Erguínme cedo, como cada mañá, e agradecín á Providencia que o empacho de cidade do día anterior non deixase pegadas no meu estado físico. Despois de soños un pouco pesados, resultóu gratificante erguerse co mesmo ánimo de sempre e disposta a resarcirme do día anterior, cheo de asfalto e tufos varios, así que pensei poñer as chirucas, coller a miña cadeliña e irme a patear os prados en busca de cogumenlos. A herva estaba ainda un pouco mollada pero non tanto como en días anteriores. O aire era fresquiño con mesturas cálidas e o sol andaba por alá enriba cun ollo aberto e outro pechado. Día ideal para apañar os froitos que ofrece a natureza. Estaban no seu punto. Levaba bolsas preparadas e a navalliña de Taramundi que me acompaña dende nena (cousas da miña nai) e que corta moi ben e non pesa nada. Viñen cargada de bola de neve , de sendeiriña e algún que outro agáricus campestris. Boa mestura!
Cando chegamos, a cociña arrecendía a cheiro de setas e enseguida visualicei o que ía facer con elas.
Coa bola de neve, prepararía tomates recheos de arroz salvaxe de catro cores e coa sendeiriña, conxeláríaa para utilizar nas sopas, purés ou acompañando carnes ao longo do ano.
Púxenme mans á obra e ainda que non tiña feito nunca os tomates recheos, penso que saíron a mar de bos.
Era un prato que nos poñían nas vendimas en Francia, na casa dunha anfitriona moi ben entendida coa cociña. Tiña os tomates recheos conxelados para usar nas vendimas xa que só con sacalos do conxelador e fornealos, xa tiña un prato de moi boa presenza e sabor. Os dela ían recheos con paté daquel que tan ben saben preparar os franceses. Non esqueceréi nunca aqueles tomates!
Pois ben, decidín pasar o resto do día na casa xa que os xoves teño que estar fora dende pola mañá ata pola noite e ainda que xa vou atopando cousas que facer na cidade, veño acabando o día cunha dor de cabeza e un mareo que non me envía directamente á cama sen cea. Acabo o día cunha clase de xaponés que é a que me ten tanto tempo deambulando por Lugo. Onte decidín ir á biblioteca e ver cómo funcionaba. Nona voltei a utilizar dende que fora estudante nesa cidade, e daquela estaba ubicada na Deputación, no mesmo centro. Era outra cousa! Para min, que esta nova biblioteca non ten a esencia do que foi a outra. Esta mais ben semella un hospital. A xente tose, as ventanas están pechadas e non se renova o aire, ten tres ou catro plantas, os xornais están metidos nunha barriña que non fun quen de tirar dun sen levar a barra canda él! Así que deixeino posto no sitio, non fose que ......me ollaran con certa desconfianza os que estaban lendo por alí.
Non arrecendía a libros nin vellos nin novos. Había un certo cheiro raro, de aire enrarecido, de lugar pouco ventilado.... Quedeime a ler un pouco e levei un libro prestado. Todo tan dixitalizado que precisei axuda para poder levar o libro. Pero sentínme xa capaz de voltar outro día e valerme por min mesma.
E así fun recheando o día ata que chegóu a hora da clase. Menos mal que o profesor esqueceu de mandarnos sair á palestra para unha presentación en xaponés, e non tiven que pasar o apuro de ter que usar chuleta para tal menester. Pois había xente que sabía todo de memoria e mesmo facian a inclinación como os propios nativos. A min sóame a chinés!!!! Bueno, debería soarme a xaponés, non si?
Agora me poño cos deberes. Pero antes, ollarei a serie en You Tube de DENSHA OTOKO con subtíduos en español. Vou polo onceavo capítulo e eso porque me reprimo un pouco e non me permito velos todos dun tirón! Cómo enganchan os culebróns! Pero este merece a pena, ainda que non teñas interés na lingua nipona. É unha romántica historia de amor.
Ata a próxima!
Como apañei moitos mais exemplares de AGARICUS ARVENSIS, os grandes da foto, ocurríuseme preparalos recheos de xamón e saíu esto que se ve aquí na seguinte foto.
Faguerei esta receta, nos cogumelos que tope..
ResponderEliminarUn abrazo.. é graciñas polas tuas letras..