martes, 6 de enero de 2015

A NENA QUE FUN

Eu cando tiña 4/5 anos???
Conservo aínda as primeiras fotos. Naqueles tempos non había cámaras nas casas. Ocasionalmente, con motivo dalgún acontecimento, viñan fotógrafos a retratarnos. Sempre me gustóu gardar as reliquias do pasado co tesón dunha coleccionista. Moitas cousas desapareceron ainda que eu as tiña destinadas a supervivencia, tales como a roca de fiar, as cardas da lá, a devanadoira, as miñas primeiras zoquiñas feitas por un zoqueiro artesán, a radio que tanto me axudóu a aprender cousas do mundo, as planchas de carbón e mais de quentar...... Todo se foi perdendo pola casa sen deixar rastro.
Do que podo lembrarme, non  sei os anos que tería, tal vez catro, é daquel "manguillo" de escribir,nacarado,  polo que podía ver diferentes paisaxes da cidade de A Coruña. Eu nunca alá fora, claro está, pero cheguei a ir andado un tempo, e montar no "tio vivo", ver unha película no cinema e xirar un aro na cintura na casa dun familiar onde tamén me agasallaron cun boneco chinés de porcelana que conservei moito tempo. Xa dende nena me gustaban as diferentes etnias do mundo. Lembro cómo sentía interés por ter unha boneca preta e apadriñara dous cativos africáns, na escola, levando os cartos ás agachadas, do caixón da taberna e polo que tiven que "dar contas" aos meus pais.
Tempos aqueles, cando o mellor agasallo que podía ter por reises eran unhas zocas de zapatilla, que tiñan tres pes, e coas que nos sentiamos como agora cos mellores zapatos do mercado.
Eu, con miña nai na festa dos Remedios no Castro
Nas berzas e con tirabuzóns!
A xuzgar polas fotos que gardo, eu debín ser unha nena moi seria. O cal non quere dicir que non estivese leda e mesmo feliz, pois tiña unhos pais que me coidaban moito, que se desvivían por min, que me daban todo o mellor. Todo aquelo que eles non tiveran. Miña nai facíame toda a roupa, mesmo os sombreiriños e tamén me fixo o traxe da comunión. Meu pai tíñame sempre no colo cando viña de traballar de carpinteiro. Eu lémbrome que o peiteaba e a él gustáballe. Era moi neneiro e sempre me defendía cando miña nai me rifaba por algo. Sempre contaba que me tivera no colo para comer ata os doce ou trece anos!
No curral e con vento.
E durmir, durmín sempre coa miña nai ata unha edade na que xa se ten noivo. Non sei se esto foi cousa miña, cousa das duas ou qué foi! Ela facíao para que eu durmira ben tapadiña e non collese frio na cama porque estaba sempre acatarrada, (polo menos servía de excusa.....)
Agora xa son avóa e revivo a infancia por terceira vez. Pero a un netiño observaselle mais porque quén realmente se ocupan son os pais. Aos avós quédanos mais tempo para disfroitar visualmente deles.
Unha taberneira moi seria
Cando atopei aquela personiña a carón da súa nai, tan pequerrechiña ela, e tan durmidiña, tan indefensa.... sentín unha emoción tan grande que dende daquela acompáñame sempre no pensamento, no recordo, nos soños....Cada vez que a vexo, observo todas as súas reaccións, as expresións do seu corpo, da súa cariña. O que mais me conmove son os sorrisos amplos, case gargalladas, que a veces nos regala. E vexoa vir cando chora, e sei cando atende ao que lle canto, e comunicámonos penso que con unha boa sintonía.
Na Coruña con miña nae
Na feira de Castro Verde coa mamá
e unha prima de Madrid.
Hoxe é día dos Reises ainda que eu vexo neste día como unha liberación do torbellino de finais dedecembro, primcipio de  xaneiro que cada vez me resulta mais difícil de levar e xa estou pensando facer como unha coñecida miña que se foi a Indonesia a disfroitar do sol e da praia. Tampouco aquí nos faltóu sol  e o inverno empeza moi ben e da gusto disfroitar de portas a fora pero hai que aguantar as frias noites a carón  dun bo lume do de verdade.
Como non estou inspirada, deixo aquí as miñas impresións para quenes gosten de lelas. Eu paseino ben mentras as escribín e deso se trata.
Non fixen demasiados propósitos para este ano ainda que pensaba facer o blog bilingüe: inglés-galego. Tamén debería retomar o xaponés e a calceta. O que sí,, que me da pola cociña e por receitas novas.
A horta está reclamando a miña atención neste soleado día de xaneiro 2015.
FELIZ ANO (ainda que hai que axudarlle!)
Así era eu de pequena






4 comentarios:

  1. ¡Ola Bea!!!

    Bonito texto nos deixas, amiga. Cantas lembranzas gardas ou gradamos porque me parece que a todos nos pasa, pois todos fomos meniños/as e deixamos unha estela longa de recordos de vivenzas, das que dan crédito as fotos e os nosos sentidos a nosa memoria.

    Eras unha meniña seria si, con esa mirada espaiolada que parecía sentir curiosidade xa por todo o que te rodeaba.
    moitas felicidades por esa netiña que xa sorrí e fai as ledicias da familia. E un pracer esta lectura, así como o foi para ti mentres a escribías.
    Gracias por contar estas cousas de antano, de como foi a túa crianza o lado dos teus pais. Ten un gran interese para quen guste de lela.

    Foi todo un pracer pasar por a túa casa virtual.

    Un abrazo e toda a miña estima.
    Se moi feliz.

    ResponderEliminar
  2. Los recuerdos de nuestra infancia son como un caja de música que al abrirla ... Entona una melodía ya escrita... La de esos años de risas y batallas, la de esos tiernos y fundamentales años. Es muy bonito conservar fotos y sobre todo evocar con ellas momentos. Un abrazo de luz

    ResponderEliminar
  3. Buenas tardes señora Bea!
    Fotos en blanco y negro son muy interesantes. :)
    Gracias por visitar mi blog y disfrutar de mi trabajo.
    Sea muy bienvenido y volver cuando quieras.
    Su blog es también muy interesante. ¡Enhorabuena!

    ResponderEliminar
  4. Recuerdos que suenan como un estallido de flores de mil colores en primavera.
    Eres muy guapa, prima. Te quiero un montón.
    Un abrazo

    ResponderEliminar