viernes, 23 de enero de 2015

DE PAPAS E MAMALIGAS......

Todo me xurdíu de súpeto cando me convidou unha amiga a probar o seu arroz con leite feito na termomix. Estaba tan ben feitiño e tan mol e apetitoso que evocóu en min todas as papas da miña infancia, a mamaliga de Rumanía, o porridge inglés e a polenta e semolina preparada por unha colega bretona que vivira na Sicilia. Entón decidín que vou adicarlle este post a eses alimentos tan antigos que serviron de comida básica en tempos difíciles sobre todo no rural onde a fariña de trigo, centeo ou millo combinado co leite, facían o substento de tantas familias numerosas naquela época.
Mamaliga
Empezarei polas nosas papas. Os galegos e galegas que nos criamos no campo, sabemos ben como eran. Cociñábanse mesturando leite e auga e fariña da que houbera, trigo, centeo, millo e había que remexer e remexer constantemente para que non se pegaran. Ainda me lembro cando empezaban a ferver a borbotóns espesos e facían un ruidiño ameno que anticipaba a bonanza daquel prato a rebosar de unha masa branca e mol, quentiña e saciante que se tomaba ou ben ao almorzo pola mañán ou ben pola noite.
Escoitei contar, non hai moito, de como as mulleres cando se aproximaba o momento de parir, na casa, como era costume, preparaban un bo prato de papas e un bo lume na lareira para facilitar a dilatación con toda aquela quentura por dentro e por fora e que así era todo moito mais doado no trance de dar a luz.
Cando visitei Rumanía, descubrín a mamaliga, (pulicka, en húngaro), que é unha variedade da polenta, fariña de millo ou semola, que se cociña tamén como as papas e que viña a substituir o pan en zonas rurais sendo alimento das clases humildes. Agora utilízase para acompañar pratos tradicionais á base de queixo e para dietas de adelgazamento xa que ten moita fibra e facilita o tránsito intestinal.
Outra irmán xemelga é a polenta, moi empregada no sur de Europa e en Suramérica nas súas variedades de fariña de centeo ou farro ( antigo antecedente do trigo e de ahí o nome de fariña que ven de far-farris). Os gregos preparaban algo así coa cebada. A polenta era o prato principal das lexións romanas.
Papas de millo
Tamén o porridge é tradicional na Europa nórdica  e en Rusia, usada noutros tempos, como comida dos presos en Gran Bretaña. Eu coñecino nos almorzos ingleses tradicionais e seguín lembrándome del cando nono tiña ao meu alcance. Tamén alí foi onde compartín pratos de semolina coa miña amiga e compañeira de apartamento en Londres.
Gardo unha especial lembranza destas cremas quentes ou frías, por eso, cando o outro día degustei o arroz feito na termomix, viñeron de golpe todas as mamaligas que poboan a miña mente e que, como sempre, me voltan aos sabores  do pasado, de cando non había tanta abundancia de alimentos pero sí riqueza de recursos tan sinxelos como nutritivos. E, cómo non!, ao conto de Godilocks e os tres osos coas suas respectivas cuncas pequena, mediana e grande, que eu lle contei o meu fillo de pequeno e lle contarei en inglés á miña netiña.


Godilocks went to the house of the bears, lets go in and see!


3 comentarios:

  1. Pues tus recetas antiguas son una pasada que invitan a rememorar como dices tiempos pasados.
    Vi que me contestaste en un blog amigo y decidi pasar a saludarte.
    Besotesssssssssssss

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola Bea!!!

    Nunca me enteiro de cando fas unha entrega se non de das un toquiño... Esta e precioso coma todo o que nos mostras.
    As papas de millo non me pasan desapercibidas, comín tatas que me aburrín delas, e ben, no digamos xa dos caldos de calacú. A pesar da pouca abundancia por menos non pasamos fame pois tendo unhas terras xa se recolle con moito traballo si, pero tiñamos para comer, anique non había as lambetadas de hoxe, pero a min paréceme que era moito máis san todo o que se comía por aquel entón.
    Penso que hoxe todo e artificial e so e un ve-neno paro- noso corpo, polo pronto as persoas que todo o compramos.

    Foi un pracer pasar por aquí, amiga. Gracias. Volverei outra día con mais calma.

    ResponderEliminar
  3. Ola de novo, Bea: o outro día para deixar o comentario vinme e desexeime, non sei o porque, pero Googles non me recoñecía o meu nome, pediume a contrasinal máis de catro veces que intentaba publicar en non me deixaba. pasei un mal rato para deixarche un comentario, nunca me pasou isto pero sempre aí unha primeira vez para todo.

    Ben, pois so dicirche que e unha marabilla o texto, que nos recorda un pasado con moitas connotacións moitos recordos de variados colores que xa non esquecen nunca.

    Unha aperta moi agarimosa e toda a miña estima e cariño. Gracias por a túa cerca-nía. Biquiños moitos.

    ResponderEliminar