Venres pola mañá. Fora non chove. Todo está en calma, agardando a tormenta da tarde que xa se predixo. Fago un pastél mentras a gatiña e a cadela comparten cesta e óllanme con ternura, agardando a miña aprobación e ofrecéndome unha compañía intensa e tranquila, sen sobresaltos. A lavadora entrou en circuíto vicioso e non fai mais que dar voltas aredor do número oito. Mentras, fago un café que acompaño con turrón torta imperial de Jijona suprema. Cada ano que pasa a torta é mais pequena ainda que a caixa conserva o tamaño estandar. Tampouco sabe igual de boa que outros anos. Mágoa que non poñan os artigos de nadal xa a finais de agosto. Eu estaría comendo torta moitos mais días.
Despois de facer o marmelo da temporada penso que xa non me quedan mais preservas pendentes. Este ano saíume moito mellor. Seguín unha receita de internet que me pareceu creíble e velahí!!!
As pilas do transistor están a recargar. Todo parece estar funcionando (un tanto alleo á miña presencia). Son como as mans do titiriteiro que move os fios para que todo se poña en marcha. Mentras, tómome o luxo de escribir no
blog. Fagoo en galego porque sei que a xente do mundo estuda idiomas e entende xa mais dos que pensamos. Eu mesma estou agora co xaponés. A veces danme ganas de non voltar á clase. Non porque non sexa amena. Temos un profesor xoven que vivíu en Xapón tres anos e a verdade é que nos facilita moita información para que visualicemos vídeos, cancións, libros sobre o Xapón. Pero son alumna de mais idade e vexo as miñas limitacións a hora de aprender. Pasábame igual cando empecei clases de guitarra. Cómo podía consentir que os nenos aprendesen sen ningún problema e eu non fose capaz de seguilos. O mesmo me pasa con este novo idioma. Pero vou manter o tipo e seguir, seguir..... a ver que pasa. Pouco podo perder e moito podo gañar se persevero. Alomenos aprenderei algo! O malo é que nunha lingua, a complicación e a dificultade aumenta gradualmente e se te quedas, xa non tes remedio!
Pero mentras observo como se abanican as follas da camelia, penso que será doado acender o lume na cociña esta tarde, e eso dame unha esperanza, ainda que a lavadora teime por non sair do número oito. Vou ver. Vale, ela gañóu. Teño que tender a roupa mollada e pesada tal como a deixóu. Menos mal que secará, secará.....e xusto a tempo para eu poder irme ao balneario tranquila, sen sobresaltos, deixando roupa tendida e animais con autodispensadores de pienso e auga e bandexas de area. Sobreviviremos?
Non podía escribir de outra cousa mais que desta cotidianidade que me rodea e onde me sinto segura e co tempo pola miña man e co desorde a medio camiño entre o orde pero sabendo que todo irá ben. Despois dun café o espíritu cobra forza e móvese con en puntillas por todo o territorio doméstico. Xantaréi fora. Non teño ganas de cociñar hoxe. Xa fixen o pastel e con eso dabonda para asegurarme unha fin de semana doce, a punto de acabarse o turrón.
Fotos de Noa coa nova gatiña, por fin en armonía e grande amizade. Fotos do marmelo recien embasado.
¡Ai Bea, que rato máis agradable pasei a leerte! Primeiro esa rosca me fai ganana de meterlle o dente e está lonxe praiso, e logo que non entendo o que e o marmelo, que ten unha pinta que da ganas de comelo, ben xa me diras...
ResponderEliminarE a lavadora parou de voltas? Ai dios!! que sentido de humor! mesmo e un pracer vir a leerte.
E o café, enfriou? Ou tomáchelo quentiño coa torta, seguro sabía a gloria vina, a única pena que teño e non estar por ahí cerca. A imaxe que tes arriba coa cadeliña e o gatiño, non ten precio filliña. E un tesouro.
Ben amiga, gracias por deixaar unhas letras e imxes, que as mesmas letras son imxes, eun vinche dar todas as voltas por atúa casa sixelamente lendote. De novo gracias.
Déixoche un abrazo garimoso y toda a miña estima.
Feliz estancia nese balnerio.
Chauuuuuuu