Aqui está o resultado de un acto de amor: o meu primeiro xabón de tocador!
Empecei vendo por internet algunhas receitas que me convenceron. Utilicei a táboa de saponización para que o xabón resultante fose apto para o uso da hixiene diaria sen danar ou alterar a pele.
Despois, todo veu da man da propia creatividade e de pensar no xabón mesmo na praia onde recollín cunchas de ostra para facer de base e de xaboneira e para a presentación.
Baixei de internet moitos modelos de caixiñas que podía facer para embasalo. Dinme un golpe na cabeza ao sair dunha papeleira e non me decatar de que a persiana da entrada estaba a media asta e coas presas por ser hora de peche, rebotei ao chán e fun correndo a un bar a por xeo para poñer no golpe. Conducín co cubito de xeo na cabeza, suxeito coas gafas de sol e a baieta do coche. Non era entroido pero o tocado podía valer. Eso todo por amor ao meu xabón.
Despois, pouco uso fixen do cartón e utilizando o que tiña pola casa, decorei, pintei, envolvín e atei o meu xabón á cuncha de ostra.
Non é pouco o pracer que me produce agasallar con esta fabricación caseira. Desta vez non engadín aromas, pois non sei ainda ben qué clase de aromas, cómo conseguilos e cales son aptos para o xabón. Tampouco explotei a cor, pero no futuro, seguro que atopo colorantes naturais e fragancias agradables.
Animo a quen queira facer esta experencia tan gratificante.
Xa levo anos facendo xabón para lavar roupa e louza e de ahí a idea de facer un xabón para corporal.
¡Hola, Bea!!!
ResponderEliminarXa me chega a ta aquí o cheiro do rico xabos.
Agora teño sair que me eperan, mañán comento de nuvo.
Custoume encotrar o teu rincón,
biquiños.
¡Ola, miña querida Bea!!!
ResponderEliminarComo che iba comentando onte, xa me chega o fresco cheiro do teu xabón, e pensando nos aromas, quizáis agregarlle unha pizca de canela que e boa para tudo... non estaría mal, Tamén, por exenplo , froitas como laranxa e limón... Ben, isto so e un parecer meu que se cadra e unha tontería!...
Ai Bea!! Sabes que mi fixeches rir un pouquiño? E perdoa por iso ehh! Pero e -que, contas con toda a gracia do mundo o incidente da túa cachola coa papeleira, xa ves... non ai nada sen sacrificio.
Pero asta non importa" que por non ser grave: e celebro que non fose, paréceme que valeu a pena o esforzo, pois para facelo tan sinxelo, quedáronche os xabóns preciosos co unha presentación exquisita..
Es unha artista porque iso e unha arte que non todos sabemos facer, e ten un gran mérito.
Ben raiña, alegrome de haber pasado por a túa casa e ler as túas cousas cotidinas. Foi un pracer.
Déixoche unha aperta moi agarimosa e un puñado de bikos.
Que teñas un feliz día de San Froilan.
Querida Bea, pois era para ir o san froilán, de feito foron duas amigas que íamos ir xuntas na mesma escursión. Pero por tivemos unha comida familiar por mor un primo que veu do brasil e fixémoslle a despedida con unha comida. Así que tiven que darme de baixa da escursión ao San Froilán.
ResponderEliminarUn abrazo grande. Feliz semana.
Hola Bea! Yes, like your friend said, you can add some cinnamon, or lemon zest, also ginger en polvo...I also use essential oils in my soap--lavender, patchouli, etc...un abrazo fuerte...espero que estes muy bien :)
ResponderEliminar