jueves, 5 de septiembre de 2013

DE HORTA


  "

Cada día hai algo polo que estar agradecidos á Natureza, por canto nos da, por manternos vivos e sans.
Por cada unha das nosas accións que chegan a bo fin. Incluso polas que non chegan, porque tamén teñen o seu siñificado. Agradecer é colaborar co acontecer. Os retos que se presentan no día a día vannos construíndo e dos bos resultados acadamos a satisfacción que nos proporciona a tarea ben feita ou que a sorte nos acompañara nas nosas accións. Pero de aquí á horta, non hai mais que un paso. Todo aquelo que un día plantaches, a pesar de todas as dificultades para lograr sacalo adiante, agasállate agora con estes froitos dos que ti eres protagonista pois sabes que recolles o que sementas ( sen insecticidas, nin pesticidas, nin venenos...., libres de pecado!, nunha palabra)
Pois ben, nestas imaxes quero amosar con sinxelo orgullo eses froitos que serán parte da miña vida, do meu coidar de min, de sentilos meus, logrados na terra que eu traballei, reguéi, protexín, coidei... ata que dela saíu o que agardaba (sempre un segredo), xa que nunca sabes qué pasará con todo eso que alí tes plantado. As patacas, atacadas por un verme voraz que por sorte non lle din tempo a que as chimpara todas. Os tomates con formas exóticas e mesmo eróticas.... Os pementos que son de todo menos de Padrón. Os chícharos delicados, de esplendor tan efímero. As cebolas que eu trenzarei da mellor forma para penduralas durante o inverno, os allos que tan mal logrados me saen sempre....Os escasos calabacíns de este ano falto de chuvia e sen poder regar. As leitugas que xa pasaron a historia....E o avispeiro no invernadeiro.
O avispeiro tenme en vilo. Busquei solucións nos foros de internet. Armeime coa pota de auga fervendo e espátula, enfundada ata mais arriba das orellas.... pero non me atrevín con semellante inemigo. Lémbrome ben das picaduras do día que entrei pola hora de sol no invernadeiro. Acribilláronme!!!  E alí, xusto no pico da entrada, onde se xuntan os vértices dos tellados, está o seu neal. Vinas rebulir ainda agora pola noite. Non me atrevin co da auga fervendo. Secadra, a escaldada sería eu. Veremos outras solucións.
Pero voltando ao da horta, que por dar, da bo e malo, xa se ve, teño que estar agradecida de poder comer estas cousas tan sabrosas e libres de química.
Despois, a arte de preservalas é outra! A cociña vólvese laboratorio e ferven olas por tadas partes.
Quén non pode disfroitar de horta e de cociña, ten os placeres mais sinxelos ben limitados! Ainda que secadra disfroita mais degustando o que outros lle prepararon, nono dubido!
Pois ahí quedan as imaxes tomadas esta mañá cando recollín o que podedes ver. Convidad@s a compartir e a AGRADECER!!!!!


Aquí deixo algo que me chamóu moito a atención e xusto está relacionado co comezo do meu post. Por eso ven a conto. Merece unha reflexión!





SABIDURÍA DE VIEJA...

"Mira, mija, pa´que dejes de andar quejándote, te voy a dar unas cuantas sugerencias pa' que vivas bien, y no nomás sobrevivas...
¡Mírame a mí, estoy en la flor de la vida y me sigo riendo !

1.- Agradece por todo.
No te quejes, dale gracias a Dios que estás, que sigues, y que vives, nomás piensa que a otra bola de gente ya se la llevó...¡la vida!


2.- Cuando puedas comer... come,
cuando puedas dormir... duerme,
cuando puedas disfrutar... disfruta,
cuando puedas trabajar ....trabaja,
y si aún puedes, échate unos traguitos, juega con los hijos, haz el amor o ponte a silbar, a cantar en la ducha, y dá gracias a Dios porque tienes Salud.
No te la pases quejando,

¡¡ayyy si hubieraaaa!, ¡¡ayyy les di! ...¡ayyy si tuviera... ¡cuánto sacrificio!, ¡no m'ijita, altas y bajas siempre han habido y siempre habrán!

3.- Si en la noche no puedes dormir, sí estás vuelta y vuelta en la cama, pos' párate y ponte a hacer algo, arregla un cajón, plancha tu blusa pa mañana, ponte a leer,
porque si te quedas acostada con los ojos abiertos...
¡vas pensar puras huevadas!
Y lo pior es que te paras y las haces...
Ya de por sí......

4.- Los problemas grandotes, esos que son del mundo, y que se oyen en la televisión, que sí se está calentando el planeta, que sí a tal país ya se le llevaron los dineros, que si los narcos.....
¿esos mija?, mándalos a la m........
¡¡no los vas a arreglar tú!
Luego ni les entiendes, ¡no te hagas bolas!
Deja que los que pueden, los arreglen.
Pero tú... ocúpate de los que se ven más chiquitos, esos que sí están en tus manos.
Despabílate, aunque sea a ratos, atiende esos, los demás ¡¡a la p…. madre!!

5.- Si te dan... agarra todo lo que te den.
Agárralo, aprovéchalo, así sea un beso o una pendejadita, porque uno vive pensando, que las cosas las genera uno, pero no sabes de qué forma te llegan...
¡así que tú agarra y no te acorbades!

6.- ¡Ahhh! pero eso si..
¡No agarres lo que no es tuyo¡
ni la bicicleta, ni la bolsa, ni el dinero, ni al marido o amante de otra, lo ajeno respétalo, es de otra, cada quien tiene lo suyo, ¡lo que se gana y lo que se merece!

7.- Lo que hagas
hazlo con ganas, con muchas ganas y mucho gusto, y hazlo bien o no lo hagas y déjate de pendejadas, olvídate de las envidias tú ...a lo tuyo porque no sabes cuánto vales...

8.- Cuídate de las cabronas y aléjate de las pendejas, fíjate bien como son ....porque ¡¡hay malvadas!, conócelas y nunca seas como ellas..

Ayuda y escucha a tus amigas, no hables mal de la gente, ní de las cabronas, ni de las pendejas, sé orgullosa, pero no seas arrogante ni prepotente.

Sé humilde, no agachada;
sé valiente, no imprudente.
Cuando ganes, sonríe, cuando pierdas, no armes un escandalo, y si te dá la gana... llora.

9.- Nunca te preocupes por lo que no tienes, por lo que no puedes comprar,
cuántas cabronas que tienen todo el dinero del mundo están en la cárcel, enfermas de la cabeza, o guardadas en un hospital, asustadas e inseguras, o tienen un marido pendejo, no son felices, no saben comunicarse, no tienen una familia como la tuya.

Tú tienes algo más valioso que es ....tu gente y tu salud.

10.- Manda a la mierda la Muerte ...... que sea ella la que se preocupe por no poderte llevar, y no seas tú la que se preocupe porque ya te va a llevar!

¿Así ?, ¿o más claro?

Y, por último, mijita, si la vida te dá limones ...
¡¡ Qué limonada, ni qué mierda!!
'' TU PIDE TEQUILA Y SAL''
(Autor Desconocido)

4 comentarios:

  1. Comprendote, Bea, Eu agora tamen cuido da miña horta e sintome orgulloso delha.. Ver crecer as cousas, e ver crecer a viad que nos plantamos.. As hortas botan de menos a auga do rego, e tamen esa auga da chuvia benefactora, que empapa a terra dos seus regos , enchendoa de vida e salu, pra manter os froitos que crecen nela..Iste ano, foi moy malo pra iso, falta de auga do ceo, falta de auga do rega, desaparecida ahora que xa, a xente do noso agro, envelleceo e non pode traballar coma antes, e a nosa xuventude non o fai, por que mira outras posibilidades de supervivencia..

    Manter unha horta, (Pra min) e coma manter unha familia.. quizais,, loitas por elha, cuidala e arrincaslle as malas herbas, como o faguerias por un cativo (eunha metafora),, o final,, o tempo de recoller a recompensa, dun fillo collela, co seu amor e respeto, ca satisfacion de velo onde chegou, e de ver que colle un bo camiño polo que andar, cando nos xa non esteamos.. As cousas da horta , tamen che dan unha satisfacion muy grande, non identica a dun fillo ou persoa que cuidaras,, pero si que cha da. Dache a posibilidade de decir con orgullo,, esto planteino,cuideino e recollino eu..
    ..Eu fixen, o milagre da vida..Non sei si me expliquei ben..pero eu sinto-o asin.

    Pas avesporas, e bo, votarlle auga fria con xabon, pegalle as alas, e non as deixa voar.. asi podese raspar o sitio do enxame e levalas pra outra parte..
    Amin pasoume , na canciña dos cans, e arrigleino asi, por qiue mo aconsellou un cazadore de enxames..
    ojalla, che de resultado, tamen, si o probas..
    Gostanme moito os teus escritos, pola sua sencillez e por ser episodios tan cotidianos da nosa vida..E mais tamen, que se che nota ise amor, e esa "cousa" ca xente de Galicia..temos polo noso terruño..

    Unha aperta, Bea..

    ResponderEliminar
  2. Grazas polas túas palabras, polo bo consello de cómo lidiar as avésporas dunha maneira bastante ecolóxica. Apertas

    ResponderEliminar
  3. ¡¡¡Ai Bea!!!

    Aquí nos deixas unha preciosa entrada: Canto vale o teu traballo reiña!
    Quen pudera, quen pudera ter unha orta o pe da casa, ter saude, roza,
    e forza de vontade tamén. Eu xa non podo por moitas circusntancias, pero si ai xente xove, que podía traballar a terra e comer san, pero non! preferen cobrar unah axuda e estar coan barriga o sol , ou pedir unha limosna. Nigén quere traballar a terra.

    Tes toda a razón somos o que sembramos, somos o que comemos.
    Tanto en semillas da orta, coma semillas humanas, do que sebremos recolleremos, e debemos coidar o seu crecemanto con escial atención.

    Gracias, Bea, mil gracias por compartir algo tan interesate e bonito.

    Déixoche un brazo enorme e toda a miña estima.
    Se moi feliz.

    ResponderEliminar
  4. Perdoa, a miña escritura!... levo algo de presa espérame a filla para comer. bikos.

    ResponderEliminar