www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 10 de decembro de 2012

UN DÍA REDONDO / A HAPPY DAY

Hora ía sendo que voltase por aquí. Xa cambiou todo e case non sabía nin como entrar. Ou corres, ou píllate a tecnoloxía desprevenida.
Onte pola noite, estiven lendo O Peteiro, que é a revista do Partido da Terra, e atopei un artigo que me gustóu moito. Trataba de un tema de antropoloxía e xusto dentro dela, trataba de hominización, que é a asignatura que estou a estudar. Pois ben, dicía, entre outras cousas, que hos seres humanos de fai 150.000 anos, non eran moito mais diferentes do que somos hoxe. De que se trouguéramos unha meniña daquela época á escola, a vivir cunha familia actual, aprendería matemáticas, informática......e vistiría e comería como o fai unha rapaza do século XXI. Que nos 140.000 primeiros anos, dende esa data, non houbo cambios moi grandes na hominización, se ben os houbo dende fai unhos 10.000. Pero os cambios para nós, son mais ben, cambios ecolóxicos, do noso hábitat, posto que nós, no fondo, somos ainda aqueles seres primitivos, teimando pola adaptación vertixinosa a un entorno cada vez mais cambiante e mais veloz. Eso fai que nos sintamos tan pouco felices, tan frustrados..... porque este non é o noso medio. Está moi por enriba das nosas posibilidades, ou se non por enriba, polo menos está a axfisiarnos e sumirnos no caos existencial mais devastador. Ao igual que hoxe se fala da desaparición de especies  de fai millóns de anos, como o caso dos dinosaurios, é posible, que cando se nos estudie como especímen desaparecida da faz da terra, no futuro mais futuro, se diga de nós o mesmo que se dixo deles: que desapareceron por non ser capaces de adaptarse ó mundo que os arrodeaba, que se lles impuña e os aniquilaba. Sobrevivir.....Trátase de saber perpetuar a especie, sobrevivindo e adaptándonos aos tempos que tocan. Difícil tarea. Onte, vía tamén un filme reportaxe dunha aldea do Bierzo, onde, similar ao que foi a Comuna de Negueira de Muñiz en Lugo, un fato de xente de moi diversa procedencia e fala, intenta a supervivencia nun medio hostil, de montañas, illado da chamada sociedade civilizada, e trata de subsistir valéndose dos recursos que con creatividade  saben producir case da nada, sacándolle proveito ao que nos desperdigamos, aproveitando os propios excrementos para facer fertilizantes nunha compostaxe que pode producir noxo a primeira vista pero que unha vez vistos os resultados.... dan que pensar.
Viven na natureza, mais perto daquelo que vai coa nosa propia razón de ser e non se contradín como facemos cada día os que pululamos por mundos que non son para humanos senón para seres robotizados.
Toda unha reflexión de fin de semana, mentras con unha man blandía a espada para loitar polos intereses mundanais, reclamando diñeiro nos bancos que estafan unha e outra vez, sen escrúpulos aos que non temos maneira de exercer a propia defensa. Cantos non tolearán por ese motivo e outros semellantes. Inútil loitar polas cousas materiais que nada siñifican e nada son, despois de todo..... senón o pesadelo froito do contínuo traballo, do día a día, sen outro sentido e finalidade que a de coleccionar deses papeliños que de un día para outro poden non valer nin para envolver un unha caixa de mixtos. Tan lonxe chegóu a nosa chamada cordura e sentido común do ben ser.
Sinto non ter foto que engadir a este post. Podería terlles feito unha foto aos banqueiros dicíndome que non, que me conformase co que me daban.
Podía terlle feito unha foto a xeada branca que cubría o regreso a Lugo despois de deixar atrás os 10 grados mais da vila rianxeira. Podía incluir o enlace para o vídeo sobre a aldea do Bierzo.....
Pero non, só as miñas palabras deixarán constancia dese día feliz que pasei cos que mais quero.

2 comentarios:

  1. ¡Ola, querida Bea!

    Cantas verdades nos deixas neste excelente texto.
    Non encontro palabras que se lle acomparen siquera un pouquiño as túas, pois tampouco teño os estudos que ti tes! Esa fartura que e o saber que levas dentro que non se compra nen se vende. Que ahora de expresar e escribir , e como un tesouro que no ten precio.

    Tes toda a razón que non fan -falta fotos, bastan as túas letras bordadas de sentementos propios e socias, derrotas agresións -humillacións, rabia indignación e moito máis! que vive unha mayor parte da sociedade española, pero sobre todo aquí na sosa Galicia, da asco mirarlles para a cara a certos personaxes que roubaron o diñeiro dos pobres aforradores: e eles andan por-aí tan campantes sen un migallo de bergoña.

    ¡E un pobre que non roube un galo para comer! Porque xa o meten a cadea e máis costaralle sair.

    Totalmente de acordo con esta tua reflexión.
    Os cambios para nós, son mais ben, cambios ecolóxicos, do noso hábitat, posto que nós, no fondo, somos ainda aqueles seres primitivos, teimando pola adaptación vertixinosa a un entorno cada vez mais cambiante e mais veloz.

    E a pura verdade que fai que nos sintamos pouco felices, e as veces máis que frustrados.

    Bueno querida amiga, so me queda felicitarte por este pracer que da ler esta magnifica entrada.
    Un 10 para ti.
    Gracias por compartir as túas bonitas letras e pensamentos que tamen son da mayoría dos galegos.

    Un abrazo grande -grande de esta amiga que tes aquí en Pontevedra.

    Felices festas navideñas e moita prosperidade no 2013. Un puñadiño de bikos.


    ResponderEliminar
  2. MUY BO BEA, UNHA PROFUNDA REFLEXIÓN E MUY ACERTADA..E DESDE LOGO O COMENTARIO DE MARINA XENIAL, ENTRE AS DUAS DADESLLE UNHA BOA VOLTA A ESTES LADRONS DE MAUS SUCIAS E DENIGRADA CONCIENCIA,,PERO HAY ESTAN, E EU PREGUNTOME A ONDE IREMOS A PARAR OU A DONDE IRA A PARAR O NOSO PAÍS EN MAUS DESTOS SIMVERGOÑAS..E ENCONTRAR QUEN MANEXE O TIMON CON DECENCIA A ESTAS ALTURAS, E UNHA VERDADEIRA ÚTOPIA..

    UN SAUDO MUY CORDIAL, BEA..
    TAMEN UN ABRAZO..

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.