www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 4 de novembro de 2013

NO BALNEARIO DE PAMBRE

Un novo destino para min. Un camiño, ao borde do Camiño, e ainda por descubrir. Unha aventura mais disposta a realizar. Atopar este sitio foi entretido. Por carreteriñas destas de pequenos lugares que levan a grandes lugares. O bo tempo acompañaba. Lembraba os libros de Kundera sobre os balnearios. Non era esta a primeira vez. Pero sí a primeira en pasar unhos cantos días compartindo con xente que non coñecía. O ambiente era moi familiar. Disfroitamos de paseos ao longo do Ulla. Visitamos varias veces o castelo de Pambre (que xa coñecía e visitara con guía), pero non o balneario. O comezo non foi de todo bó xa que o día que estreaba a piscina, non funcionaba ben e a auga estaba fría. Despois xa todo estaba caldeado. Collín unhos granos por todo o corpo, como unha alerxia a algo. Pensei que me picara un mosquito pero cando vín que se estendía por todo o corpo de cabeza a pés, xa non lles dín a culpa a estes inquilinos.
Os tratamentos, ún por día, estiveron ben. Gustaríame mais unha boa masaxe con mans de verdade pero tiven que conformarme coas máquinas. Polas tardes había sesión de xinasia e de actividades lúdicas para entreternos e pasar o tempo. Logo paseos pola mañá, pola tarde..... e rematar o día bailando ata que cada ún decidise parar e irse a durmir.
Pallozas nas que me aloxei.
Alí atopamos cun valioso tesouro: un berciano de noventa e tres anos que aparentaba non ter idade, dende logo, non esa. A veces vía debuxado no seu rosto sorrinte, un home de vinte, un ciclista que escalaba alturas, un masaxista durante cincoenta anos que entendía de corpos e de mentes. Sabe ler o iris e coñece todo tipos de remedios naturais para todo tipo de males. Foi tanta a simpatía que espertou entre nós que se ofreceu a darnos unha charla sobre alimentación saúdable para deportistas. Unha tarde, despois da cea, sentados en círculo arredor del, escoitamos os consellos mais sabios e descoñecidos para algúns así cómo tamén o sometemos a todo tipo de preguntas sobre as nosas doenzas. Florentino, podía ser a marca para unha vida sana. Positivo e sorrinte, alí pasa quince días pola súa conta e pasea tódolos días, fai xinasia nos aparatos do xinasio e improvisa poesía para cada ocasión. Ainda fai o pino e dobra como un bimbio. Non esqueceréi!
A veces hai que sair, conectar co mundo e descubrir o que está ahi agardando por nós. Ainda que tamén, a veces, o mundo ven á casa cando menos te esperas e dache a sorpresa da túa vida e conéctate con fios invisibles que nunca soñaches. Dou grazas a Providencia por tanta emoción!
Vista do castelo de Pambre ao fondo


Diante do edificio principal

2 comentarios:

  1. ¡Ola, Bea!!!

    Déixasnos unha entrada maxica miña raiña. Ten o edificio unha entrada bonita -bonita.

    Ben, primeiro, guapa guapa e guapa. E segumdo baia paisaxe fermoso con esa espesura de vexetación, e as chozas! Que cousa máis bonita!...
    Parénceme tan orixinais e antigas, debía ser unha maravillas estar aí no medio da natureza.
    Bueno, xa contas o ben que o pasache e non me extraña, alegrome coma se fose eu mesma.

    Oes Bea, xa me gustaría coñecer e escoitar a sabeduría do de noventa e pico.
    Ai poucos que se sonserven así en tan bo estado. Que maravilla chegar a esa edade e chegar así con esa mente lúcida e con un físico atlético. Felicidades para él, e para ti tamén que tiveche a fortuna de coñecer e escoitalo.
    Gracias por compartir algo tan fermoso como a experiencia vivida nese rincón de ensoño.

    Gracias tamén por deixar as túas letras no meu cantiho.
    Un abrazo e boas noites, que teñas feces soños.
    Eu tamén vou para cama agora mesmo.

    Chauuuuuuu

    ResponderEliminar
  2. Bonitas lineas, grazas por compartilas.
    Unha aperta, Bea..

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.