www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 20 de xuño de 2018

AUTO -STOP: de Amsterdam á Tetuán



"Por dónde anduvieres, haz como vieres" Ese dito escoitéino moitas veces a miña nai, e a min sacoume de apuros, debo confesar!
Por aquela época, acababa a miña etapa holandesa. Estivera traballando unha tempada en Amsterdám, e alí, cidade moi internacional xa daquela, contactara con personas magrebíes e gostaba do té verde con menta e do cous-cous, entre outras cousas.
Antes de voltar á miña aldea, quixen coñecer algo de Marrocos. Non sei se viñera en tren ata a fronteira con España e logo "a dedo" o resto do camiño. Sei, que eu ía cunha parka moi colorida, a listas e que non pasaba desapercebida. Dende Madrid, collérame un xaponés, aficcionado á fotografía, como case tod@s os nipóns, e fixérame unhas fotos con aquela vestimente que eu levaba. Xa unha vez en Ceuta, collera un autobús que me levaría a Tetuán, entre xente cargada de fardos enormes. Cando cheguéi alí, pois ía percurando a casa dun amigo que fixera en Amsterdám e que estaba de vacacións pasando unhos días na sua cidade de orixe, vinme rodeada por marroquies que me preguntaba:
-" Buscas a Mohamed?
Eu quedei soprendida ao principio de que todos eles coñeceran o nome da persona que eu buscaba. Non me decatara aínda que case todos os homes se chamaban así. Eu percuraba a Mohamed Alí, despois de todo, dous nomes tiñan que dar mais pistas que un só.
O conductor do autobús axudoume a sair da situación. Sempre o lembrarei. Percuroume un hotel onde pasar a noite, e ao día seguínte, voltaría a indagar onde vivía o meu amigo.
Polos datos que ía dando, e como Tetuán, daquela, non era un lugar moi grande, todos se coñecían. Por eso atopei ó amigo que buscaba sen demasiada dificultade.
Dende entón, todo cambióu. Vinme na súa casa, ca sua familia, moitas irmáns que me coidaban e me deron roupa para cambiarme. Era mellor que non levara a que eu traía porque chamaba moito a atención e iso non era cómodo con tanto home polas rúas.
Cubrín a cabeza co meu pano ou con otro que elas me deron e como son morena, non se notaba nada que fose doutro país. Eu deixéime facer, porque todo era amabilidade e bo recibimento pero as normas eran estrictas: as mulleres tiñamos unha sá so para nós, os homes outra para eles. Dormíase tamén en habitacións separadas. Todo o día se bebía té verde con moito zucre, e pan con anises. Daquela era xa a festa do Ramadán. O pai, que era tendeiro nun posto do bazar, matara o año e nas casas que visitabamos había que comer en cantas entrabamos. Supoño que era ou antes ou despois desta celebración, porque comer, si que se comía todo o día.
O que peor levei foi o do aseo. Alí nada de papel no WC, nada de ducha na casa. Leváronme a unhos baños públicos pero non había duchas. Tiña que coller auga nun caldeiro e ducharme así.
Cando faciamos algún percorrido, como a Tánxer, compartiamos taxi con outras persoas. Era moi común esta forma de viaxar.
Prohibida toda manifestación de amor en plena rúa ou no cinema. Os bicos formaban parte da intimidade. Tampouco se podía falar de política nen relixión. Unha muller non era ben vista nun bar, sitio que lles estaba vedado. So os homes podían ir.
Pagóu a pena a experencia e hoxe gostaríame voltar para ver se cambiaron certas cousas, entre outras, a maneira de recibir a unha forasteira!
Non me queixo! Para ser unha muller soa que viaxa a un país como aquel na época na que fun, non poido estar mais agradecida ao destino!
Sempre lembrarei a Mohamed Alí, un bo amigo, un amigo leal!



3 comentarios:

  1. Gostei de ler. Um amigo é um amigo em qualquer parte do mundo, ainda que em algumas as condições de vida sejam diferentes das nossas. Mas se a amizade é verdadeira e leal fica na nossa memória e no nosso coração.
    Abraço

    ResponderEliminar
  2. De nuevo aquí, Bea.
    Sales estupenda. Que belleza, prima.
    Leyendo tus memorias de una mujer viajera del mundo totalmente empedernida. Sabia que de joven habías estado en otros países, pero leerte y verte en unas fotografías tan repletas de nostalgia, la verdad que hay en ti un gran reconocimiento moral, querido, atraído, recorrido... ect. Gracias a la vida que fuiste bien acogida en Ámsterdam...

    Un abrazo muy grande

    ResponderEliminar
  3. Os consellos de túa nai valéronche en Amsterdám, gústame esa mestura de amor polo teu e de interese por todo, polo té verde e o cous cous, mestura que te levou a Marrocos. Atopache a Mohamed Ali en Tetuán e sacáchelle partido a ser morena. O pano na cabeza, outrora tamén presente nas aldeas galegas. O de viaxar compartindo taxi é unha especie de blabla car. Que foi de Mohamed Ali?. Quen sabe, o caso é que o teu relato pasou nun suspiro, foi como unha arañeira no ceo, unha treboada de aventura, literatura e humanidade. Ou, como dixo aquel, simplemente Bea!.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.