www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 22 de marzo de 2017

O MEU ALMORZO






Dime qué almorzas e direiche quén es!!!!
Levantarse cedo e ir preparando o corpo, sen presa, para ese primeiro refrixerio matutino é todo un ritual. Primeiro ocúpome dos meus animais que me agardan e saúdan con agarimo. Saímos a fora e vemos a climatoloxía do día. Doulles o seu almorzo e voume preparando o vasiño de auga templada, coas semillas de lino que quedaron a remollo, e que tomo con mel, levadura de cervexa e zume de limón para que o organismo vaia limpándose media hora antes de almorzar. Mentras tanto lávome, vístome e xa lista para encarar o día, tomo a froita da mañá. Logo empezo os preparativos do almorzo que consisten en ir poñendo o fervedor de auga para facerme unha taza de té (case sempre xaponés), e que ten a súa maneira de prepararse, quentando antes a teteira con auga quente, e deixándoo os minutos precisos e ca auga ós graos que se debe facer o té. Logo poño o pan a torrar, (case sempre o meu propio pan, integral e de centeo) e poño na mesa o bo aceite, o queixo de cabra, a marmelada caseira, as noces, o allo, e o compango que pode ser salmón, sardiñas, pavo.....alén das sementes de sésamo, pipas de xirasol ou un mix de sementes.
Así comeza o meu delicioso momento que fará sentirme chea de enerxía o resto do día. Ademais, acompañada de Noa que está sempre agardando que caia algo ó chan ou que me camele para que comparta algo do meu con ela.
Cando traballaba de mestra, sempre lles preguntaba ó alumnado que almorzaran. Había sempre alguén que non tomara nada aínda, ata a hora do recreo. Como eu daba clase de inglés, practicabamos con eses temas cotidianos porque así sentían que lles concernía o que falabamos.
Ademáis de falar noutro idioma, estabamos a aprender sobre temas transversais como é este da comida, de saber coidar o noso corpo.
Nos hoteis, había o almorzo continental ou o tradicional do país, neste caso, Reino Unido, e eu sempre tomaba o deles porque o continental soábame como a moi fulero, un cáfé e pouco mais. 
Xa de nena, eu sempre fun acostumada a tomar un bo almorzo. Así era no campo, unha boa taza de sopas de pan da casa con café con leite non faltaba en ningunha casa. Logo a media mañá ainda tomabamos as once, que era algo mais consistente, como unha tortilla á francesa, pan con queixo, ou con manteiga e azúcar.
Na época dos meus pais, acostumaban almorzar caldo de rustrido que era un caldo de patacas picadiñas ao que se lle engadía un refrito con allo. Non estaba mal! Ou tamén as castañas que sobraran da noite anterior, e postas a quentar na plancha de ferro, así torradiñas, qué ben sabían, cunha cunca de café con leite!.
Pero eu lémbro o meu almorzo cando ía a escola aquí na aldea. Un paquete enteiro de galletas tostadas Fontaneda, e a taza de café con leite. Pero antes, miña nai, ainda me daba un ponche que levaba ovo e viño de misa. Por aquelo de que tiña que alimentarme que estaba medrando!!!
Así que, cómo non vou eu seguir apreciando ese tempo co que empezo o día, e ao que lle dedico media hora ou mais e deixo que me veñan as ideas e a planificación do día.
E eso é algo que pasa de pais a fillos/as porque ainda que a veces se desvíen, coido que eses principios de educación para a saúde, prevalecen o resto da túa vida.
BO ALMORZO!!!

5 comentarios:

  1. Ha sido un recorrido minucioso oor algo tan importante como el desayuno. En líneas generales, en España algo muy flojo y, tengo que reconocer que es lo que yo he hecho durante muchos años. Incluso me iba en ayunas al trabajo. Si tenía tiempo me tomaba algún bollito y de este modo llegaba a la hora de comer con una necesidad nada moderada. El mayor de mis errores alimenticios.

    Descubrí más tarde, tendrías yaa más de veinte años lo biern que sentaba desayunar. Ya fue un cambio. Pero he sostenido durante toda mi vida la mala costumbre de no comer nada entre horas.

    Estoy ya llegando al final y es curioso que este cambio de costumbre también fue apareciendo en los últimos años. Ahora lo que nos cuentas, con esa gracia y naturalidad con que te expresas en tu lengua, se parece algo a lo que yo hago. Ahora si desayuno como es lógico. Más vale tarde que nunca.

    En los viajes que hago todavía con el Inserso, en la mayoría de los hoteles, te ofrecen las dos posibilidades pero, seguramente porque los precios son baratos, la alternativa son huevos fritos o cocidos, baicon y salchichas. Así, he visto a algunos españoles, tomarse el desayuno de café o chocolate con bollería y añadir después, las salchichas, el huevo y los torreznos. ¡Dios Santo, qué portento de apetito!

    Veo que te cuidas. Eso del té japonés, las semillas de lino y esa fórmula que incluye zumo de limón para tomar en ayunas, voy a copiártela porque me parece magistral.

    En fin, que he pasado un rato muy ameno. ¿Enseñabas inglés? Es claro que lo dices, no cabe la menor duda. Yo he trabajado como traductora comercial e incluso he traducido textos de productos farmacéuticos durante los dos años que trabajé en los Laboratorios Abelló, hace de esto ya más de cincuenta años...

    Un abrazo muy fuerte. Franziska

    ResponderEliminar
  2. Aí Bea, que rozón ten Franziska persoa fantástica, con o do Imserso... Ben certo e que fan unha mestura que penso como non rebentan?... E xa cambiando de tema, que pos tan xeitoso nos relatas, amiga. Quen puidera estar o teu lado ou por o menos estar cerca e poder ir algún día almorzar contigo, compartirías ese apetitoso almorzo comigo? Estou segura que si. Eu tamén dentro das miñas posibilidades compartiría algún xantar viaxes e outros eventos, amiga miña.
    Gustoume moito esta entrada a verdade e que me gustan moito todas as túas entregas, dáslle moita claridade e xeito a todo o que expresas, gústame que te coides así de ben e moi san. En tamén o fago pero no tao abúndate porque xa non me cabe tanto, con os anos un vai comendo menos cantidade.
    E agora que non acabo de librarme de esta gripallada, menos aínda.

    Ben reíña, foi un bo acerto acércame ao teu recuncho precioso foi un regalo para min lerte.

    Unha aperta moi grande e segue coidándote así de ben.
    Biquiños de esta amiga que tes aquí en Pontevedra.

    ResponderEliminar
  3. Que bom ter boas lembranças dos tempos de criança. Quando eu era menina, nunca passei fome de sopa e de pão, mas do resto já não digo o mesmo.
    Quantas vezes fui para a escola, com um pedaço de pão e um pouco de banha de porco, que o preço da manteiga era proibitivo para a carteira familiar.
    Eu sofro do estomago, acordo quase sempre com ele a doer.
    Logo vou à casa de banho, tomo o banho matinal, visto-me, tomo os medicamentos e o pequeno almoço. Só depois começa o meu dia.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  4. Olá, querida Bea!

    Como sempre, adoro ler tus textos, pke descreves tudo com muitos pormenores e de manera mto realista, como se estivesses hablando connosco.

    Entonces, o teu almoço es a refeição principal e tem de ser substancial, para que te sintas com energia para o resto da tarde.

    Bonito recordares os almoços do tempo de tus padres y aquilo k tu madre te dava. Son lembranças de k nunca nos esquecemos.

    Do you speak, English, my dear friend? Me, a little bitte.

    Kisses and a good week.

    ResponderEliminar
  5. Querida Bea.
    Que bonito todo lo que nos cuentas.
    Llevamos una vida muy sana. Antes de almorzar salir a la calle para ver el tiempo que hace y después un buen almuerzo. Los recuerdos que describes de tus alumnos, cuando les preguntabas por el almuerzo. Buen tema cotidiano en clases de inglés. Esta hechas una dulzura tanto en la cocina como en persona.
    Esto tiene una pinta... que huele que alimenta. Guapa. Se me hace la boca agua. En los alimentos y abitos saludables nos parecenos.

    Un abrazo muy grande.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.