asoballamento da clase baixa, campesiña en pró dos seus luxos e caprichos, hai que ter en conta, que son nestes lugares onde se conservan bens de interese patrimonial, que de non ser tido por eles, non poderiamos agora admirarlos. 
Un alto para xantar e achegarnos, de camiño, ao Pico Sacro, primeira tumba do Apóstolo Santiago, lugar mítico e de interese xeolóxico, xa que se atopa alí un rochedo de purísimo cuarzo, que ven sendo a ferida que quedóu da colisión entre dous continentes e da que emerxéu Galiza. Pagou a pena subir ata alí arriba e admirar a inmensidade que dende alí se alvisca e que din que se poden ver ata  cento cincoenta igrexas, á redonda.
Pola tarde, e sen ter que desplazarnos grandes distancias, achegámonos ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, que foi adquirido por un coengo de Santiago, e que consta de innumerables terras, todas elas adicadas ao cultivo da oliveira e da camelia. 
Trátase dun xardín de estilo inglés, menos eisixente co de Oca, pero que tamén conta con estanques e praciñas cuadriculares, con unha fervenza , con fontes como a de Jovellanos, que pasou unha tempada neste pazo para curarse dun mal tomando leite de burra. 
Alí atópanse tamén árbores como o ombú, cun enorme diámetro na base, carballo piramidal, palmeiras Washingtonia, tulipeiros de Virxinia, magnolios xigantes, fento australiano e moitas Oliveiras formando carreiras simétricas que se estenden por toda a finca. Ten, ademais, fraga e campo agrícola e viveiros de camelias. 
Chama a atención a cantidade de camelias cultivadas e silvestres que alí se encontran formando avenidas alfombradas de pétalos que non caen un por un senón toda a flor dun golpe e que cubren o chan das mais diversas cores. 
Rematamos a tarde cun percorrido relaxante ao longo e ancho desta propiedade que é coidada e traballada por unhas dez persoas e que ten, como non, punto de venda de camelias e artículos elaborados cos productos destas árbores, como aceite de camelia, aceite de oliva, xabóns, colgantes de madeira.... entre outros.
Poñendo fin a esta primaveral incursión polos mundos da camelia, fixemos unha parada nunha fábrica de queixo que admite visitas turísticas e está preparada para eso. Proxectousenos un video do que é un día na rutina na elaboración de distintas clases de queixo pero dentro da denominación Ulloa, unha degustación que nos sentou  moi ben como merenda e unha rápida compra para levar algo non so qué contar, senón que comer!









5 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Hola Bea.
    Estás radiante y guapa como siempre. Que Dios te conserve asi de bella y hermosa.
    El lunes estuve leyendo tu post y sin querer se me escapó el dedo del teclado y no pude terminar de escribirte y ahora resulta que en mi Bloc no me sale mi fotografía de perfil y me decepcionó cuando me sucede estás cosas en plena escritura.

    Me encantó leer esta entrada. El jardín botánico de Las Camelias son preciosas y la cultura que nos enriquece a todos por conocer.
    Es interesante saber y recordar que algunas Camelias en su época tenían beneficios curativos. Todo esto es pura vegetal que aportan una gran variedad de infusiones. Me gusta lo bien cuidado que está por los jardineros profesionales.
    Me apasiona la artesanía de la que mencionas, ceites de camelias, aceite de oliva, jabones, colgantes de madera...
    Ya me imagino el buen olor que debe de tener. Y los colgantes de madera con olor al aceite de camelias. Es espectacular en cultivo de flores estilo terapia.
    Ha sido un placer.

    Un abrazo de buenas noches.

    ResponderEliminar
  3. Hola Bea.
    Estás radiante y guapa como siempre. Que Dios te conserve asi de bella y hermosa.
    El lunes estuve leyendo tu post y sin querer se me escapó el dedo del teclado y no pude terminar de escribirte y ahora resulta que en mi Bloc no me sale mi fotografía de perfil y me decepcionó cuando me sucede estás cosas en plena escritura.

    Me encantó leer esta entrada. El jardín botánico de Las Camelias son preciosas y la cultura que nos enriquece a todos por conocer.
    Es interesante saber y recordar que algunas Camelias en su época tenían beneficios curativos. Todo esto es pura vegetal que aportan una gran variedad de infusiones. Me gusta lo bien cuidado que está por los jardineros profesionales.
    Me apasiona la artesanía de la que mencionas, ceites de camelias, aceite de oliva, jabones, colgantes de madera...
    Ya me imagino el buen olor que debe de tener. Y los colgantes de madera con olor al aceite de camelias. Es espectacular en cultivo de flores estilo terapia.
    Ha sido un placer.

    Un abrazo de buenas noches.

    ResponderEliminar
  4. Precios espacio de camilias que da paz é armonía a nosa estancia por esta vida, onde axa unha flor hai beleza que cautiva.

    Unha aperta amiga miña. Todo un pracer facer un percorrido esta túa casa.

    ResponderEliminar
  5. Precioso quixen decir, sempre como unha letra como se tuvera fame...

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.