www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 12 de xaneiro de 2015

UN DÍA CHAIREGO!

Domingo, once de xaneiro de 2015. Xeada. Poucas ganas de madrugar. Tempo xusto para emprender a marcha cos Amigos do Patrimonio de Castro Verde a Vilalba. Obxectivo: visitar unha mostra de árbores senlleiras chairegas, que Polín recompilou con tanta maestría e arte.
Antes de chegar a Vilalba, paramos a ver no lugar algúnhas destas árbores que mais tarde teríamos tempo de apreciar na mostra. Como a ruta non ía lonxe de Penas de Rodas, paramos  alí. Eu tiña verdadeiro interés en ver de perto este fenómeno que para min é inexplicable e do que non hai moita información. Cómo unhas moles de penedos redondos, de toneladas de peso, poden pousarse en equilibrio constante sobre outras de base, sen pasar dalí, soplen os ventos de  onde veñan. E quén as puxo alí?
No Auditorio de Vilalba agardábanos unha sorpresa, froito dun traballo de investigación ben levado e moi ben exposto en paneis a toda cor, mesturando historia, literatura, lendas en torno a esas árbores monumentais que perduran na comarca chairega grazas a loitas persoales por mantelas, grazas a súa valoración por poetas, escritores, artistas  e xente do pobo que as convertiron en símbolo e raigaño da nosa cultura, como persoeiros que habitaron e habitan o noso entorno formando parte da vida diaria.
Chamóume especial atención un mapa das municipalidades da comarca chairega, con copa de árbore, e na que se pode apreciar que naquelas na que a concentración parcelaria tivo lugar, apenas quedan árbores senlleiras que merezan ser tidas en conta xa que foron aniquiladas  en pro do aparcelamento. Pola contra, alí onde este fenómeno non se deu, abundan as árbores e consérvanse tanto que estean sans como se estan ocas por dentro.
A mostra non sería igual vela pola nosa conta que guiada polo propio autor, que vive e conta o que fixo coa emoción do artista que se sinte en comunión espiritual coa sua obra. Obra que ten intención de ser itinerante e poder verse noutros lugares de Galicia, xa que o seu didactismo é digno de ser tido en conta para as futuras xeracións a quenes se pretende concienciar e sensibilizar no aprezo das nosas árbores.
Falaba da parte aérea da árbore, como unha musa inspiradora de tantos persoeiros da nosa literatura que froitificaron nesa bisbarra. Cómo a parte que nos eleva e nos une ao espiritual, ao intanxible, ao sublime.
Moi interesante e extensa. O seu percorrido pola mostra levounos un par de horas que se pasaron inadvertidas a pesares de ser moita hora de xantar.
Completamos a xornada cunha visita ao Parador que nos foi amosado con moita disponibilidade. A súa torre de forma octogonal, coido que é unha das poucas que se conservan. Corenta e oito cuartos son o resultado do aproveitamento deste edificio ao que se engadíu unha parte nova e está situado no Camiño do Norte ao seu paso pola vila que é capitalidade desta comarca.
Rematamos cun paseo de unhos dous quilómetros pola veira do río Magdalena, no que hai unha praia fluvial e un muíño restaurado alén de varias pontes de madeira que o cruzan de tanto en tanto.
Fíxose de noite cando iniciamos a viaxe de volta. Decateime que non probaramos o queixo de San Simón da Costa pero queda para outra visita por conta propia calquer día xa que non é tanta a distancia e ainda non vimos todo o que hai que ver en Vilalba.
Gustoume a parte histórica do lugar que non tiña visitado antes, por ser so un lugar de paso de camiño a...
pero achegareime, sin dúbida, cando haxa unha feira ainda que non sexa a do capón.


5 comentarios:

  1. Ola de novo, amiga: Estas fermosa nesa foto baixo ese pedrusco de non sei cantas toneladas. Ten que ser impresionante ver esas pedras tan enormes, eu tamén me pregunto quen as puxo alí? Ben, fixeches un fermoso recorrido por -a historia da natureza e da vida, presente, pasado e futuro. Que siga conservándose a gran requeza que disfrutamos na nosa terra.

    E non te apures a volver a facer o mesmo recorrido, espera a primavera que quizá poidamos ir xuntas. Gustaría tanto! De ver esas árbores e pedras? Igual aí sorte.

    Gracias por regalarnos esas vivezas dignas dunha mirada detida.
    Foi un pracer dar un paseo por as túas letras.

    Un abrazo e todo o meu cariño, querida Bea.
    Biquiños moitos.

    ResponderEliminar
  2. ¡¡Ola Bea!!!

    Paso de novo a dar un paseo por a natureza de Vilalba, verte debaixo de esa mole, comenza a darme vértigo. Así que xa me vou, sin antes darche as gracias por a túa visita a miña casiña virtual.

    Que teñas un bo fin de semana e abrigate que vai facer muito frío.
    Biquiños moitos.

    ResponderEliminar
  3. Grato paseo has realizado con amistades !!!!

    Cariños

    ResponderEliminar
  4. Grazas a tod@s por deixarme un agarimo!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.