lunes, 20 de marzo de 2017

PRIMAVERA









Non son de días "D" nin de equinócios  que me indiquen  que é a hora, o momento xusto cando algo comeza ou acaba. Fai tempo que veño sentindo a primavera, cando apenas se nota, cando o corazón se alegra porque os días medran, porque brotan follas e flores, e cantan os paxaros e fan neais, e voltan as cigoñas e o sol aloumiña. Pero, hoxe, 21 de marzo, o calendario marca o reloxo do tempo igualando o día á noite en todo o planeta e eso pode ser importante. A miña andadura de hoxe, día tristeiro e grisallo, os meus pasos tropezan co vóo dunha cigoña que levanta mesmo diante de min para buscar outro prado un pouco mais lonxe. Vina tal cal é de grande e sorprendente. Quizais nunca a vira tan perto, mesmo me sorprendeu por un mínimo instante no que non sabía qué ave era esa xigante creatura. Logo, mais arriba, ao pasar por unha xesteira, un corzo ou unha corza, dispúñase a cruzar o camiño. Reparóu en min e olloume por un intre prolongado que me convidóu a chamala amablemente pero ao escoitarme, emprendeu fuxida cara á sua madrigueira. Estes encontros fixeron o meu día de comenzo de primavera. Os meus paseos sen Noa, xa non teñen igual siñificado.




Vótoa de menos. Ela queda na casa porque está co celo e xa leva así mais dun mes, encerrada, sen facer exercicio. Por eso se puxo un pouco mal das articulacións e tiven que levala á veterinaria, quen a atendeu moi ben e lle recetóu e xa lle fixo efecto. Noa xa ten a miña idade, mais ou menos. Somos moi parecidas en estilo de vida activo. Estou desexando que lle pase para que me acompañe nas andainas. Noa baila comigo, Noa gosta de ver a familia no Skype, Noa recibe as visitas, anúncia a chegada de xente, detecta ruídos na casa, encántalle a música na radio, a miña comida, subirse ao banco da cociña, acompañarme na horta cando sacho.....Noa é tranquila, sabe estar, non molesta....
acompaña, sinte, trasmite, le as emocións, sabe que algo non vai ben, mesmo sabe cando desafino co acordeón. Durme cos balses e esperta cas rumbas!
Hoxe non loce o sol a pesares de empezar a primavera!

4 comentarios:

  1. Por aqui hoje está um sol lindo, apesar de se anunciar chuva para amanhã.
    Lamento que Noa esteja doente. Também para ela deve ser triste não poder acompanhá-la. Oxalá fique boa depressa.
    Provavelmente a cegonha nunca se aproximou tanto por medo da Noa.
    Um abraço e já que hoje é também o dia da Felicidade, que a primavera venha prenhe dela, para toda a humanidade.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  2. A primavera. O lerte estaba alí contigo, camiñando sen présa. Vin a cegoña e o corzo, pero faltaba Noa para que ti foses a de sempre. Veñen días máis largos, moita vida fora da casa. Neses paseos longos estará de novo contigo esa compañeira que tan ben te entende. Non hai dous días iguais, nin eses grises do inverno, para quen sabe mirar e sentir toda a beleza que o rodea, esa que conteñen as deliciosas líneas de este texto co que nos agasallas. Outra vez máis estimúlame lerte, seguro que mañá apreciarei mellor a chegada da primavera. Grazas Bea, unha aperta!

    ResponderEliminar
  3. ¡Qué relato nos has hecho tan entrañable! Ver la vida en una cigüeña y en los corzos, como un anuncio de la primavera!

    Tengo que confesar que me he asustado cuando he leído que no podía acompañarte Noa porque he pensado lo peor. Ha sido un alivio conocer la causa de la ausencia. Verdaderamente, por todo lo que cuentas de Noa, y yo te creo, es un tesoro.

    Convivir con un animal es una experiencia porque vemos con claridad cuanto comprenden y cómo somos de importantes en su vida. Fíjate, ahora estoy preocupada por qué le pasará a mi gatito si yo me voy, y claro por primera vez en muchos años, me planteo que tengo un motivo por el que sostener mi vida: cuidar de la suya. Me tiene, me ha ganado sin ninguna duda.

    Un post precioso que me ha encantado leer. Un abrazo. Franziska

    Ah, se me olvidaba ¿qué tal el muro?

    ResponderEliminar
  4. Acabo de ver tu comentario, es curioso piensas igual que yo. No sé si voy a recordar tu correo -qué lata de memoria- es para enviarte el primer poema del libro que aún es más oscuro e indescifrable que el que yo he escrito. Esto es la modernidad. Me lo he tomado como una experiencia nueva, igual que hago con las fotos -superposición de imágenes, es divertido- pero, ambas creemos, que el lenguaje es una herramienta de comunicación y no de confusión y no de piense usted lo que quiera, eso es cosa suya.

    Gracias por el comentario. Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar