Así, como os cactus, percibo eu, que fun de nena e ainda agora sigo a ser esquiva como os cactus. Pouco vou á igrexa. Hoxe foi un día "especial" Había moita xente daquí que está fora. Tiven que facer bos esforzos para asociar as imaxes dagora coas que eu tiña coñecido antes. A estas persoas pasáballes o mesmo comigo. Tamén tiveron que remexer no baúl dos recordos. Sentínme agasallada pola imaxe que parece tiñan de min cando era quinceaneira. Non vou dicir o "piropo" porque o gardo como esa fror de cáctus na que me vexo reflexada. Será que hai días que veñen feitos á medida, como se estiveran programados. Desencadéan unha ringleira de sensacións e aconteceres que é como se nos estivesen agardando dende tempo atrás.
Valeu a pena ir á misa. Mesmo quería acompañar os cantos coa miña voz que esperaba saíra limpa e crara como cando canto na casa, pero saíame quebrada, rota, impresentable e non osei amosala. Pero a verdade é que me gustaría cantar na igrexa como eu sei cantar, con todo o sentimento.... e porque ainda que non vaia co que penso, está ahí colgado, dende nena, como cando cantabamos a María no mes de maio, no mes das frores, das frores que non eran de cáctus naqueles tempos, senón de violeta. E subida nunha mesa que miña nai levóu diante da igrexa, vestida de branco, de comunión, co traxe que ela me fixo a ratos libres, sentíame unha raíña, recitando aquel poema aprendido dun libro ou dunha mestra.
Todos os que foramos a xente nova destas aldeas, estabamos agora alí, case estranos, sen apenas saber quenes eramos, co cabelo canoso, co corpo entrado en quilos ou tal vez algúns mais conservados en forma..... acompañados,das suas parellas que eran de sitios tan dispares, de moi lonxe e outras de menos. Case sempre é fermoso ir un día a misa polo verán, no mes de agosto, se non queres perder o pasado e o presente. Hoxe foi un día con moitas emocións!
MOITAS PERSOAS SON ( O-U PARECEN SER) COMA OS CACTUS,, ÁSPEROS, E AMEAZANTES, CON ESIS PICOS LARGOS E AFIADOS..
ResponderEliminarPERO O SEU ASPECTO CAMBIA CANDO FLORECEN, DEIXANNOS VERE ESAS FLORES TAN BUNITIÑAS QUE OS FAN MAIS AGARIMOSOS.. E-U CON ESTO QUERO DECIR (NON SEI SI ME EXPLICARE BEM, AIÑA QUE PRA MIN PENSO QUE SI)QUE SON COMA ESAS PERSOAS, RECIAS E BRUTAS,QUE NOS AMEDRENTAN COS SEUS MALOS MODAIS, PERO QUE SI LLE DEIXAMOS TEMPO E LLES AXUDAMOS, MOSTRANNOS TAMEN A SUA BONDADE, COMA O CACTUS AS SUAS FLORES..
Saudos, Bea, e uhn forte abrazo..
ResponderEliminarPensa en todos os animais que nos impoñen respeto: os tigrs, leopardos, leóns.....As súas púas so son mecanismos de defensa. Coas crias e conxéneres (parella) son tenros como gatiños mimados.
ResponderEliminarGrazas por compartir esta fror de cactus.
Apertas tamén.
SI, TODOS TEM,OS DHUN XEITO O-U DE OUTRO, MECANISMOS DE DEFENSA,, PODES SER PASIVOS OU ACTIVOS, PERO TODOS OS TEMOS. POR ESO, HAY QUE SABER APARTALOS, CON CARIÑO E TERNURA LOGRASE POR MOITAS DUBIDAS QUE TEÑAMOS, A NOSA DESCONFIANZA, PODE VERSE GANADA DISE XEITO..E BO PODER CONFIAR,, AS ESPINAS DO CACTUS, E MAIS O XENIO O-U MAL CARACTE DUNHA PERSOA, SOLO PODE SER ESO, UNHA ENVOLTURA DURA E FRAXIL O MESMO TEMPO.. DEPENDENDO DE QUEN SEXA, PODE VOLVERSE DURA E CERRADA, O-U ABLANDARSE E ABRIRSE..
ResponderEliminarE VO SAIR NESTE TEMPO E RELACIONARSE, EN MOITOS POBOS, OS AMIGOS, OS VECIÑO DE TODA A VIDA, ULTIMAMENTE E COMO PODEMOS VERNOS,, O RUNRUN, DA VIDA LEVANOS A CADA QUEN, POR DERROTEIROS DIFERENTES, E POR ESES MOTIVOS, AS NOSAS RELACIÓNS AFECTIVAS CA NOSA XENTE, VESE ASÍ, MARCADA POLO ESPAZO E POLO TEMPO.. MAIS POLAS VACACIONS..
ABURIÑO, BEA.. UNHA APERTA..
¡Ola, querida Bea!!!
ResponderEliminarPrimeiro felicitarte por este excelente texto. E un verdadeiro pracer leerte. Precioso ese cactus que decora o post.
Comentas que fuches así coma os cactus. Eu que te coñezo, non me pareces para nada, esquiva, sempre me pareces unha persoa aberta a conversa, agrable, moi agradable.
Ben, pois eu tamén teño algún cactus florecido que está lindo. Pero non tanto coma es teu.
Celebro moito -moito, que pasaras ese día de xuntanza co-as persoas que, levabas tempo sen ver e, claro está que, cando pasa moito tempo por encima das persoas, pois xa custa un pouco máis
recoñecelas, pois claro que se cambia muito de nenas a iores.
Pero estou segura que a ti recoñecéronte en seguida, porque ti non engordache, conservaste de maravilla, estás feita unha moza, véseche moi xove, en persoa, máis, que en fotografía.
Déixasnos un texto cheo de recordos e añoranza, porque a verdade e que todos ou a maioría, en algún momento da nosa vida, voltamos coma unha gaivota voando o pasado, ¡Anque ningún pasado fora mellor! Co presente.
Ben miga: Encantada quedo de haber pasado por o teu balo cantiho. Sempre e un pracer visitarte.
Gracias por tanto e bonito que nos deixas, expresado con todo sentimento do teu carazón grande e a túa sabeduría.
Déixoche a miña gratitude, un abrazo grande e a miña estima sempre.
Se moi -moi feliz.